Ed.Infantil

ENGLISH

HELLO!!!

Bos días meus prezad@s alumn@s, aquí deixo unha canción e máis un baile ben coñecido por nós  para gozar estes días na casa e seguir así co ánimo ben forte.

Unha aperta e moitos "kisses".

Wash your hands with baby shark challenge. You tube.

VIDEO DE FATIMA PARA TODO O ALUMNADO DE INFANTIL

Queridos nenos e nenas:

Aquí vos deixo en “adxuntos” un video para darvos ánimos nestes días e dicirvos que vos queremos moito e que temos moitas ganas de vervos.

Unha forte aperta, vémonos pronto.

Fátima

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 14 DE ABRIL

Queridas familias:

Ola a todos e todas outra vez. Despois das vacacións comezan as rutinas e actividades de novo. Aquí vos deixamos un exemplo de horario para ditas rutinas para axudarvos a organizar o día.

Os horarios e actividades son a modo de orientación.

Como RETO DESTA SEMANA queremos propoñervos  o seguinte: Cada pequeno ou pequena pode facer o seu nome de xeito divertido con cousas que teñan pola casa.

As familias que o desexen poden facer unha foto e enviala ao correo da titora correspondente ou de Fátima, e nós colgarémolas nesta páxina web.

Un exemplo:

 

Este é o enlace do conto "A VACA QUE PUXO UN OVO " https://youtu.be/qhVefk9RKps 

Como exemplo de manualidades e para darvos ideas, deixámosvos algunhas na seguinte imaxe e adxuntamos  máis actividades. Todas elas parécennos moi divertidas e útiles para desenvolver a psicomotricidade fina.

Si non podedes ler ben as imaxes, no botón esquerdo do rato seleccionade a opción "abrir imagen en una  pestaña nueva"

Manualidades Religión para Semana Santa

Estimadas familias:

Aquí vos deixo unhas manualidades por si queredes facer durante esta Semana Santa un pouco "especial". 

Nos vos esquezades de disfrutar das vacacions!!!

Palma de Ramos sinxela: https://www.youtube.com/watch?v=k86GKOp_phg

Decoración Domingo de Ramos: https://www.youtube.com/watch?v=wr3WcGGXIGM

Deixovos outras ideas nos adxuntos.

Un saúdo e coidadevos moito!

María.

ACTIVIDADES EDUCACIÓN INFANTIL. SEMANA DO 30 DE MARZO

TAREFAS ESCOLARES

 

Todas as actividades que propoñemos son de xeito non obrigatorio e adaptables ós tres niveis; tede en conta a idade dos vosos fillos e fillas á hora de levalas a cabo, e os recursos dos que dispoñades. Sería recomendable que os nenos e nenas seguiran, na medida do posible, coas rutinas e horarios do cole; por tanto suxerimos:

  •  Manter as RUTINAS:
  • Levantarnos mais ou menos a mesma hora, aproveitar para afianzar a nosa autonomía: espirse, vestirse, comer, lavarse eles sós, axudar nas tarefas da casa….
  •  Intentar manter o momento da asemblea, falar do tempo atmosférico, do día da semana, do que imos facer durante o día. Pode ser un bo momento para falar de como nos sentimos, das nosas emocións, si tivemos pesadelos, de calquera cousa que nos preocupe.

Este é un Pdf que podemos descargar que explica o coronavirus, pode ser interesante revisalo:

https://660919d3-b85b-43c3-a3ad-3de6a9d37099.filesusr.com/ugd/64c685_ef31d8e608fd4b528eae3132b67a445e.pdf

  • Momento dunha actividade mais dirixida,

Facer grafías en bandexas de arroz, fariña, azucre...

Clasificar xoguetes por tamaños..

Xogos con pinzas da roupa para favorecer a prensión.

Recortados de periódicos, revistas...

Compoñer collages co recortado.

Realizar debuxos con pintura de dedos.

 Realizar debuxos, letras, números, garabatos, figuras xeométricas… en grandes superficies (papel continuo, encerado, no chan…).

 Riscar ou romper papeis e engurrar papel.

 Repasar liñas de puntos con distintos tipos de trazos (horizontais, verticais, oblicuos, zigzag).

 Desenvolver paquetes.

 Realizar boliñas de papel de distinto tamaño e con distinto tipo de papel.

 Debuxar figuras simples como una casa, un home, un árbore.

 Xogar con plastilina e arxila: facer bolas e facer “churros”.

 Abrir e pechar botes ou frascos con tapa de rosca.

  • Tempo para o xogo en recantos, onde eles podan elixir con que xogar e facelo sos (plastilina, quebracabezas, construcións,...), que o adulto interveña o menos posible. 
  • Momento do almorzo de media mañá, igual que no cole tomamos unha galletas, un pouco de froita, un iogur,...Repoñemos forzas. 
  • Tempo de “recreo”, movemento dentro das posibilidades da nosa casa, corran, salten...  Tamén poden facer

ACTIVIDADES DE XOGO E MOVEMENTO:

Quentamento: xiro de nocellos, xeonllos, cadeira, pescozo..

Actividades: baile con música alegre traballando as extremidades en diferentes posicións e de forma independente: arriba-abaixo, un lado ou outro, indicando no seu caso se é o lado esquerdo ou o dereito, e coordinando lados opostos. Circuítos con todo o que se atope pola casa, traballando exercicios como arrastrarse, saltar, camiñar en equilibrio, meterse por un túnel, transportar obxectos en equilibrio... O poden montar eles/as mesmos/as.

  • Volvemos a calma, lectura diaria dun conto con música clásica que nos relaxe. Podemos logo realizar actividades sobre o relato, identificar personaxes, cambiarlle o final, debuxar aquela imaxe que máis nos gustou,  buscar letras, copiar algún anaquiño do texto...

           O CONTO  que vos propoñemos esta semana é O MONSTRO DE CORES. https://youtu.be/X0AIZPHKwA4

           Tralo visionado de este  conto en concreto, os nenos e nenas poden debuxar e plasmar os seus sentimentos nestes momentos nun debuxo. Ou plasmar que è o que lle gustaría facer á volta á escola, etc.

 

 

Entendemos que cada familia teña unha realidade distinta: familias que non teñan ordenador, non teñan acceso a internet ou impresora.

As tarefas que mandamos non son "deberes" simplemente serven de repaso. O que menos queremos é saturarvos e xerar mais estres do que hai nesta situación.

Para a seguinte semana seguiremos actualizando esta páxina web, seguimos en contacto.

 

Unha forte aperta

RETO DA SEMANA

Cada neno fará unha foto  ou un debuxo do que ve estes dias polas fiestras das súas casas ou dende os seus balcóns,terrazas...

Á volta colgarèmolas polas paredes segundo o curso e grupo ao que pertenzan.

RETO DA SEMANA

6ºInfantil, un conto da súa mestra Ana Patricia

Queridos nenos e nenas,

Hoxe quero contarvos un conto, Amelia quere un can. Aínda que algúns o coñezades cóntovolos a todos e todas con todo o cariño e agarimo.

Ana Patricia.

ACTIVIDADES EDUCACIÓN INFANTIL. SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO

Estimadas familias:

Como a situación na que nos atopamos alóngase, queremos suxerirvos algunhas actividades novas e un reto semanal que iremos cambiando cada semana. O desafío que vos propoñemos agora é facer colares e pulseiras de macarróns ou outro tipo de fideos que teñades na casa, pintados ou combinados como queirades. Podedes fotografialos e mandar as fotos por correo electrónico ás vosas titoras para que as publiquen na páxina web do centro.

A Televisión de Galicia está a emitir, desde o luns e pola súa segunda canle, a G2, un bloque de programación educativa.Os pequenos poderán gozar  das clásicas series divulgativas de animación como “Era unha vez... o home” e “Era unha vez... os exploradores”, creadas por Albert Barillé e nas que se aborda a historia da humanidade e dos grandes descubrimentos xeográficos. Pola súa banda, o programa “Criaturas”, achegaralle ao público máis novo o medio natural e os animais desde diversas perspectivas, como a relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, doenzas ou o labor que desenvolven os veterinarios, entre outras

Aquí deixámosvos unha páxina de contos :

https://www.youtube.com/channel/UCrVQ7rVWB600JE7zXelPhhA

Tamén o conto "AMAR " con material gratuito ( 3 a 8 años) para traballalo. 

 https://www.palabrasaladas.com/amar_en_cuarentena_por_el_coronavirus.html?

Para 5º Ed.Infantil adxuntamos algunhas fichas para imprimir. Poden facer unha ou dúas cada día.

Unha aperta agarimosa.

ACTIVIDADES EDUCACIÓN INFANTIL

Queridas familias:

Estos días quedamos na casa, e ímonos botar moitísimo de menos os uns aos outros. Pero con estas ligazóns que vos suxerimos habedes pasalo moi ben ao tempo que seguimos aprendendo.

https://www.rtve.es/rtve/20200313/clan-lanza-educlan-durante-cierre-centros/2010023.shtml

http://aulasgalegas.org/planificacion-do-dia-para-infantil/

https://mamacabra.wordpress.com/cancions-para-baixar/

https://www.orientacionandujar.es/2020/03/16/colorear-cuentos-mision-quedarse-en-casa-un-cuento-infantil-en-tiempos-de-coronavirus/

https://www.aulavirtualprimaria.com/2018/09/fichas-de-refuerzo-del-abecedario.html?m=1

https://www.orientacionandujar.es/2020/03/14/el-arcoiris-todo-va-a-salir-bien-vamos-a-colorear/4

https://www.actividadesdeinfantilyprimaria.com/2020/03/16/15-divertidas-actividades-para-hacer-en-casa/

https://www.imageneseducativas.com/50-juegos-y-actividades-caseras-para-entretener-a-los-ninos-en-dias-sin-colegio/

Para lingua extranxeira inglés as seguintes ligazóns:

- webs:  edufichas.com

-Debuxos:  dibujosparacolorear.eu

-Música: Nursery Rhymes máis Traditional Songs: Supersimplesong , ChuChu TV e Cocomelon.

 

Dado que nas sesións de psicomotricidade se traballa:
-Control e conciencia postural (tono e equilibrio)
-Esquema corporal
-Lateralidade
-Respiración
-Relaxación
-Desarrollo sensorioperceptivo (vista, odio, tacto)
-Apartado locomotriz (reptar, gatear…)
-Manipulación (agarrar, soltar, suxeitar e alcanzar, xiros, xogos con pelotas…)
Debemos realizar actividades que traballen de algún xeito todo o nomeado.
Algunhas ideas poden ser:
1. Idear un recorrido con coxins e trapos, cordas, sillas, aros, xoguetes.. que lle sirvan como obstáculos.È unha moi boa idea,xa que a novidade espertará curiosidade do máis cativo e motivarao a seguir explorando.
 2. Outra boa actividade coa que podes fomentar un hábito saudable è a  de subir polas escaleiras sempre que se dispoña delas.
3. Tamèn contamos coa  axuda de todos os xogos populares que coñecemos nas nosas casas e que xogamos na nosa infancia como: O corro da pataca, Pañuelito... Entre outros.
4.Traballar accións da autonomía na etapa de educación infantil :calzarse e descalzarse, abrochar botóns grandes, broches,vestirse e desvestirse.. Entre outras.
Algunha idea podemos sacala de esta páxina  web onde se nos mostran diversas actividades a relacionar coa área de psicomotricidade

https://mochilatic.com/2020/03/17/actividades-fisicas-infantil-y-primaria-para-trabajar-dentro-de-cada/

Para PELO, tedes o material nesta mesma páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicovaterrena/node/1186

Para 6º INFANTIL os documentos adxuntos.

 

Podedes estar en contacto con nós a través dos seguintes correo electónicos:

6º Ed.Inf.:

Ana Patricia : anapa@edu.xunta.es

5ºEd.Inf.:

Maruchi: maruchi@edu.xunta.es

Mónica: monica.rodriguez.rial@edu.xunta.es

4ºEd.Inf.:

Marta: martasuarezperez@edu.xunta.es

Ana Belén: anabelenrodriguez@edu.xunta.es

Apoio e psicomotricidade:

Fátima : fatimagg@ edu.xunta.es 

Lingua Estranxeira Inglés:

 Ana Ruth: aruthvega@gmail.com

PELO:

Jose: jrivera@edu.xunta.es 

 

 TRABALLO RELIXIÓN/VALORES (Infantil)

Nestas semanas que temos por diante, debemos ter esperanza en que todo o que estamos a facer vai ter a súa recompensa.  XUNTOS IMOS LOGRALO!!!!

Aquí vos deixamos algúns enlaces a contos e cancións (algunhas xa as coñecedes) para que os poidades volver a ver e recordar sobre o traballado neste curso (podedes facer algún debuxo sobre o que máis os gustara, e cando volvamos ao cole podemos facer un mural):

Contos:

Super Pepo y Clementina: https://www.youtube.com/watch?v=M1XLurfZBCQ

Super Pepo y el caso del ensuciador misterioso: https://www.youtube.com/watch?v=kSF3l0hdW8c

Los patines de Claudia: https://www.youtube.com/watch?v=kmkXkRoch48

Por cuatro esquinitas de nada: https://www.youtube.com/watch?v=DBjka_zQBdQ

Cancions:

Todo va a ir bien: https://www.youtube.com/watch?v=8r4Vs18vKO4

Una receta de paz: https://www.youtube.com/watch?v=iY5ZSQPclco

Siente la paz: https://www.youtube.com/watch?v=mxnYBIy9aYo

Tamén vos deixamos un caderno sobre o Coronavirus para que o podades ler e colorear:

 

Un saúdo e coidadevos moito:

María e Fátima.

 

Se tedes algunha dúbida podedes contactar con nos:

 María: mariafernandez@edu.xunta.es

Fátima: fatimagg@ edu.xunta.es 

Traslado da etapa de Ed.Infantil ao edificio principal

O alumnado de Ed.Infantil foi trasladado ao edificio principal para que o seu edificio sexa tamén renovado. Preparáronse os espazos, adaptáronse os baños e organizouse a súa acollida no edificio dos "maiores". Xa están a desfrutar do patio cos seus xoguetes!

As familias foron informadas dos detalles do traslado nunha reunión informativa o martes 10 de decembro e ante calquera dúbida poden porse en contacto co centro en persoa ou por teléfono no 886120001.

No edificio de Ed.Infantil estanse a substituír ventanas, cuberta e dotación de SATE en fachadas, ademáis da habilitación dun baño para discapacitados, cuarto de limpeza, dotación de iluminación led, eliminación de humidades, ampliación dalgunhas ventanas,...

Día Mundial do Medio Ambiente, Infantil decora o seu xardín

O alumnado de Ed.Infantil, coa colaboración das súas familias, elaboraron flores recicladas para decorar o xardín pola conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente.

Coa colaboración do noso conserxe, Víctor Moreira, o mestre José Rivera e as súas titoras plantaron as flores vivas que achegaron ao centro para engalanar o xardín no tramo final do curso.

O alumnado de 6ºEd.Infantil plantou a árbore da súa promoción que os acompañará na etapa de Ed.Primaria e ESO.

Magosto en Ed Infantil

O pasado 16 de novembro, o alumnado de Educación Infantil do noso centro disfrutou dunha xornada de xogos organizados polo alumnado de Ed secundaria. Fumos a Chan da Lagoa, onde nos agardaba o alumnado e profesorado do centro para pasar unha divertida xornada de convivencia ao aire libre. Tralos xogos gozamos dunha merendiña e comemos castañas asadas.

 

Patrimonio cultural de Baiona: coñecendo o Descubrimento

O alumnado de 6ºB de Ed.Infantil aproveitaron o bo tempo para realizar unha actividade sobre o Descubrimento de América, enmarcado dentro do lema do centro para este curso: Patrimonio cultural de Baiona.

Visita á exposición "Baiona con ás de bolboretas"

O noso alumnado está a visitar a exposición "Baiona con ás de bolboretas" que estes días está dispoñible para os centros. Moitas grazas aos seus organizadores pola convida e polo seu traballo.

O sabor da aventura está no mar

O alumnado de Educación Infantil desfrutou dunha actividade sobre os sabores que nos chegan do mar a través da cal traballaron un pouco máis a alimentación saudable dentro do Plan Proxecta: Xermoliño no que participan este ano.

Merenda Samaín

O pasado 31 de outubro, o noso alumnado disfrutou dunha festa de Samaín con merenda temática, preparada polas familias.

O noso alumnado pasouno xenial degustando as vosas creacións. Grazas a todos!!

Acto de Graduación 6ºEd.Infantil

O alumnado de 6ºEd.Infantil organizou un festival para os seus familiares e compañeiros e compañeiras de nivel para despedir o seu paso pola etapa o venres 16 de xuño para desfrutar, a continuación, dunha merenda conxunta.

 

As familias que o desexen poden solicitar a gravación do acto. Noraboa a tod@s!!

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031