Ed.Infantil

NADAL 2020

NADAL 2020

 

Estimadas familias e nenos e nenas de Educación Infantil.

Despois deste ano tan complexo chega o Nadal, data sempre importante e alegre pero que sen dúbida este ano será diferente e recordada por todos.

Foi un ano cheo de cambios e de adaptación para todos e todas pero con esforzo conseguimos ir superando pasiño a pasiño os atrancos que se nos foron presentando.

Un ano atípico de todo, de dúbidas, medo, incerteza e tamén de distancias.

Todos tivemos que enfrontarnos a esta adversidade e facernos fortes.

Son tempos duros e algo estraños pero o importante é manternos unidos .

 

Para que este Nadal teñamos presentes os costumes e non nos esquezamos que a alegría é indispensable para vivir de boa maneira, deixamos un documento adxunto onde podemos ler acerca dunha das tradicións galegas do Nadal, importante e peculiar nestas datas, e menos coñecida, como é a figura do Apalpador.

 

Tamén son importantes e unha fonte cultural xenial, as Panxoliñas. Por esa razón incluímos unha breve explicación  delas e un recopilatorio de cancións deste tipo.

 

Moi coñecido é Rodolfo o reno, ós vosos nenos e nenas encántalles. Teñen no documento unha película para vela.

Agardamos que desfrutedes do proposto e que vos guste.

 

Todo o equipo de Educación Infantil e os nenos e nenas que forman parte desta gran familia, desexamos que teñades unhas moi Felices Festas.

Que as vosas casas se enchan de ledicia e de sentimentos especiais e que o ano próximo que vai entrar se presente desde o seu comezo con cousas boas.

Anque seguro que imos recibir moitos agasallos, este ano pediremos ós Magos de Oriente e a Papá Noel que nos deixen saúde, paz, amor, felicidade e traballo para quen o precise.

 

Os nosos mellores desexos para todos vós.

 

FELICES  FESTAS !

 

BO  NADAL  E PRÓSPERO ANINOVO 2021.

ENGLISH

                                                CHRISTMAS  2020.

 

Xa está aquí o Nadal . Con tal motivo recoméndovos unha páxina web chea de actividades:

  • Printables.
  • Debuxos.
  • Fichas.
  • Recortables.
  • Pop up.
  • Coloreables.
  • Manualidades .
  • E , por suposto, moitas, moitas  songs.

 

www.supersimplesongs.com

 

                                       MERRY CHRISTMAS!

 

ACTIVIDADES

.Estimadas familias esta semana desde o centro traballamos a inclusión facendo diferentes actividades, tamén  traballamos a Constitución Española que se festexa mañá día 6 de decembro .

Para reforzar esos aprendizaxes propoñemos ver os  videos.

IGUALDADE DE XÉNERO. ACTIVIDADES

 

 

ACTIVIDADE 1 : “AS CORES”

No modelo patriarcal existen diferentes axentes de socialización que inflúen na construción e desenvolvemento da identidade de mulleres e homes e mesmo se crean expectativas de futuro en nenas e nenos dependendo do sexo.

Desde antes de nacer clasifícannos por cores: se somos nenos asígnasenos o azul ou se somos nenas a cor rosa. Este feito ten importancia porque as cores levan connotacións de xénero, incidindo no modo de ver a vida e a relación cos demais.

1. VISUALIZACIÓN DO CONTO: "Los colores" de Nunila López na colección "Cuentos para antes de despertar"

2. CUESTIÓNS PARA REFLEXIONAR:

a. Das cores que saen no conto, Cales che gustan máis? Por que?

b. Crees que é importante que existan todas as cores?

c. Sabías que as cores son universais?

d. Como te sentirías se non che deixasen utilizar a túa cor favorita para pintar os teus

traba

3. FICHA . AS CORES.

-Debuxa e colorea un arco da vella empregando todas as súas cores.

 

ACTIVIDADE 2: Visualización de contos en youtube:

- ROSA CARAMELO

-ARTURO Y CLEMENTINA

-LA CENICIENTA QUE NO QUERÍA COMER PERDICES

-EL PRÍNCIPE CENICIENTO

Recomendamos comentar cos cativos e cativas , ou en familia, cada conto despois da súa visualización.

O alumnado pode facer un debuxo do conto que máis lle gustou.

Deixámosvos en adxuntos un comentario sobre a transmisión dos roles sexistas nos contos.

 

Plan de docencia semi-presencial e/ou a distancia.

 

 

  No caso de que se dean escenarios de docencia semi-presencial e/ou a distancia a metodoloxía pasará a ser individualizada xa que en Ed. Infantil é moi  difícil manter unha clase na aula virtual con varios alumnos ao mesmo tempo. Manteremos o contacto coas familias por medio de abalar móbil, teléfono, correo electrónico e páxina web do centro, medios aos que  o alumnado e as familias xa están afeitos desde o anterior confinamento debido á COVID-19 . Utilizaremos  libros, caderniños, fichas e actividades enviadas por correo electrónico ou publicadas na páxina web do centro. Entregaremos os libros ou caderniños na aula ( no caso de docencia  semi-presencial) ou por medio de Protección Civil.

As avaliacións faranse por medio de entrevistas telefónicas co alumnado e familias, e avaliando o canle de feed- back das actividades propostas.

O Equipo Docente colgará semanalmente actividades para cada nivel con unha duración de unha ou duas horas semanales. O horario de rutinas e actividades será o mesmo que o  traballado no centro e instruiremos ás familias para que o traballen na casa.

Manterase o contacto semanal coas familias para saber como están traballando na casa e para solucionar dúbidas. Pero non se levará control diario de faltas  de asistencia xa que Educación Infantil non é obrigatoria. De todos xeitos levarase un control semanal do alumnado que participa nas actividades propostas.

As titorías coas familias serán os luns ás 17 hrs.

As titorías do alumnado  serán os luns de 11,20 a 12,10 hrs.

No caso de docencia semi-presencial conbinaranse ambas metodoloxías

 

Correos de contacto do Equipo docente:

 

 Marta Suárez Pérez                           martasuarezperez@edu.xunta.es 

 Ana Belén Rodríguez López                anabelenrodriguez@edu.xunta.es

Ana Patricia Elías Santos                     anapa@edu.xunta.es 

María del Carmen Alvarez Lorenzo       maruchi@edu.xunta.es

Fátima   González González                 fatimagg@edu.xunta.es

Mónica Rodríguez  Rial                        monica.rodriguez.rial@edu.xunta.es

Cartel sinalizador do tempo durante os recreos

Este ano, como parte do protocolo COVID do centro, cada un dos grupos da ESO ten asignado un patio distinto para minimizar o contacto entre o alumnado. Ademáis esta organización de espazos cambia dependendo de se as condicións meteorolóxicas son favorables ou adversas, polo que tanto o profesorado como o alumnado ten que estar ao tanto de cal é a situación do ceo para non cometer erros no uso dos espazos comúns. Para axudar nesta tarefa, o alumnado de 6º de Educación Infantil elaborou un cartel sinalizador que será de moita axuda durante todo o curso.

Material 4º Educación Infantil (3 anos)

 

 

Estimadas familias.

Pouco a pouco imos superando o periodo de adaptación.

Xa nos imos coñecendo,facendo amigos e vendo todos os elementos que hai na aula.

Estamos todos moi contentos e con moitas gañas de comezar a rutina diaria e a vida escolar.

Ainda que xa vos adiantei por escrito o material escolar que de momento imos precisar, déixovos un documento adxunto por se algún papel se perde ou nos despistamos.

Como xa vos comentei xa tendes o voso calendario de merendas que comezaremos a levar a cabo a partir do luns 21 de Setembro aproximadamente.

Xa vos adiantei tamén que as sesións de Psicomotricidade vanse desenvolver os mércores, polo tanto eses días viremos preparados para ser uns moi bos deportistas!!

Recordade que pasiño a pasiño faise o camiño asi que....ÍMONOS VENDO e ÍMOS DESFRUTANDO dos diversos momentos!!

 

Un saúdo agarimoso.

 

BENVIDOS AO NOVO CURSO

 

 

 

 

 

BENVIDOS AO NOVO CURSO :

Queridas familias.

Estamos moi contentos de poder comezar este novo curso, e facémolo con moita ilusión e enerxía, adaptándonos á nova situación pero con moitas ganas de ter aos nosos pequenos entre nós, nas aulas, nos patios, nos corredores...

Como xa dixemos nas reunións coas familias, queremos reiterar unha vez máis que no centro tomaranse todas as medidas sanitarias e de hixiene que a Consellería de Educación establece para facer do noso colexio un centro seguro para os vosos fillos.

Deixámosvos en adxuntos as normas para ter en conta para o alumnado de toda a Etapa, e a lista de material para 6º de Infantil.

 

Un saúdo

O Equipo Docente de Educación Infantil

 

PERÍODO DE ADAPTACIÓN ED.INFANTIL 2020/2021

 

PERÍODO DE ADAPTACIÓN ED.INFANTIL 2020/2021

 

 Debido á suspensión da actividade presencial no curso 2019/2020, deuse en período moi amplo no que o alumnado non asistiu ao centro. Para facilitar a reincorporación do alumnado de Ed.Infantil, tomáronse as seguintes medidas:

 

 4ºEd.Infantil: Período de adaptación do 10/setembro ao 25/setembro.

 5ºEd.Infantil: Período de adaptación voluntario o 10 e 11 de setembro.

 6ºEd.Infantil: Non realizan período de adaptación.

 

Para os grupos que fan a xornada completa, flexibilízase a hora de entrada ata o 25 de setembro para todos os grupos.

 

A partir do luns, 28 de setembro, o alumnado asitirá ao centro no horario:

 08:50h a 13:50h

 

 

ENGLISH

Estimad@s alumn@s y familias:

Este curso llega a su fin. Como ya os he comentado a much@s, ha sido un placer comprobar vuestr@ ánimo, constancia , esfuerzo y buen hacer en esta adversa situación vivida a causa del Covid-19. Mi enhorabuena a tod@s. CONGRATULATIONS!!!!

Así que , este verano , más que nunca:

 

                      GuayGuay HAPPY SUMMERGuayGuay

 

KISSES.

Teacher Ana Ruth.

REMATANDO O CURSO

Ola nen@s!  sol-imagen-animada-0809

Ilustración vectorial de los niños del arco iris Vector Premium

Xa falta pouco para rematar o curso. Esta semana soamente colgamos uns vídeos moi entretidos e didácticos para vos.

Coñeceremos a montaña

https://www.edistribucion.es/algaida/2905336/documentales/documental05.html

https://www.youtube.com/watch?v=QZsLWPVgB1c

e os mouchos.

https://www.edistribucion.es/algaida/2905336/documentales/documental06.html

https://www.youtube.com/watch?v=q-dwkr54Xp8

Animádevos a facer un debuxo coma o de Andy.

Aprenderemos moitas cousas.

Coidádevos moito, vémonos a volta.

FELIZ VERÁN!!!!!

sol-imagen-animada-0828

 

 

 

 

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 8 DE XUÑO

O pasado venres 5 de xuño celebramos o día internacional do medioambiente. Como ben sabedes na etapa de Ed infantil traballamos a cotío os hábitos e rutinas necesarias para adquirir conductas e actitudes respetuosas co medioambiente, que durarán toda a vida. Esta semana propoñémosvos unha serie de actividades e recursos encamiñadas a traballar cómo coidar o noso planeta.

 

https://i.pinimg.com/originals/82/57/56/825756e74bbdd9df84dc0a8a98d99475.gif

 

 

  • Comenzamos cun contiño "LA RANA DE TRES OJOS"

 

(CLICADE NO ENLACE DE ABAIXO PARA O CONTO)

https://youtu.be/gmUWjUSc-Zs

 

 

  • Cómo facer papel reciclado caseiro? Ollade o seguinte titorial

(CLICADE NO ENLACE PARA PAPEL RECICLADO)

https://youtu.be/ExOBjG44czw

 

  • E si plantamos sementes nun vasiño de iogur? (lentellas por exemplo), e tamén podemos facer a seguinte actividade:

 

 

 

  • Un pouco de musica tamén pode ser moi motivadora:

bebé bailando GIF - Descargar & Compartir en PHONEKY

 

https://youtu.be/MSWs0uL_MH0

https://youtu.be/oOGr-e-yFgA

 

  • E tamén algún xogo. (CLICADE NO ENLACE DE ABAIXO PARA O XOGO)

https://www.tinytap.it/activities/g3avh/a-reciclar

 

 

Desfrutade moito desta "semana verde" con esta manchea de actividades. Se queredes podedes enviarnos aos correos das profes algunha fotiño de cómo coidades do medioambiente.

Moitos bicos e apertas de todo o profesorado de Educación Infantil do Cova.

 

ACTIVIDADES EDUCACIÓN INFANTIL.1º SEMANA DE XUÑO

Bos días queridas familias. Estamos a rematar o curso e o verán xa está preto, así que desexámosvos que esteades a gozar do sol e do mar, agora que xa podemos ir á praia, e vos propoñemos unha actividade moi divertida Guay

 

  

 

Se queredes, outro reto para facer en casa:

  

 

Cando teñades atopadas moitas das cousas podedes xuntalas, facer unha foto e enviarnolaGuiño

  

Parabéns aos nosos artistas dos retos da semana pasada: Iván,Julia, Victoria e Sara ;en adxuntos tedes o vídeo coas súas creacións.

 

Tamén queremos  compartir convosco o conto da casa da mosca chosca:

https://youtu.be/lRHzLroe-bY

 

Coidadevos moito; sabedes que estamos ao voso carón  para o que necesitedes. Unha grande aperta para todos.

 

ENGLISH

HELLO!!

Parabéns, CONGRATULATIONS, unha vez máis, polo ben que vos estades portando e o bos e pacientes que estades sendo nesta situación, MY PUPILS.

Hoxe,deixo unha recomendación para os que aínda non coñecedes esta páxina: supersimple.com

Nela , no apartado de imprimibles, podesdes atopar vocabulario, fichas para colorear, xogos, manualidades e moitas, moitas cancións das que cantamos en clase.

Unha aperta para tod@s e moitos KISSES.

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 25 DE MAIO

EDUCACIÓN INFANTIL

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 25 DE MAIO

Boas rapaces e rapazas. Como estamos?

Seguro que xenial porque sodes todos uns  CAMPIÓNS!!

Esta semana traémosvos un conto moi divertido que podedes ver nos adxuntos ao final da páxina.

A raíz deste conto tan divertido propoñémosvos unha actividade igual de divertida.

Imos crear o noso propio robot, poñerémoslle un nome que lle escribiremos para poder mostralo a todo o mundo.

Para facelo podemos empregar folios de cores e senón os tendes cun folio de cor branco debuxamos  e coloreamos e xa recortamos para a nosa creación.

Debemos facer diferentes e diversas formas: Cadrado, círculo, triángulo, rectángulo...ou outras formas que vos apetezan.

En adxunto, despois do conto poderedes atopar algún exemplo.

Outra actividade divertida que vos deixamos esta semana é.......

Creamos mandalas con obxectos da casa.

Xa veredes que divertido e que ben o ides pasar!!!

Para facelas imos seguir unha serie de pasos.

1-Preparar unha base redonda: papel, cartolina, aro, mantel...

2-Preparamos materiais diversos repetidos que atopemos: botóns, tapóns, paus, macarróns, boliñas de papel.

3-Comezaremos a colocar dende o centro cara fóra realizando círculos concéntricos. Cada un deses círculos pódense ir facendo formando series con diversos materiais ou obxectos e con distintas composicións.

4-Encheremos así toda a base circular e podemos facerlle unhas fotiños.

Como terceiro adxunto atoparedes uns exemplos de súper mandalas.

**Mentres facemos estas actividades podemos contar obxectos, repasar as cores, facer parellas...

Poderedes enviar as vosas fotos se así o desexades ata o día 29 de Maio.

Esta semana fixeron unha aportación os irmáns Emma e Pablo de 5º de Educación  Infantil.

Atopámolo nomeado  tamén en adxuntos.

Desexamos que sigades ben e desfrutando de cada momento.

MOITAS APERTAS VIRTUAIS E UNS BIKIÑOS MOI FORTES. ¡¡¡MUAKSSS!!!!

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 11 DE MAIO

09/05/2020
Europe/Madrid

Queridos nenos e nenas e queridas familias!!

Comeza unha nova semana e aquí vos traemos novas tarefas pensadas para que levedes a cabo na casa.

E non esquezas facer exercicio!!!

Desfruta o video "la casa y el castillo"

https://vimeo.com/288328338

 Tamén queremos compartir con todos vós o conto "Orellas de vosvoreta". Podedes atopalo  no seguinte enlace: 

https://youtu.be/2CmLNSrO3g4    

Darvos as grazas polos vosos traballos,tedes o video de achegas no adxunto.

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 4 DE MAIO.

Queridos nenos e nenas.

   Que ben o estades a facer!!!

 

 

Esta semana traémosvos unhas actividades interactivas coas que podedes traballar na casa. (Autonomía, comunicación e lectura).

Ed. Infantil 3 anos.

https://clic.xtec.cat/repo/index.html?lang=es&prj=infaez3i

 

Ed. Infantil 4 anos.

https://clic.xtec.cat/repo/index.html?lang=es&prj=infaez4i

 

Ed. Infantil 5 anos.

https://clic.xtec.cat/repo/index.html?lang=es&prj=infaez5i

 

 

Pensabades que nos esqueciamos do RETO  desta semana? 

Esta semana propoñemos facer un caracol con papel. Tedes aquí un pequeno titoral de como facelo.

https://www.youtube.com/watch?v=bfrqpj4vaJk&feature=youtu.be

Podedes enviar as fotos das vosas creacións ata o venres 8 de maio.

Por último temos que felicitar novamente a Julia polo debuxo do mar de Baiona.

 

Grazas Julia!!!!

 

 

 Seguimos a voso carón ,a traves das redes, enviándovos moito ánimo . 

BICOS!!!!

 

ENGLISH

Hello!!!

Bos días , desexo que sigades ben e con ánimo, my pupils!!

Seguro que xa escoitáchedes moitas veces Baby Shark. Que vos parece se agora facedes un fernoso debuxo asinando como lavades as vosas HANDS? Podedes usar rotus, pinceis, témperas, papeis....e non olvidedes pór HANDS. 

Ánimo e coidádevos moito. Kisses.

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 27 DE ABRIL

 

Queridas familias.

 Qué orgullosas estamos do noso alumnado de Ed. Infantil. Sabemos que están mellorando moitísimo na súa autonomía co traballo e rutinas diarias, e que ademáis lles gusta facer actividades da nosa páxina web, escoitar música, contos, bailar, rir, aplaudir e agora, ademáis, ata pasear.

  • Esta semana traémosvos dous contos para traballar un pouco a experiencia que nos está tocando vivir. Atoparédelos nos arquivos adxuntos que se engaden ao final desta páxina.

  • E tamén traemos un novo RETO, no que traballaremos sobre o lema “O mar de Baiona é especial”

 

  • Como nos gusta tanto e temos tantas ganas de desfrutar del, imos facer uns debuxos e relacionadas co noso mar. Enviade as vosas creacións, ou fotografías aos correos electrónicos das profes antes do sábado 2 de maio.

 

  • Tamén en Ficheiros adxuntos atoparedes debuxos do mundo submarino para pintar, copiar, ou inspirar os vosos debuxos.

  • Temos outra proposta moi interesante .

    Queredes xogar aos detectives? Animádevos a ser detectives na casa. Coa axuda da familia imos realizar interesantes pescudas . Es tí un gran detective? Imos a comprobalo!!

 

 

E por último, queremos darlle un fortísimo aplauso a Julia e máis a Sara, que nos compartiron estas maravillosas receitas saudables.

Noraboa campionas!!!!

 

 

Seguimos ao voso carón, a través das redes, enviándovos moito agarimo. Vémonos axiña!!

Bicos!!!

 

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 20 DE ABRIL.

Queridos nenos e nenas e queridas familias!!

Comeza unha nova semana e aquí vos traemos novas tarefas pensadas para que levedes a cabo na casa.

Xa sabemos que o estades a facer todos moi ben e desde aquí seguimos dándovos ánimo e recordándovos que sodes uns heroes.

O RETO que vos imos propoñer esta semana é que fagades e creedes receitas saudables.

Por exemplo unhas brochetas de froita, biscoito de froitas, zumes exóticos....Pódensevos ocorrer unha morea de ideas.

Deste xeito traballaremos a motricidade fina , a alimentación saudable e tamén o traballo en equipo e en familia que nos vai enriquecer moito a todos esta temporada.

Debemos continuar coas rutinas establecidas e seguir traballando a autonomía que a estas idades é moi importante.

Podedes enviar fotos da vosa creación ata o venres día 24.

 

Para esta semana tamén vos propomos que traballemos os números e o conteo de forma divertida así como as sumas e restas. Con cousas que temos na casa podemos realizar as operacións de xeito visual.

Cada familia adaptará ao nivel do seu pequeno ou pequena o traballo e poderá recordar o mundo das matemáticas.

En ficheiros adxuntos pódense ver algúns exemplos.

 

Esta vez cambiamos o conto por unha canción.

A canción de esta semana mestura linguaxe falado coa linguaxe de signos e parécenos unha proposta moi interesante para que os nenos vexan esta diferente forma de comunicación ea importancia que esta supón.

A canción atópase premendo no seguinte enlace.

https://www.youtube.com/watch?v=HiHDRCyV5Es&t=200s

 

Como estamos todos moi tristes porque non podemos celebrar os aniversarios con vós na aula e con todos os vosos compañeiros,deixamos unha felicitación para todos .

Moitos parabéns a todos pequenos e pequenas que cumprides anos nestes días.  Moitos biquiños grandes.

A felicitación está tamén nos documentos adxuntos.

Esperamos que desfrutedes desta nova semana. Non vos esquezades enviar as fotos do Reto desta semana.

As fotos recibidas do RETO DA SEMANA PASADA,nomes creativos, aparecen nunha composición realizada que podedes atopar tamén na pestana de adxuntos .Moitas grazas a todos pola vosa participación.

 

Un saúdo para todos e unha aperta grande. Pasade moi boa semana.

VÉMONOS AXIÑA.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031