Documentos

Novo Plan de adaptación ao COVID Maio'22

A publicación do novo protocolo COVID permite unha maior flexibilidade na relación do alumnado, distribución do mesmo e mesmo relacións coas familias, recuperando as reunións presenciais de titoría.

Para máis información consulte os documentos anexos.

Plan de adaptación ao contexto COVID do centro

A situación actual da COVID na sociedade española pasou a un estado de "mitigación" segundo os expertos o que establece un novo procedemento de actuación ante a detección de casos positivos no alumnado/persoal do centro.

 

 

Podedes consultar o Plan de adaptación ao contexto COVID do centro e os documentos anexos nos ficheiros adxuntos a esta nova.

Este documento é froito dunha análise da situación e adecuación á realidade do centro realizada polo equipo COVID do centro.

As indicacións recollidas son de obrigado cumprimento para toda a comunidade educativa e usuarios das instalacións do centro.

Coa responsabilidade individual e colectiva de todos e todas faremos posible ter un centro seguro.

Protocolo de Medidas Preventivas del COVID-19 Para Comedores Escolares

No documento adxunto podedes consultar o Protocolo do Grupo Galego Catering Arelas.

 

Protocolo Aula Madruga

No documento adxunto tedes o Procotolo Covid polo que se rexirá a Aula Madruga.

Un saúdo.

Plan de Contingencia Frente al Covid-19. GRUPO SAN FROILÁN

A continuación tedes o Protocolo Covid da empresa San Froilán. Como ben sabedes é a empresa encargada da limpeza do Centro.

Protocolo Covid do Servicio de Deportes Concello de Baiona

Achégase Protocolo COVID do Servizo de Deportes para as instalacións que empregará para a súa oferta deportiva, incluído instalacións do centro educativo.

Programa de acollida

Presentámosvos o Programa de Acollida do centro que contén as Novas normas de organización e funcionamento do centro, as actuacións de prevención, hixiene e protección, Accións formativas para a mellora da competencia dixital do alumnado e profesorado necesaria para o seu desenvolvemento na modalidade de ensino presencial ou, de ser o caso, non presencial e propostas para a atención aos aspectos emocionais e sociais, mediante a realización de actividades grupais de acollida e cohesión.

Para calquera dúbida contactade con nós en covacovid@gmail.com

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031