Plan Dixital

Coordinador: Carlos Freire

4º ESO - Probas para a acreditación da competencia dixital

Coa publicación da Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24 ábrese o prazo para a inscrición do alumnado que cursa 4º ESO e que solicita participar nas probas de acreditación de competencias dixitais, o cal rematará o próximo 15 de marzo (prazo ampliado).

A proba específica para acreditar o nivel intermedio axustarase ás cinco áreas de dominio definidas no Marco galego de competencias dixitais
(https://competenciasdixitais.xunta.gal/areas.html). A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 90 minutos un total de 60 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía referidas a cada unha das cinco áreas de dominio (12 preguntas por cada área).
Para superar a proba específica de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 70% do total de preguntas, sendo necesario obter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das cinco áreas. Esta proba tería lugar no mes de maio.

Para obter máis información sobre estas probas de acreditación da competencia dixital, consultar seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20240227_prox_resolucion_acredita_cda_gal_sin_dx.pdf

Contidos que serán avaliados: https://ficheiros-web.xunta.gal/comdix/20231213_EstruturaMGCD_v.1.0.pdf

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031