Faaro da escola - Faro de Vigo

Coordinadora: Antía Monteagudo.

Faro da escola - Obradoiro de Caza Bulos en Tik Tok

As posibilidade das redes sociais son múltiples, pero tamén os riscos que entrañan.

Da man do proxecto do Faro de Vigo "Faro da escola" puidemos desfrutar dun obradoiro impartido por científicos sobre os bulos que ás veces atopamos nas redes e como poder contrastar a información.

Nova no Faro de Vigo.

Visita ás instalacións de Faro de Vigo

O alumnado de 1ºESO visitou as instalacións do Faro de Vigo en Redondela, onde se fai diariamente a impresión física do xornal, procedemento sobre o cal tivo recibiu toda a información o noso alumnado de mans de profesionais da empresa, todo un privilexio.

 

Visita de Titimoki

O pasado 27 de febreiro, a ilustradora Titimoki visitou ao alumnado do 1º ciclo de Ed. Primaria para falar do seu libro Pomodoro. Esta actividade foi posible grazas ao Proxecto Faro da Escola.

Antes da visita, o alumnado realizou unha lectura comprensiva e elaborou diferentes traballos de ilustración inspirados na obra de Titimoki.

O propio día, as rapaces de rapaces convertéronse en periodistas. Escoitaron con atención e preguntaron sobre gustos, froita favorita, como é o traballo de edición dun libro, cal será a próxima aventura, ... de todo!

Despois diso, aínda tivo tempo de asinar os libros da biblioteca.

Visita de Anxo Iglesias

O pasado 19 de febreiro, da man do Proxecto Faro da Escola, o alumnado de 5º B de Ed. Primaria do noso centro recibiu a visita de Anxo Iglesias. 

Amante dos amorodos, dos bambáns e dos caracois, Anxo Iglesias é profesor de Educación Física no IES Auga da Laxe de Gondomar. Membro fundador da asociación Espazo Lectura, coordinou desde 2008 ata 2015 o Club de Lectura Compartida Lendo Contigo. Ademais, é un dos integrantes do grupo de música infantil A Banda dos Cueiros e xogador retirado de pimpón. Unha nova dimensión, Premio Merlín de Literatura Infantil 2022, é a súa primeira obra publicada.

O alumnado compartiu as súas impresións sobre a obra Unha nova dimensión, na que atopamos diferentes creacións  como  pode ser a canción de roda, poema xeométrico, xitanxáfora, trabalinguas, fonemoramas, adiviñas, lipogramas, pictopoemas, etc

 

 

Con xogos, compartindo anécdotas do autor  e coas  creacións propias do alumnado pasamos unha xornada interactiva-creativa moi divertida. Ao remate Anxo levou os nosos libros para adicárnolos de xeito personalizado cun caligrama moi especial.

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031