Visita de Anxo Iglesias

O pasado 19 de febreiro, da man do Proxecto Faro da Escola, o alumnado de 5º B de Ed. Primaria do noso centro recibiu a visita de Anxo Iglesias. 

Amante dos amorodos, dos bambáns e dos caracois, Anxo Iglesias é profesor de Educación Física no IES Auga da Laxe de Gondomar. Membro fundador da asociación Espazo Lectura, coordinou desde 2008 ata 2015 o Club de Lectura Compartida Lendo Contigo. Ademais, é un dos integrantes do grupo de música infantil A Banda dos Cueiros e xogador retirado de pimpón. Unha nova dimensión, Premio Merlín de Literatura Infantil 2022, é a súa primeira obra publicada.

O alumnado compartiu as súas impresións sobre a obra Unha nova dimensión, na que atopamos diferentes creacións  como  pode ser a canción de roda, poema xeométrico, xitanxáfora, trabalinguas, fonemoramas, adiviñas, lipogramas, pictopoemas, etc

 

 

Con xogos, compartindo anécdotas do autor  e coas  creacións propias do alumnado pasamos unha xornada interactiva-creativa moi divertida. Ao remate Anxo levou os nosos libros para adicárnolos de xeito personalizado cun caligrama moi especial.

 

AdxuntoTamaño
Visita Anxo Iglesias (1).mp416.98 MB
Visita Anxo Iglesias (1).jpeg231.32 KB
Visita Anxo Iglesias (2).jpeg250.48 KB
Visita Anxo Iglesias (3).jpeg304.31 KB
Visita Anxo Iglesias (4).jpeg208.17 KB
Sinatura Anxo Iglesias.jpg229.76 KB
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031