Ed.Infantil

HAPPY HALLOWEEN

           HAPPY HALLOWEEN

 

Xa está aquí Halloween 2021, unha das celebracións máis importantes dos países de fala inglesa, unha das festividades máis recoñecidas en Irlanda, Reino Unido, Estados Unidos, Canadá...

 

O próximo domingo, 31 de outubro, terá lugar a noite máis terrorífica do ano,cabazas, disfraces e lambetadas serán as protagonistas.

 

Nenos e nenas caracterizados de pumpkins, ghosts, devils,skeletons,monsters e demáis persoaxes de medo tomarán as rúas para facer trick or treat.

 

Pasade unha noite terroríficamente divertida!GuiñoGuiñoGuiñoGuiñoGuiño

 

 

O OUTONO

O OUTONO

Estimadas familias.

Agora que fai pouquiño que comezamos a escola nun novo curso escolar, tamén cambiamos de estación.

Pasamos dunhas paisaxes soleadas coas súas praias e areas, a un mundo cheo de cores de distintas tonalidades e variedades.

Amarelos, laranxas, vermellos e marróns, mestúranse para facer na nosa vista un mundo máxico que esconde moitas novidades.

-Froitos, texturas e sabores que traballaremos ao longo desta tempada.

-Procesos como a Vendima ou a recollida de castañas co seu Magosto farán as ledicias de grandes e pequenos.

Posto que son moitas as cousas que podemos observar vai ser moi doado traballar a estación do Outono nas aulas e tamén na vida cotiá nas vosas saídas a rúa ou ao campo.

Para que traballedes o Outono na casa deixámos unhas recomendacións.

1-Canción O OUTONO , de Uxía Lambona e a Banda Molona.

Ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=79-6l4A1nII

2- Conto Outono.

Un conto para crear un mesmo na casa pois dispón de imaxe pero non de son.

Está pensado para traballar a imaxinación eo seu desenvolvemento creando historias e contos propios que nos axudarán a comprender o que acontece nesta primeira estación do curso académico.

Ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=JKyTTRCTYQg

***Posto que as veces as ligazóns non funcionan de xeito correcto, unha maneira para conseguir acceder a eles é copiando a ligazón e pegándoa para poder visualizar o que se quere.

3- Poesía do Outono  de un poemario de Ana María Fernández, "Versos da tarde laranxa".

Nos días de outono
hai follas de cores
e ventos que escriben
polos corredores
maiúsculas verdes,
puntos amarelos,
carreiros de pingas,
letras de marmelos,
gráficos de ramas,
marxes de erbedelos,
alfabetos de auga,
conversas dos regos.

Nos días de outono,
tranquilos e moitos,
hai cores nos campos,
nas nubes nos froitos.


Agardamos que desfrutedes cos vosos nenos
e nenas na casa , e que fagades destes
momentos en familia, uns momentos especiais.
Un saúdo.

BENVIDOS A ESTE NOVO CURSO !!!!

 

 

 

BENVIDOS AO NOVO CURSO :

Queridas familias.

Estamos moi contentos de poder comezar este novo curso, e facémolo con moita ilusión e enerxía, adaptándonos á nova situación pero con moita alegría de volver ter aos nosos pequenos e pequenas entre nós, nas aulas, nos patios, nos corredores...

Como xa dixemos nas reunións coas familias, queremos reiterar unha vez máis que no centro tomaranse todas as medidas sanitarias e de hixiene que a Consellería de Educación establece para facer do noso colexio un centro seguro para os vosos fillos.

Este curso será moi divertido; imos aprender, investigar, xogar e compartir intres moi agradables. 

Cada venres publicaremos algo sobre o que estamos a traballar, nesta páxina web. Ademais cada titora publicará novidades ou traballos do seu alumnado no  apartado do seu nivel, cando o crea necesario.

 

Xa sabedes que para calquera dúbida sobre o voso fillo ou filla, as titorías serán telefónicas os luns de 17 a 18  hrs. 

 

Un saúdo

O Equipo Docente de Educación Infantil

XA CHEGAN AS VACACIÓNS!!

 

Queridos nenos e nenas.

Xa chegan as vacacións. Dende o Equipo de Educación Infantil queremos darvos un forte aplauso por cumprir tan ben as normas de este curso tan especial.

Agora ven o tempo de lecer, de facer roteiros coa familia, de ir á praia, e de cantar, bailar e xogar. Disfrutade moito, que aquí estaremos as profes agardando para darvos unha forte aperta en setembro.

Velaiquí vos van unhas cancións para que desfrutedes neste tempo.

Moitos bicos e apertas do equipo de Ed. Infantil.

 

https://www.youtube.com/watch?v=St3FKU9UNpw

 

Xornadas de Fútbol para os máis cativos

O noso alumnado de Ed.Infantil e 1ºEd.Primaria desfruta dunha xornada de fútbol da man do Erizana CF.

Grazas á colaboración desinteresada do club, o noso alumnado gozou dunha actividade ao aire libre na que se promociona a actividade física en horario lectivo.

 Futbol co Erizana

O alumnado estivo acompañado en todo o momento polo seu profesorado e por monitores titulados do club que os fixeron partícipes en todo momento da actividade, sendo os protagonistas da mesma.

Letras Galegas 2021

Estimadas familias.

Esta semana celebramos no cole as Letras Galegas.

Aínda que o seu día propio é o Luns 17 de Maio, estivemos coñecendo a autora á que este ano se lle dedica este día Dona XELA  ARIAS.

A data de celebración deste evento, o antes nomeado 17 de Maio, débese a que tal día como ese, en 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra Cantares galegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" ou renacemento cultural de Galicia. Por esa razón converteuse nun día festivo en Galicia.

Cada ano adícase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega.

Como antes se dixo; este ano a escollida foi Xela Arias.

Para que coñezades un pouco da súa vida, aquí quedan uns enlaces que vos levarán a uns vídeos de aprendizaxe.

https://www.youtube.com/results search_query=cancion+con+pictogramas+xela+arias

 

https://www.youtube.com/watch?v=PcR_h94iO98

 

O día das letras galegas serve tamén para profundizar na Lingua Galega e por en valor a súa importancia e sinal de identidade.

Como en todos os actos que conmemoran este día se escoita o HIMNO GALEGO, aquí queda o enlace dun video onde o podemos escoitar.

https://www.youtube.com/watch?v=hmXAB9rvFWE

*** Senón podedes acceder directamente a os vídeos, podedes copiar a dirección e pegala no buscador e accederedes a eles.

 

A parte da celebración deste día, desfrutamos tamén duns dias de descanso que poderemos aproveitar ao máximo ainda que teñamos que ter en conta a situación que nos rixe.

Recordamos que anque o Estado de Alarma se rematara, o virus da COVID 19 segue presente e temos que ter coidado.

Desexamos que disfrutedes moito e que aproveitedes estes días.

Vémonos o vindeiro Mércores.

Un saúdo.

 

As Plantas

Hola nen@s,  como estamos na primavera, a estación das flores, imos ver o importante que son as plantas no noso ecosistema.

Nos seguintes enlaces podedes ver  estos videos educativos

Un saúdo equipo de educación infantil.

Día do libro.

DÍA DO LIBRO.

Esta semana celebramos o día do libro en Ed. Infantil e poidemos desfrutar de varios contacontos.

Só tedes que premer no arquivo adxunto para poder ver o vídeo que elaboramos .

 

Un saúdo.

O Equido de Ed. Infanti.

 

 

Novo peche no patio superior de Ed.Infantil

O alumnado de Ed.Infantil estrea novo peche perimetral no patio superior.

Peche Infantil

A actuación foi costeada a cargo do Concello de Baiona pois o peche anterior estaba en moi mal estado. A substitución organizouse de tal xeito que o patio nunca quedase desprotexido.

O novo valado garante a seguridade do alumnado ademais de ter moi bo aspecto.

DIA INTERNACIONAL DA SAÚDE

Filosofía del lenguaje png | Klipartz

 

No ano 1948, a Asemblea Mundial da Saúde proclamou o 7 de abril como Día Mundial da Saúde. Esta data foi escollida en conmemoración á fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS) e coa necesidade de crear conciencia sobre as enfermidades mortais mundiais e crear hábitos sans nas persoas.

 

 

A celebración deste día leva a cabo desde o 7 de abril de 1950 e anualmente escóllese un tema que estea baseado nas necesidades e suxerencias que realizan os Estados membros.

Este 2021, en plena crise pola pandemia, a Organización Mundial da Saúde pon o acento nas desigualdades que existen e que condenan ás poboacións máis pobres á enfermidade.

O lema do Día Mundial da Saúde 2021 é: "Construír un mundo máis xusto e saudable".

Está claro que a pandemia de coronavirus afectou máis directamente ás poboacións máis pobres e que tiñan uns servizos sanitarios máis deficientes. Esta circunstancia non só é inxusta, senón que tamén é evitable.

Programas de crianza y chequeos rutinarios de salud infantil

 

Como ser saudábel os días actuais?

Ser saudábel os días actuais non é fácil, unha vez que afrontamos desafíos, como  rotinas  estressantes, pouco tempo para facermos nosos alimentos e tamén para practicarmos actividades físicas. Non obstante, debemos tentar ao máximo adoptar o día a día prácticas que melloren nosa calidade de vida, e a de os  nosos  fillos e  fillas, a fin de conseguirmos unha melloría física, mental e tamén social.

Vexamos, a seguir, algúns puntos esenciais para mantermos nosa saúde:

Alimentarse de maneira saudábel, retirando, por exemplo, exceso de azucres,  sal e graxa.

Durmir ben.

Practicar actividades físicas.

Utilizar medicamentos só con recomendación médica.

Lavar sempre as mans e  respectar as normas de  hixiene  fronte ao  COVID19

Beber moita auga.

Evitar actividades que che causen  estresse.

Adicionar á  nosa  rutina actividades que nos dan pracer.

Saúde infantil - Pumpkin.pt

 

 

A continuación deixámosvos un vídeo para as familias, e o conto e a canción do Pito Pepe para os nenos e nenas

Cobertura sanitaria universal

https://youtu.be/YbJue1Mi3x0  

Canción do Polo Pepe

 

  O Polo Pepe | Casa do Neno

https://youtu.be/AY2K1A0Ln5k 

Conto do Polo Pepe

 https://youtu.be/To0zYQUFkHQ

 

FELICIDADE

Queridas familias.

   O vindeiro 20 de marzo, xunto co Equinocio de Primaveira, celebraremos o DÍA INTERNACIONAL DA FELICIDADE proclamado pola ONU no ano 2012.

Conmemórase a importancia que ten a FELICIDADE como parte integral do desenvolvemento e benestar de todos os seres humanos, e celébrase tamén a INCLUSIÓN, que todos os gobernos do mundo teñan entre as súas políticas sociais e económicas que exista unha verdadeira equidade e benestar colectivo.

 

  A idea de este día xorde no reino de BUTÁN (Sur de Asia) no que o seu rei, cando tiña 16 anos de idade, crea o concepto de FNB (Felicidade Nacional Bruta) e propono na ONU.

 O FNB é un indicador de nivel de vida e calcúlase coa baremación de nove puntos (benestar Psicolóxico, uso do tempo, vitalidade, cultura, saúde, educación, diversidade medioambiental, nivel de vida e goberno)

 Os obxectivos da ONU para alcanzar a FELICIDADE  son : Erradicar a pobreza, reducir ao mínimo as desigualdades no mundo e coidar e protexer o planeta.

 

Con todo isto xa nos queda claro a importancia da FELICIDADE, asi que ahí vos van uns consellos para alcanzala.

  • Sai a dar paseos e fai deporte
  • Alimenta a túa autoestima, coida a túa saúde, alimentación e imaxe.
  • Agradece, disfruta e vive o presente.
  • Perdoa. Aprender a perdoar aos demáis e a nos mesmos cárganos de positivismo e libéranos de preocupacións innecesarias.

E por suposto, aqui en Baiona temos moreas de sitios de privilexiada beleza  que contribúen  a aumentar a nosa felicidade.

Unha  proposta de actividades para estos días :

  • PASEO POLA SENDA FLUVIAL DE BAREDO

PREME NESTE ENLACE PARA VER O VÍDEO:

 https://www.youtube.com/watch?v=gD6phVvqCUo

 

 

  • PON  MÚSICA, CANTA E BAILA:

PREME NESTE ENLACE  PARA ESCOITALA:

https://www.youtube.com/watch?v=gD6phVvqCUo

 

 

  • E NON PARES DE REPARTIR SORISOS.

 Bicos e apertas do profesorado de Ed Infantil.

ARRIBADA E 8 DE MARZO

 

Estimadas familias e nenos!

 

Esta fin de semana estaríamos de festa celebrando a Arribada se non fose porque Don Coronavirus anda de visita e parece que alongou tanto o seu paseo que aínda non se decidiu a marchar.¡Vése que anda agusto!

 

Don Martín Alonso Pinzón chegaría a Baiona alá polo ano 1493 ben contento na súa Carabela Pinta.

 

Convencido de que descubrira o Novo Mundo!Supuxo un cambio para a historia, non só Europea, senón case case do mundo enteiro.

 

Posto que non podemos contar coas mostras teatrais que nos ensinan a súa chegada, cos seus máxicos animais mensaxeiros, nin cos obradoiros artesáns e doces propios desta época... estamos un pouquiño tristes pero de seguro que cando se poida celebrar a Arribada será tan máxica e misteriosa coma sempre.

 

Cómo na boa memoria non só queda o que se ve, senón tamén o que se disfruta, desde esta etapa convidámosvos a que recordedes os momentos especiais da vosa Arribada propia e que se tendes oportunidade visitedes unha vez máis a Carabela A Pinta para recrear uns momentos históricos e especiais.

 

 

Nestes enlaces podemos rememorar algunhas esceas que nos encherán de ledicia e sacar un pouco a morriña.

 https://www.youtube.com/watch?v=PMkaY_PYhYc

https://www.youtube.com/watch?v=eOvKD_T7BJU

 https://www.youtube.com/watch?v=a-ypcnIBuFg

 

Outra cuestión que nos toca esta semana e a celebración de un día tamén importante.

Estamos próximos ao día 8 de Marzo.

Nesta data celébrase o Día Internacional da Muller, para dar visión ós logros conseguidos ao longo do tempo e co paso deste. Todos os días son días cruciais para apostar pola igualdade entre mulleres e homes, e tódolos días sen darnos conta estamos ensinando que tanto homes como mulleres poden facer as mesmas cousas e ter gustos e afeccións similares.

Profesións e oficios poden ser desenvoltos por calquera persoa independentemente do sexo que sexa.

 

Convidámosvos a que traballades cos vosos cativos mediante a fala e a palabra.

Quizáis coñezades a unha muller mariscadora, a unha patroa de barco ou costureira de redes e nasas.

Tamén podemos falar das labores que levan a cabo indistintamente homes e mulleres,científicos, escritores,médicos...

Mediante a fala en familia conseguiremos poñernos no seu lugar por un momento e comprobar o ben que levan os nenos e nenas os xogos simbólicos en conxunto: Cociña e Supermercado, Bonecas...lonxe dos prexuízos que se podan atribuír a implicación en unha actividade ou en outra.

A educación en igualdade debe ser un obxetivo común, sen xéneros e universal.

 

A continuación deixamos uns recursos que poden facilitar o traballo neste día.

 

ROSA CARAMELO

https://www.youtube.com/watch?v=eqLfmacRU0k

EL PRÍNCIPE CENICIENTO

https://www.youtube.com/watch?v=YJpWnXlp3SQ

DANIELA PIRATA

https://www.youtube.com/watch?v=iMJVWcLJcTs

¡VIVAN LAS UÑAS DE COLORES!

https://www.youtube.com/watch?v=45ZVNAF2R_o

 

Esperemos que pasedes uns momentos bos, divertidos e alegres.

 ***Se non conseguides entrar nos enlaces , podedes seleccionalos e acceder a eles ou copialos e pegalos no buscador e xa vos aparecerán os contos e os vídeos de xeito directo.

A rana Ana

A Rana Ana

Esta semana pasada, en Relixión e Valores estivemos traballando sobre o sentimento da Vergoña e coñecemos a historia da Rana Ana. Dexámovos aquí o enlace por si querédes velo en familia.

Un saúdo.

Aniversario Rosalía de Castro

Estimadas familias, esta semana festexamos o aniversario da escritora Rosalía de Castro.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da súa vida e un enlace dunha das súas poesías interpretada por Amancio Prada.


ENTROIDO 2021.

Estimadas familas:

   Este ano non poidemos contar coa vosa presenza na celebración do Entroido pero queremos que disfrutedes , aínda que sexa virtual , dunha pequena actuación do alumnado de 6º de Ed. Infantil.

   Nestes arquivos tedes as dúas actuacións co tema "Walk like an egyptian". 

 

 

Entroido en Ed.Infantl.2021

Entroido en Ed. Infantil. 2021.

Estimadas familias:

   Deixámosvos un pequeno álbum coas fotos do noso alumnado celebrando o Entroido .

 

O ENTROIDO E O MECO

O ENTROIDO E O MECO

 

 

 

 Bos días queridas familias!!

Por fin xa chega o Entroido; imos disfrutalo aínda coa situación actual, porque: Non hai quen poida connosco!! 
Para comezar, contarémosvos un pouquiño da historia do MECO:
O Meco, é un monifate, ou unha falla; os mércores de cinza quéimase con gran pesar tralo enterro da sardiña. E é o encargado de abrir, presidir e pechar coa súa queima as festas de entroido.
Cóntase que a súa orixe estaría na localidade do Grove. Alí vivira un home que tiña moi mala fama e no día do Entroido os seus veciños pelexaron moito con el e colgárono dunha árbore.  Cando os policías pescudaron polo autor da pelexa, as xentes da vila, un por un, autoinculpáranse da rifa. Grazas a isto ninguén puido ser acusado.
Sexa como for, a historia pasou tanto á tradición oral como á literatura escrita, e agora é un personaxe que nos divirte moito cos seus mandadiños. Estade atentos ao que nos vai mandar a partir do luns!!!

 

 

Para comezar a gozar desta próxima festa, aquí deixámosvos unhas cancións:  

- CANCIÓN DO ENTROIDO  https://youtu.be/bKhGUkcjrkE

- E MOITAS MÁIS CANCIÓNS EN GALEGO: https://youtube.com/playlistlist=PL6RwXOPirFZPjnNYtYoUq_9RUKLxC_5Ox

Para rematar o conto"O Entroido na carballeira": 

https://youtu.be/CW80M2qFB3U

E para aqueles que devorades libros, que saibades que non sodes os únicos; mirade o que atopamos:

"O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS"     https://youtu.be/_M9A43eeeQY

 

Pasádeo moi ben. Unha agarimosa aperta dos vosos profes.

ENGLISH

 

HELLO:

Clicade neste enlace para seguir aprendendo e disfrutando en Lingua Estranxeira.

https://www.bigactivities.com/index.php

O INVERNO

Queridas familias!

Esta semana o inverno tróuxonos a Filomena co agasallo

do frio e a xiada.

O noso patio estaba branco, e encantounos velo así, aínda

que agradecemos a calor das nosas aulas.

Aproveitando o tema do frio aprendemos algunhas

cancións e contos.

Esta semana compartímosvos esos recursos aquí, para

repasalos na casa .

Abrigádevos moito, e poñédevos unha grande e

agarimosa aperta virtual de parte do equipo de Ed.

Infantil.

 

 CANCIÓNS:

  • Xa chega o inverno:

           (clika neste enlace)    https://www.youtube.com/watch?v=OMTlWhlRmK8&feature=youtu.be

  • A cor do oso polar:

           (clika neste enlace)     https://youtu.be/wsa84ZHKFuI

  • Os esquimós

           (clika neste enlace)    https://youtu.be/YH2yLwRN1MM

CONTO:

  •  Frederik 

           (clika neste enlace)      https://youtu.be/qxQsKS-8raE

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031