Clausura do pavillón escolar

O Concello de Baiona decretou a clausura do pavillón escolar do CPI de Cova Terreña pola seguridade dos seus usuarios e usuarias tras ser solicitada unha inspección das instalacións por parte do centro ante a preocupación polo seu estado.

O equipo directivo do centro artellou unhas actuacións provisionais para cumprir coas medidas cautelares indicadas:

• Impedir o acceso ao pavillón escolar, manténdoo pechado.
• Impedir o acceso e circulación na parte exterior (corredor traseiro), en contacto coa fachada afectada do pavillón escolar.

Estas actuacións afectan ao uso dos espazos, á materia de Educación Física de Primaria, a outras actividades complementarias do centro, á cesión de instalacións en favor do Concello de Baiona e, principalmente, ao tempo do recreo, xerando unha situación complexa polo que se solicita que se resolva a situación canto antes.

 
 
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930