Obras no centro: arranxo do corredor traseiro, entre o pavillón escolar e o edificio principal

O corredor traseiro, entre o pavillón escolar e o edificio principal, está moi deteriorado despois das obras de rehabilitación integral do centro.

Xa no mes de abril remitíronse informes e orzamentos solicitando o seu arranxo á Consellería de Educación e agora confirmouse a adxudicación da obra cunha inversión de máis de 40.000€ que deberá estar rematada antes de final de ano. Sabemos que aínda quedan outras melloras por executar e continuaremos solicitándoas pero as melloras acadadas son notables.

Solicitamos unha vez máis a vosa colaboración para que as obras discorran con normalidade e coa mínima incidencia posible na comunidade educativa. Entre todos conseguiremos seguir mellorando o noso centro.

AdxuntoTamaño
CorredorTraseiro_EstadoActual.jpeg181.65 KB
CorredorTraseiro_EstadoActual2.jpeg190.41 KB
CorredorTraseiro_InicioObras.jpeg256.47 KB
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031