Xeral

GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2021-2022

 

Os gañadores e gañadoras do concurso de postais de Nadal do curso 2021-2022, segundo as categorías establecidas son:

1º e 2º EDUCACIÓN PRIMARIA

  • 1ºA- Daniela Mo Veiga
  • 1ºA- Chloe Leyenda Pousa

 

3º e 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

  • 3ºA- Xenxo Vázquez Pardo
  • 4ºA- Hugo González Rodríguez

 

5º e 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

  • 5ºA- Irene Costas Alonso
  • 5ºA- Area Castro Leyenda

 

1º e 2º E.S.O.

  • 1ºC- Lucía Alonso Cajide
  • 2ºC- Nadia Rodríguez Piñeiro

 

3º E 4º E.S.O.

  • 3ºB- Noelia Casañas Peña
  • 3ºB- Lilin Wang
  • 4ºA- Iria Ludeña Pérez

 

VENRES 10 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

A promoción e protección dos dereitos humanos foi unha das maiores preocupacións para as Nacións Unidas desde 1945, data na cal os países fundadores da Organización, acordaron impedir que os horrores da Segunda Guerra Mundial se reproduciran.

Tres anos despois, na Declaración Universal dos Dereitos dos Humanos, a Asemblea Xeral notificou que o respecto aos dereitos humanos e á dignidade da persoa humana "son os fundamentos para a liberdade, a xustiza e a paz no mundo". En 1950 a Asemblea Xeral convidou a todos os Estados membros e ás organizacións interesadas a que observasen o 10 de decembro de cada ano como Día dos Dereitos Humanos.

O alumnado de Valores Éticos de 4º ESO quere compartir o seu traballo sobre estes Dereitos Universais, coa humilde intención de que vos poidan servir de punto de partida para tratar este tema nas vosas aulas.

https://youtu.be/c-klxU7QXCA

Ao final do vídeo invítanvos a un pequeno xogo de memoria sobre a situación destes dereitos nun dos países que escolleron para investigar.

https://puzzel.org/es/memory/play?p=-MqTX7qHwz8lrXNHkG6J

Agardamos que vos guste!

SAMAÍN 2021 NO C.P.I.COVA TERREÑA

Aquí tendes algúns dos espíritos, bruxas, pantasmas, monstros .... mais terroríficos que pasaron polo C.P.I. Cova Terreña o día de Samaín.

EDLG.

Concurso nome da biblioteca

Bo día a todos e todas,

O equipo de biblioteca anímavos a participar no concurso para poñerlle nome á casa de Lentiña, Cova e Terreña.

En Conserxería poderedes encontrar as fichas que debedes cubrir para participar e logo depositalas na urna que alí estará situada. Todos os participantes levarán un pequeniño presente por colaborar cos nosos sapoconchos lectores.

data límite para achegar as vosas propostas será o vindeiro 26 de outubro.

Posteriormente, o día 28 de outubro o equipo da biblioteca escollerá 5 das vosas propostas que serán premiadas cun agasallo. E, entre o 28 e o 29 de outubro, abrirase un formulario na Aula Virtual para que toda a comunidade educativa poida votar polo nome gañador.

Animádevos a participar!!

 

 

Saúdo e presentación das mascotas da biblioteca

 

Bo día a todos e todas, 

Desde a Biblioteca queremos darvos a benvida a un novo curso escolar e comprácenos presentarvos as nosas novas mascotas: Cova e Terreña, que xunto con Lentiña nos acompañarán durante todo este ano para animarvos e motivarvos coas diferentes lecturas.

 

 

Moita atención ás novidades das nosas tres tartarugas lectoras! 

 

"Vamos a Primaria"

Queridas Familias:

Chegou o día en que as vosas crianzas rematan o ciclo de Educación Infantil, para comenzar unha nova etapa:  "Educación Primaria".

Foron tres anos de compartir risas, choros, aprendizaxes, pupas, excursións, e ata unha reforma integral de centro que nos fixo mudarnos de aula, un confinamento e unha pandemia que nos puxo a todos un tapabocas e nos afastou dos abrazos que tanto nos gustan...

Pese a todo contra ventos e mareas, logramos acadar o final de curso, non somestes recuperando os meses sin escola, senón adiantando e traballando tanto que nos graduamos "CUM LAUDE".

As titoras sempre lembramos ás nosas promocións como se fosen parte da nosa propia familia, pois son moitas horas xuntos durante tres anos, e en cada unha das crianzas vai un anaquiño dos nosos corazóns...

Inevitablemente na festa de "graduación" sempre se nos enruga un pouquiño o corazón e o mar de emocións desborda polos ollos...de ahí o sabor salgado das nosas bágoas. Bágoas de emoción por velos tan maduros, grandes e resolutivos, sabendo que velaí vai un futuro doutor, unha futura científica que nos vai atopar a cura para as pandemias que veñan, a enxeñeira aeronáutica que proxectará viaxes espaciais...o perruqueiro que nos ha de por guapas para os eventos, a mecánica que nos vai tunear o coche, mestras e mestres.... emprendedores, alcaldes e presidentas...

Eles e elas son o noso futuro, e nos poderemos dicir con orgullo "Eu sementei unha semente no seu corazón"

GRAZAS FAMILIAS porque nesto da educación somos un equipo, e vos sodes parte importantísima do proceso.

Bicos e apertas:

Maruchi, Mónica, Ana Patricia, Ana Ruth, María e Jose. 

 

Tamén tivemos un espectáculo de maxia por cortesía do centro!!!

 

 

 

 

 

Semana da Ciencia

Este curso escolar que xa remata, estivo cheo de vivencias e aprendizaxes relacionadas coa ciencia. Co obxectivo de facer chegar a toda a comunidade educativa o froito desas actividades nace a Semana da Ciencia do CPI de Cova Terreña, que terá lugar entre o 31 de maio e o 10 de xuño. Estas datas foron escollidas para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra o 5 de xuño. É importante destacar que na mostra participaron alumnos e alumnas de todos os niveis educativos do centro. 

Os proxectos realizados nas distintas materias fixeron fincapé nas novas tecnoloxías, na presenza da muller na ciencia ou en aspectos relacionados co medio ambiente. Desta maneira, traballáronse de xeito transversal aspectos importantes na formación dos estudantes, que lles permite adquirir actitudes imprescindibles na sociedade actual.

A exposición consta de 15 postos, cada un dos cales ten unha pequena explicación que facilita o entendemento do material presentado. Así, podemos desfrutar da interpretación do Universo que fixo o alumnado de 6º de Infantil e 1º de Primaria ou das maquetas de hidráulica dos estudantes de 4º da ESO. Ademais, a robótica, a ecoloxía, a meteoroloxía ou a biografía de diferentes científicos e científicas entre outros tamén aparecen recollidas na mostra, amosando o labor realizado ao longo do curso. 

As visitas organizadas para o alumnado durante a xornada escolar, amplíanse a todas as familias que o desexen nas tardes do venres día 4 de xuño e o xoves 10 entre as 16h e as 18h da tarde.

Finalmente, todo o persoal do centro implicado na organización e montaxe da Semana da Ciencia (tanto docente coma non docente), agardamos o desfrute da mesma de todos os visitantes.

CHARLA COGAMI

Bos días:

Hoxe recibimos a visita no noso centro da asociación COGAMI (confederación galega de persoas con discapacidade).

Faláronnos das peculiaridades das lesións medulares (problemas intestinais, sexuais, osteoporose, dores...).

Contáronnos como sufriron o accidente que levounos a quedar en cadeira de rodas; do seu día a día; das actividades de poden facer; e como algún fai máis deporte agora que antes do accidente.

Explicaron ao alumnado cales son as precaucións que temos que tomar para evitar os accidentes: a progresión na aprendizaxe, o uso de material axeitado (casco integral), a valoración do risco...

Deixaronnos impactados coa súa vontade, a capacidade de resilencia e as ganas de seguir vivindo e disfrutando de experiencias.

Nova publicada no Faro de Vigo

Merendas saudables

Bos días:

O centro educativo é o lugar para sentar as bases dunha vida saudable.

O grupo de traballo do patio escolar deseñou unhas recomendacións nutricionais para todo o alumnado do centro: o semáforo de merendas saudables.

A decisión de elaborar estes consellos xorde polo análise das costumes alimentarias que ten o alumnado durante a hora do recreo, onde proliferan produtos ultraprocesados (bebidas azucradas, zumes, chocolates, galletas, fariñas refinadas...)

O semáforo recolle tres niveis para comprobar a calidade da nosa alimentación.

 

 

GRAZAS e Boas festas

GRAZAS a todas as familias que cumpren o protocolo e pensan no ben colectivo, por esas palabras de ánimo e as vosas mostras de cariño.

GRAZAS a todo o alumnado que é consciente da situación e sigue as normas.

GRAZAS a todo o Claustro que asume máis responsabilidades que as que lle corresponde.

GRAZAS ao persoal non docente que colabora en que todo siga funcionando sempre cun sorriso.

GRAZAS á ANPA polo seu esforzo e colaboración co centro.

Boas festas, coidádevos moito e vémonos á volta.

ACTIVIDADES

.Estimadas familias esta semana desde o centro traballamos a inclusión facendo diferentes actividades, tamén  traballamos a Constitución Española que se festexa mañá día 6 de decembro .

Para reforzar esos aprendizaxes propoñemos ver os  videos.

Merendas saudables

Bos días:

Desde o proxecto "Remodelación do patio escolar construíndo un entorno de convivencia" traballamos para a mellora da calidade de vida da nosa comunidade.

Nas merendas do recreo abunda unha gran cantidade de azucre e alimentos altamente procesados, este equipo informa e suxire outras posibilidades de alimentación a través do semáforo de merendas saudables.

Ti decides!!

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031