Novas

Xornada de votacións, 29 de novembro

Hoxe xornada de votacións, agardámoste no salón de actos.

De 8:15h a 10h, de 13h a 14:15h e de 16:30h a 18:30h.

GRAZAS e Boas festas

GRAZAS a todas as familias que cumpren o protocolo e pensan no ben colectivo, por esas palabras de ánimo e as vosas mostras de cariño.

GRAZAS a todo o alumnado que é consciente da situación e sigue as normas.

GRAZAS a todo o Claustro que asume máis responsabilidades que as que lle corresponde.

GRAZAS ao persoal non docente que colabora en que todo siga funcionando sempre cun sorriso.

GRAZAS á ANPA polo seu esforzo e colaboración co centro.

Boas festas, coidádevos moito e vémonos á volta.

ACTIVIDADES DO ALUMNADO LINGUA GALEGA E LITERATURA

O alumnado de 1º ESO ten á súa disposición desde o venres pasado todas as actividades que ten que realiazar. Estas atópanse tanto na aula virutal do centro como en Edixgal en forma de ficheiros, e tamén as poden descargar desde a páxina do centro (ficheiros adxuntos). No documento que leva por título ACTIVIDADES 1º ESO están todas as indicacións pertinentes e as tarefas que hai que realizar.

As comunicacións con ambos os grupos faranse a través de Edixgal a través do cal se resolverán todas as dúbidas relacionadas coas tarefas así como tamén contan cun enderezo electrónico ao cal se poden remitir: traballogalego1920@gmail.com. Por outra banda, as comunicacións coas familias establécese a través de Abalar Móbil tal e como estamos facendo ata o día de hoxe. 

O alumnado con adaptación curricular individualizada (ACI) dispón en Edixgal dunha sección propia dentro da materia de Lingua Galega e Literatura na cal poden atopar as actividades que han de realizar estes días. 

Por outra banda, para os discentes que teñen activado algún tipo de protocolo farase un seguimento individualizado, secuenciando as tarefas e mantendo un contacto máis pormenorizado con eles e coas súas familias. 

Finalmente, queremos sinalar que as actividades que agora mesmo están dispoñibles están deseñadas en función das horas lectivas, neste caso 4 horas semanais polo que este sería o traballo que levariamos a cabo desde hoxe, 16 de marzo, ata o venres 20 de marzo. No momento en que se suban novas actividades, seredes debidamente informados e informadas a través dos recursos mencionados anteriormente. 

N.B: Recordade que non estamos de vacacións polo que é fundamental que sigades traballando na materia como se estivésemos no centro. E por favor, sigan todas as instrucións das autoridades sanitarias e queden na casa. 

BANCO DE LIBROS

A ANPA solicita a solidariedade da comunidade educativa, para poñer en marcha o Banco de libros para que o próximo curso escolar, o esforzo económico que teñen que asumir as familias, poida ser menor.

Facemos un chamamento fundamentalmente ao alumnado e familias de secundaria, pois así como xa foi acollida con éxito esta medida en primaria , nesta etapa educativa todavía son moi poucos os inscritos para o banco de libros, cando é precisamente nestes cursos onde o desembolso económico para a adquisición de libros é maior.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración e difundide esta iniciativa para que o éxito esté asegurado .

Se estás interesado en inscribirte non tés máis que poñerte en contacto coa ANPA, ou entrar directamente no seu blog, onde atoparás toda a información necesaria. CLICA

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031