Agárdavos 5º E.P.!!

Meus cativ@s,

Agradecervos o traballo e o esforzo dobre que fixéchedes este curso escolar. Ano moi compricado, con moitas restriccións que non vos permitían: estar sentados conxuntamente no aula, compartir material; xogar no recreo con pelotas, cordas, nin xoguetes compartidos; expresar o voso cariño con apertas, bicos... e mil cousas máis!

Pero...deixade todo iso de lado, agardo que neste intre teñades boas memorias e que recordedes con amor, igual que o fago eu, aqueles momentos positivos, que tamén foron bastantes, eu creo. ;)

O vindeiro curso estaredes en 5º E.P. e que queredes que vos diga? Facédeo igual de ben ou mellor que este ano, todos e todas sodes igual de válidos. Como non, cada quén coas súas particulariedades, uns mellores en números e cálculo mental; outros cunhas dotes artísticas abraiadoras; outros apasionados da lectura ou cunhas dotes creativas para redactar textos...

Por aquí deixo unha foto como recordo,

Vos mando todos os meus mellores desexos!

A vosa titora,

Bárbara

Agárdavos 5º E.P.!!
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031