Visitamos a Casa Museo Rosalía de Castro.

16/02/23

As alumnas e os alumnos de 5º nivel de EP gozaron dunha xornada marabillosa en Padrón, visitando a casa museo de Rosalía de Castro. Despois de escoitar as explicacións da guía sobre a historia da casa, do museo, e de estar moi atentos aos detalles que lles contou sobre a vida e a obra da nosa autora universal, adicáronse a percorrer "paseniño, paseniño" os distintos espazos da casa. Desfrutaron descobrindo todos os mobles, fotografías, escritos, cadros e máis obxectos, que aínda se conservan. 

Aproveitaron a visita para ampliar a información que xa tiñan sobre Rosalía e así continuar desenvolvendo o proxecto "Santiago cultural". O produto final deste proxecto, elaborado nos equipos cooperativos dos grupos-clase, é un folleto-guía da viaxe que realizarán a Santiago no mes de marzo visitando, entre outros, o Panteón de Galegos Ilustres no que repousan os restos da poeta Rosalía.

Despois de descansar ollando o fermoso xardín, despedíronse desta inesquecible viaxe cunha escolma poética.

Esta visita foi custeada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa "Rosalía, a súa casiña, o meu lar" do servizo de Patrimonio Material e Memoria Histórica. 

AdxuntoTamaño
Tod@s na entrada.jpeg531.65 KB
Todo o grupo, en escaleiras.jpeg443.27 KB
Na casa 1.jpeg295.31 KB
Na casa 2.jpeg334.28 KB
Na cociña.jpeg382.39 KB
Na habitación.jpeg341.49 KB
Observando na cociña.jpeg185.95 KB
Lendo as informacións.jpeg270.85 KB
Anotando información.jpeg331.86 KB
Debuxando.jpeg284.54 KB
Merendando 1.jpeg421.63 KB
Ombú da Casa de Rosalía.jpeg313.61 KB
Todos-as diante do Ombú.jpeg355.61 KB
Xardín.jpeg621.95 KB
A CASA DE ROSALÍA.jpg297.4 KB
COCIÑA DE ROSALÍA.jpg267.1 KB
ESCUDOS.jpg311.17 KB
ESCUDOS 2.jpg331.6 KB
HABITACIÓN DE ROSALÍA.jpg216.84 KB
MERENDANDO 2.jpg351.6 KB
MERENDANDO 3.jpg384.79 KB
OS FILLOS DE ROSALÍA.jpg158.03 KB
SALÓN DE ROSALÍA.jpg238.68 KB
VENDO A CASA.jpg232.63 KB
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031