Equipo de dinamización lingüística
Exposición do Graffiti
O pasado 5 de febreiro o alumnado de 2º da ESO gozou dunha exposición sobre a arte urbana do Graffiti, organizada por Gonzalo garcía no salón de actos, onde vimos como a arte máis rompedora e vangardista tamén se expresa na nosa lingua. Porque o futuro será o que nós queiramos, ou? Moito nos prestou!
Bai de teatro!
Velaquí estamos, a xente teatreira do Cova Terreña con toda a ilusión do mundo para montar "O achado do castro" de Núñez Singala, esta primavera das letras. Nin as obras, nin as pingueiras, nin a imposibilidade de utilizarmos o salón de actos poden coas nosas ganas de vivir todas vidas que o teatro nos proporciona. Así que, alá imos. Teredes noticias nosas, prometido!!
REFRANEIRO
Xa temos os primeiros refráns relacionados co proxecto " Somos Auga "!
Están colocados nas escaleiras do Edificio Anexo do colexio de Fontes- Baíña.
Paseniño paseniño seguirá medrando este recuncho, cheo xa de anacos da nosa cultura popular.
Noraboa ao alumnado de primaria por esta fermosa actividade!
DÍA DE ROSALIA DE CASTRO
|
||
24 DE FEBREIRO |
||
|
||
RECORDANDO A ROSALÍA |
||
|
||
|
||
|
SAMAÍN
S A M A Í N 2018
|
||||||||
SAMAÍN chegou, e polo cole apareceron: bruxas, demos, monstruos, vampiros e vampiras, momias e todo tipo de seres terroríficos. Aquí van unhas imaxes das actividades propostas dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
|
|
|||||||
A C T I V I D A D E S I N T E R A C T I V A S |
||||||||
PREMA NAS IMAXES
|
||||||||
Unidade didáctica para Infantil e 1º ciclo Primaria Unidade didáctica "Historia do Samaín"
MÁIS ACTIVIDADES NO BLOGUE http://lapicerosdecolores1.blogspot.com/
|
CARTEL E LEMA
Por segundo ano consecutivo a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Val Miñor organizou o 2º concurso "CARTEL E LEMA" no que participou o noso alumnado de 6º de Infantil e 2º de Primaria. Os traballos seleccionados nos centros estiveron expostos no CC Ramallosa dende o 12 ao 19 de maio.
ACTO DE ENTREGA DE AGASALLOS
O pasado venres 27 de maio tivo lugar no Auditorio Lois Tobío de Gondomar o acto de entrega de agasallos aos traballos seleccionados no I CONCURSO DE CARTEL E LEMA organizado pola Coordinadora de Normalización Lingüística do Val Miñor. Do noso centro participaron os alumnos e alumnas do 2º ciclo de Primaria, sendo seleccionado o traballo colectivo realizado polo alumnado de 4º B.
NORABOA, e grazas por participar!!
Recolleron o agasallo en representación do alumnado de 4º B: Cristina, Laura, Carla e Nerea.
No acto contouse coas actuacións de Anxo Moure e o Grupo de Música do IES Auga da Laxe
CARTEL E LEMA
Durante os días 16 ao 27 de maio tivo lugar a exposición do I CONCURSO CARTEL E LEMA , organizado pola coordinadora de normalización lingüística do Val Miñor , de educación infantil e primaria, na que participou o alumnado de 2º ciclo de primaria do noso centro. Os traballos seleccionados estan expostos no centro comercial da Ramallosa.
Estes foron os traballos seleccionados no noso centro:
"O NOSO CORAZÓN LATEXA EN GALEGO. ÁBRELLE A PORTA!", realizado por Mauro, Eva, Valeria, Manuel A. e Rodrigo de 4º A.
"UNHAS RAÍCES FORTES AXUDAN A MEDRAR", realizado por Javier Español de 4º B
"PARA MEDRAR..... AMOR HAILLE QUE DAR!", realizado por todo o alumnado de 4ºB
FOTOS DOS TRABALLOS REALIZADOS QUE QUEDARON NO CENTRO: