6ºEd.Primaria

24 de febreiro. DÍA DE ROSALÍA. Proxecto: " Mulleres. Unha nova mirada ".

No día de hoxe, Rosalía de Castro foi a gran protagonista. 

Os alumnos e as alumnas de 5º e 6º , ao longo da mañá, navegaron con rumbo pola vida da nosa insigne escritora e polos seus versos. Quixeron recitar poemas que coñecen ben e tamén mergullarse noutros máis descoñecidos para eles e elas. Como agasallo para as súas familias elaboraron flores de papiroflexia con pétalos cheos de verbas, versos e poemas de Rosalía.

 

Coa tarefa  “ Un poema cada día ” intentaremos que a poesía entre nas nosas aulas dun xeito máis motivador.

 

 

O alumnado tamén participou na actividade proposta polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega : “ Todos e todas somos Rosalía”.

 

 

   Rosalía, nai e señora, poeta insigne, poesía universal.

Así comeza, no Dardo poético (LXXI) do blog-revista Versos e aloumiños, “ Unha homenaxe a Rosalía de Castro no seu día ”.

 

Compartimos este enlace que nos fixo chegar o seu autor, o noso prezado Antonio García Teijeiro.

http://garciateijeiro.blogspot.com/

 

 

MULLERES. UNHA NOVA MIRADA.

Mulleres…, unha nova forma de mirar. 

                                             Miradas...

                                           Do pasado, moi presentes, futuras...

Este proxecto, con carácter globalizador e interdisciplinar,  promove o traballo colaborativo entre profesorado do terceiro ciclo de primaria. O alumnado de 5º e 6º desenvolverá as tarefas propostas co obxectivo de acadar unha maior sensibilización cara ao papel da muller na sociedade.

Fomentarase, a través das distintas actividades, a interrelación ( respectando as medidas sanitarias) entre os alumnos e as alumnas dos catro grupos-clase. Intentaranse crear vínculos emocionais entre eles e elas, que por mor da situación que estamos vivindo, son máis necesarios ca nunca.

Algunhas das tarefas  que se enmarcan dentro deste proxecto e que desenvolverán estándares das materias de lingua galega e literatura, lingua castelá, ciencias sociais, matemáticas, educación artística ( plástica e música) e lingua inglesa son:

  • Cada día un poema de Rosalía.
  • Coñecemos a lavandeira de San Simón.
  • Saxofonistas en Sax Simón.
  • Mulleres.
  • As pegadas das mulleres en Baiona.

PROTOCOLO ACTUACIÓNS/ MEDIDAS

Bo día

Deixamos a vosa disposición o protocolo de actuacións e medidas en caso de confinamento.

Un saúdo

LISTADO MATERIAL 6º NIVEL

Bo día,

Dámosvos a benvida a éste novo curso.

Deixamos a vosa disposición o listdado de material.Na reunión que terá lugar o día 9 explicaremos polo miúdo esta relación de material, informando sobre aspectos específicos dalgunha materia.

Un saúdo

Boas vacacións!

 

Prezado alumnado

 

Desexamos que gocedes dun merecido descanso.

Deixámosvos os últimos enlaces dos vídeos creados coas vosas aportacións.

3º vídeo: https://youtu.be/e_xBkK55AHk

4º vídeo: https://youtu.be/QeR_-9ttrCU

Con eles remata o proxecto “ Espazos e Miradas”, serán unha fermosa lembranza deste tempo.

 

Unha aperta.

Profesorado implicado no proxecto.

 

AUGA. Espazo e Mirada.

Prezado alumnado.

Esperamos que todas e todos esteades ben.

Nestos últimos días de curso, compartimos con vós uns enlaces nos que “ miraredes” creacións artísticas nun “espazo” especial. Nesta ocasión, a música e a creatividade, están relacionadas co lema que tiñamos este ano no colexio : “ Somos Auga” .

 

Música baixo a auga: https://youtu.be/8JUDHzkeUHo

Órgano de Zadar- Croacia: https://youtu.be/_RwQASM9rvk

Concerto de xeo: https://youtu.be/8nYPH_KPyCM

Banda “subacuática”: https://youtu.be/PVQW4UeiF2w

 

Esperamos que vos gusten.

Nos arquivos adxuntos podedes ver algunha das tarefas que pertencen ao cartafol de “ Espazos e Miradas”.

 

Unha aperta.

Coidádevos moito.

 

"Espazos e Miradas" con Logo. 1 de xuño.

Prezado alumnado.

Esperamos que todos e todas esteades ben.

Xa temos Logo gañador!

Foi moi complicado escoller só un. Parabéns pola vosa participación!

 

                                                    Autora: María Durán Rodríguez

A materia " Espazos e Miradas", creada na plataforma E-Dixgal para recoller as tarefas relacionadas co noso proxecto, dende agora xa ten imaxe!

Xa estamos en xuño! Na recta final deste “diferente” curso escolar. Toca reflexionar sobre o acontecido. Propoñémosvos que escollades tres recordos que vos acompañaron no confinamento e que vos axudaron a que o tempo transcurrise mellor. Poden ser tanto obxectos “físicos” ( un libro, un xoguete, unha roupa, ...) como tratarse dunha canción determinada, dunha frase que repetiades cada día na vosa casa, dunha comida que vos deixou no recordo, un sabor.

Serán os “obxectos” máis especiais da vosa “ maleta do tempo”.

O cartafol Portafolio “Espazos e Miradas” medra cada día. Nel estades gardando todas as tarefas, actividades, fotos, vídeos, etc relacionados co proxecto.

Nos arquivos adxuntos podedes ver algunha das tarefas que estamos desenvolvendo e que gardaredes neses “espazos”.

Seguimos preparando montaxes coas vosas creacións artísticas. Subirémolos á web ao longo vindeira semana.

Como agasallo para que vos sirva de inspiración, pero sobre todo para acompañarvos neste último esforzo final, deixámosvos estos enlaces .

Baixo as vosas atentas “ miradas” contemplade como o corpo pode crear Arte en diversos espazos.

Enlaces: Coreografía con manos

               Danza

Escuela de danza media Punta de Vigo : Fusión de muiñeira y hip-hop

A semana pasada realizáchedes unha actividade sobre Beethoven. Nesta ocasión, a súa música acompañaravos no seguinte vídeo: Van Gogh con música de Beethoven

Outros espazos, outra época : Impresionismo con música de época

Esperamos que vos gusten. Están seleccionados con todo o noso agarimo.

Continuaremos, como todas as semanas, con actividades de repaso, reforzo e afianzamento das distintas materias. Informarémosvos sobre as mesmas no contacto diario que temos con vós.

Unha aperta.

Coidádevos moito.

Equipo Docente.

De 6ºEd.Primaria á ESO

Estimado alumnado e familias,

Todos os anos facemos unha xornada de convivencia para o alumnado que inciará a súa formación en 1º Educación Secundaria na que coñecer a novos compañeiros e compañeiras. E tamén unha reunión co alumnado e coas familias para despexar dúbidas sobre a nova etapa que vos está a agardar.

Este ano será diferente, a través dunha videoconferencia. Queremos contar con todos e todas vós, alumnado e familias, para presentarvos esta etapa educativa, as materias optativas da etapa, a membros do equipo docente e algunha información dende o departamento de Orientación.

Agardámosvos, luns 1/xuño, ás 13h, por videoconferencia:

https://eduxunta.webex.com/meet/isabel.cabaleiro

(Número de reunión: 844 648 050)

Un saúdo do equipo directivo

 

Continuamos creando. 25 maio.

 Prezado alumnado.

 Esperamos que todos e todas esteades ben.

 Antes de nada agradecervos as fermosas propostas para o Logo do noso proxecto. Aínda que era unha actividade voluntaria, esforzástesvos moito para que “ Espazos e Miradas” teña cada vez máis identidade. Ao longo desta semana comunicarémosvos o Logo gañador.

Lembrade gardar no cartafol nomeado como Portafolio “Espazos e Miradas” todas as tarefas, actividades, fotos, vídeos, etc relacionados co proxecto. Será parte da vosa “ maleta do tempo”, con recordos desta situación que estamos vivindo. Falaremos máis polo miúdo desta “ maleta” na vindeira semana, que xa estaremos no mes de xuño, coincidindo coa recta final deste curso.

Nos arquivos adxuntos podedes ver algunha das tarefas que estamos desenvolvendo e que gardaredes neses “espazos”.

Xa temos o seguinte vídeo coas vosas creacións artísticas!

“ Miradas” dende as vosas ventás, “ Espazos” deseñados con creatividade e pinceladas de surrealismo. Versos, caligramas, onomatopeias... dan sonoridade aos fermosos traballos que realizades. Parabéns!

2º Vídeo: https://youtu.be/7uN-REoNzzE

Continuaremos tamén con actividades de repaso, reforzo e afianzamento das distintas materias. Informarémosvos sobre as mesmas no contacto diario que temos con vós. Tamén sobre os cambios que se realicen dos horarios de chats e vídeoconferencias.

 Unha aperta.

Coidádevos moito.

Equipo Docente.

"Espazos e Miradas". 18 maio.

Prezado alumnado.

Esperamos que todos e todas esteades ben.

 

Hoxe celébrase o Día Internacional dos Museos.

Con algunhas das fotos, dos cadros e versos do alumnado dos catro grupos do ciclo, preparamos o 1º Vídeo do proxecto “ Espazos e Miradas”.

Convidámosvos a unha visita a este “museo” virtual para “ mirar” e gozar con algunhas das vosas creacións.

                              Miradas dende a ventá

                              Espazos a fotografar.

 

                              Silencios, sonoridade,

                              versos con creatividade!

 

Enlace: 1º Vídeo " Espazos e Miradas"

Oxalá vos guste. Está feito con todo o noso agarimo.

A este 1º vídeo seguiranlle moitos máis, para publicitar o voso traballo e compartir cos demais os vosos sentimentos e as vosas emocións.

O noso proxecto medra día a día. Imos darlle identidade, crear unha imaxe que o identifique.

A proposta plástica para esta semana é a elaboración dun LOGO para o noso proxecto, “ Espazos e Miradas”. Escolleremos o que mellor nos represente. Enviade unha foto moi moi ben feita! A técnica é libre, podedes empregar os materiais que queirades. Sorprendédenos!

Enviade a foto da vosa proposta ás “ manciñas” LOGO, que están no tema 1 de Plástica antes do vindeiro venres 22. Ánimo!

 

A proposta musical para esta 2ª quincena de maio ( do 18 ao 29) son as seguintes actividades:

Tarea 1: definir os seguintes términos musicais: metrónomo, banda, coro, orquesta,

Tarea 2: presentar os acontecementos destacados da vida de Beethoven en forma de viñetas (máximo una páxina)

Un enlace para que vos axude: Beethoven

Os deberes de música enviádellos á profe Rosa ao correo rjimenez@edu.xunta.gal Escribide en "asunto" o voso nome, apelidos e grupo-clase.

 

Rematamos cun vídeo para celebrar as Letras Galegas.

                                             "Adiós ríos, adiós fontes.

 

Lembrade: Seguiremos desenvolvendo actividades de repaso, reforzo e afianzamento das distintas materias. Informarémosvos sobre as mesmas no contacto diario que temos con vós e a través das canles de comunicación que empregamos normalmente.

Unha aperta.

Coidádevos moito.

Equipo docente.

 

 

Ímonos de Festa

ÍMONOS DE FESTA!!!

Boas nenos e nenas:

Queremosvos propoñer unha actividade de Relixión, un pequeno xogo...

Durante esta tempada, pasamos por festas Cristiás que non poidemos celebrar como facíamos habitualmente (Semana Santa, Pascua, etc..).

Igual que na Relixión Cristiá, hai outras relixións que teñen tamén as súas festas, e este ano celebráronse dun xeito diferente.

Como xa levamos tempo na casa e temos ganas de sair e celebrar algo, imos ver si aproveitamos esta situación para aprender algo dalgunhas festas que se celebran noutras relixións e crenzas e facemos a nosa "versión" da festa co que temos a mán...

Escollimos 4 festas que se celebran nestas datas. So tedes que poñerlle imaxinación e crear algo na casa (unha comida, un espazo ambientado, unha manualidade, unha vestimenta, etc..) que teña relación con esa festa..

Logo podedes facer unha foto e enviala a: relitamenquedanacasa@gmail.com

ou compartila no álbum creado na mesma conta: https://photos.app.goo.gl/rdf2YX3gziERVe3X7

Non vos esquezades de poñer o nome e o curso, se non, non imos saber de quen é a imaxe!

Ao final deste confinamento faremos unha exposición onde poidamos ver as vosas ideas para estas celebracións.

Tedes toda a información no arquivo adxunto.

Ánimo!!!

"Espazos e Miradas". 11 maio.

Prezado alumnado.

Esperamos que todos e todas esteades ben.

Seguiremos, unha semana máis, desenvolvendo actividades de repaso, reforzo e afianzamento das distintas materias. Informarémosvos sobre as mesmas no contacto diario que temos con vós e a través das canles de comunicación que empregamos normalmente.

O noso proxecto “ Espazos e Miradas", xa está dando os primeiros froitos.

      Parabéns polo voso esforzo e creatividade!

Nos arquivos adxuntos podedes ver algunha das tarefas do proxecto.

Unha aperta.

Coidádevos moito.

Continuamos co proxecto " ESPAZOS e MIRADAS"

Prezado alumnado.

Esperamos que todos e todas esteades ben.

Unha semana máis continuaremos repasando e afianzando contidos das distintas materias e tamén desenvolvendo o noso proxecto.

Como novidade, informámosvos da creación dunha materia nova na plataforma E-Dixgal que nomeamos “ Espazos e Miradas” e na que iremos subindo todos os materiais e as tarefas relacionadas con este proxecto.

Transmitirvos que estamos moi contentos ao comprobar que traballar deste xeito está sendo motivador para que queirades ser uns e unhas marabillosos investigadores, escritores, poetas, artistas e científicos mentres estades desenvolvendo as distintas tarefas que vos propoñemos.

Parabéns!

Unha aperta.

Coidádevos moito.

Equipo Docente

Traballando desde as nosas casas.

Prezado alumnado:

Ao longo deste trimestre,  repasaremos e afianzaremos contidos das distintas materias e tamén desenvolveremos o proxecto:

"ESPAZOS e MIRADAS”

Espazos… Miradas… , estas dúas palabras adoitan ter moitos e variados significados dentro desta situación que nos está tocando vivir. 

 

Este proxecto, con carácter globalizador e interdisciplinar,  promove o traballo colaborativo entre profesorado do voso grupo-clase. Estará debidamente titorizado, e as tarefas que vos propoñemos atoparédelas especificadas e subidas na plataforma E-Dixgal. Detallarémolas, polo miúdo, no contacto diario que temos con vós. 

Tarefas:

Lingua Castelá.  Diario de un confinamiento. “Desde mi ventana”.

A elaboración deste Diario significa a creación dunha  valiosa testemuña sobre as vivencias de cada un.

Lingua Galega. Versos que contan historias. 

Lendo, escribindo, e gozando coa poesía, soñaremos novos espazos.

VALORES. Reflexionamos para seguir medrando.

Resiliencia, autocontrol, empatía, cooperación… palabras que nos fan sentir, palabras que provocan miradas diferentes.

CCNN. Investigando para comprender. 

Virus? Bacteria? Epidemia? Pandemia? Aparato respiratorio? Hábitos de hixiene? Buscaremos respostas.

CCSS. Viaxando por este acontecemento do século XXI. 

Xeografía e adaptación/produción das empresas co Covid-19.

MATEMÁTICAS. Un bo ingrediente.

No espazo da nosa cociña, a miúdo, botamos man das matemáticas. Medimos, pesamos, facemos cálculos e estudamos proporcións para elaborar receitas en familia.

INGLÉS. World situation.

World Health Organization & Covid-19. Let's learn about it!

PLÁSTICA. Novas miradas cambiando espazos.

Arte compartida en familia.

MÚSICA. No dejes de soñar.

Espazos sonoros e de silencio entre miradas.

EDUC. FÍSICA. Espazos diferentes para o movemento.

RELIXIÓN. As Grandes Relixións.

Que resposta se da entre as grandes Relixións a esta situación que estamos vivindo?

Como xa vos dixemos, todas as tarefas enmarcadas no proxecto “ Espazos e miradas”, irémolas desenvolvendo, pouquiño a pouco, ao longo destas semanas. 

Unha aperta.

Coidádevos moito.

Equipo docente.

 

 

 

 

Ola de novo!

Prezado alumnado.

Esperamos que todos e todas esteades ben.

Ao longo desta semana, mentres esperamos instrucións para este trimestre, seguiremos en contacto diario con vós, no mesmo horario de chat.

A profe Mili mándavos uns abrazos de despedida e a profe Rosa moitos bicos de benvida e os seguintes enlaces a uns vídeos. Serviranvos para traballar a escoita activa, a memoria visual, a discriminación auditiva e a observación.

https://www.youtube.com/watch?v=e0pecj7ZCcQ

Canción: “Lavado de manos”. Neste divertido vídeo, Elmo e Clara recórdannos a importancia de lavar ben as mans. Despois de escoitar a canción e cantala, podedes inventar outra coreografía, debuxar estos personaxes, elaborar carteis publicitarios fomentando hábitos hixiénicos, xogar a cambiar a letra da canción por outra creada por vós, etc.

 

https://www.youtube.com/watch?v=AB7WKhHtVDU

Canción: “ Negra Sombra”. Música tradicional galega.

Este fermoso vídeo acércanos ás nosas costumes e a lugares que pronto percorreremos de novo. Escoitade a canción, intentade identificar as paisaxes e a voz feminina. Tamén podedes investigar sobre a temática e a autora galega na que está baseada esta canción.

 

Coidádevos moito.

Unha aperta.

Merce, Carlos, Manuel, Santi e Rosa.

 

 

 

 

Manualidades Religión para Semana Santa

Estimadas familias:

Aquí vos deixo unhas manualidades por si queredes facer durante esta Semana Santa un pouco "especial". 

Nos vos esquezades de disfrutar das vacacions!!!

Palma de Ramos sinxela: https://www.youtube.com/watch?v=k86GKOp_phg

Decoración Domingo de Ramos: https://www.youtube.com/watch?v=wr3WcGGXIGM

Deixovos outras ideas nos adxuntos.

Un saúdo e coidadevos moito!

María.

NOVAS TAREFAS. 30 de marzo.

Prezado alumnado.

Antes de nada queremos darvos a noraboa pola vosa actitude á hora de traballar telemáticamente desde as vosas casas. O feito de que diariamente estemos en contacto uns cos outros nas sesións de chat, tendo momentos para as risas e as confidencias, fai que esta situación sexa máis levadeira para todos. Gracias.

Desde este luns, 30 de marzo, seguiremos traballando con algunhas das actividades da semana pasada e con propostas novas que vos mencionamos a continuación.

Lingua Castelá. Tema 8.

Continuamos coas actividades propostas.

Lembrade que a data límite para enviar o “Texto argumentativo” é o vindeiro venres día 3. Ánimo!

Lingua Galega. Tema 8.

Continuamos coas actividades propostas.

Lembrade que a data límite para o envío da “ Historia en 1ª persoa”é o venres 3. Seguro que vos sae moi ben.

Esta semana inauguramos o noso “ Club de Lecturas Curtas”. No tema 4 de LG iremos subindo distintos textos : microrrelatos, poesías, relatos curtos, etc. para que gocedes coa lectura en galego. Cada semana , ou de vez en cando, escolleremos un texto para comentalo no chat do luns.

Unha lectura en profundidade destas pequenas narracións, fixándovos no vocabulario, nas expresións utilizadas, etc vai axudarvos a mellorar a vosa expresión escrita, tan importante á hora de elaborar as vosas propias creacións; sen esquecer que un dos obxectivos desta actividade é o entretenemento.

Ciencias da Natureza. Tema 6.

Lembrade entrar nas ligazóns que vos ofrece o tema para repasar e ampliar coñecementos.

Continuade elaborando o traballo “ Os órganos dos sentidos”. Se queredes enviarnos algunha foto sobre o que estades creando, xa sabedes que podedes mandalas ao correo de gmail que temos habilitado.

Ciencias Sociais. Tema 7. Descubrindo a Historia.

Na historia deste século XXI quedará recollido como un dos feitos máis destacados, a pandemia do “ Covid-19”.

Na páxina 3 deste tema traballaremos con termos como: era, época, xeración, etc, e aprenderemos a medir o tempo e a situar nel os acontecementos históricos.

Facede a actividade 1 e os interactivos.

Matemáticas.

Seguimos con el tema 10. Los ángulos.

Inglés.

Hello guys!!

Here you are the activities of this week.

We are going to review:

- some / any

- superlative adjectives

- simple past

- simple past – irregular verbs

- going to

Como veis, algunas cosas son de unidades anteriores. Todo lo que os propongo son actividades para hacer en el ordenador. Para eso tenéis que ir al siguiente enlace http://englishcasillas.blogspot.com/p/6-primaria.html

Una vez ahí, buscáis los contenidos a repasar y hacéis las siguientes actividades:

1. Some / Any : act 1 y act 2

2. Superlative : act 1 y act 2 ( no hagas caso al enunciado, pone comparative pero son superl)

3. Simple past : act 1 (repasa expresiones tiempo), act 2 (ejerc 1 y 2), act 4 (ejerc 5 y 6)

4. Simple past – Irregular verbs. Watch video, more games to practise, act 2 (crossword)

5. Going to : act 2 y 3.

REMEMBER: WE CAN TALK EVERYDAY FROM 11:00 to 11:30 (6ºA)

                                                 FROM 11:30 to 12:00 (6ºB)

PD: Si queréis, podemos ir haciendo juntos algunos ejercicios .

Valores. Tema 3.

O altruísmo é a capacidade para buscar o benestar do outro sen pensar nun mesmo.Está estreitamente unido ao valor da solidariedade e persegue o benestar desinteresado dos demais. Para reflexionar sobre isto, que está tan relacionado co que estamos vivindo, ide á páxina 5 e facede as actividades 1 e 2.

Música. Tema 1. “Más que Bach”.

Continuamos con las actividades propuestas la semana pasada.

Recordad seguir las indicaciones que os doy en cada ejercicio.

Correo de contacto: quedatencasamusica7@gmail.com

Plástica.

Seguimos coas mesmas actividades, debuxando con líneas.

Tedes no tema 1 uns arquivos con exemplos dos debuxos que podedes facer.

Seguro que nos gustan máis os vosos!

Ide gardando todas as vosas obras para que despois formen parte da carpeta de plástica.

Continuaremos facilitando información sobre as tarefas a realizar, e que subimos á plataforma E-Dixgal, polas canles que xa coñecedes: mensaxería, chat e correos de contacto.

                     quedatencasa6A@gmail.com

                     quedatencasa6B@gmail.com

Coidádevos moito.

Un saúdo.

Carlos, Manuel, Santi, Mili, Merce e Jessica ( auxiliar de conversa)

 

 

 

 

TAREFAS desde o 23 de marzo.

Prezado alumnado.

Seguimos en contacto a través do chat diario e da mensaxería do E-Dixgal para secuenciar as actividades que propoñemos, dar as instruccións que se precisen e responder ás dúbidas que se plantexen. Esta plataforma tamén nos permite facer seguimentos e dar instruccións personalizadas segundo as necesidades que se detecten.

Traballaremos desde o luns 23 nas distintas actividades que vos propoñemos.

Lingua Castelá. Tema 8.

Da man de Harry Potter e a súa variña, moverémonos por este tema. En todos os encantamentos poden aparecer palabras compostas e derivadas, multitude de adverbios e palabras con “g “e “j”. Se aprendemos as súas regras pode que algún día escribamos un feitizo digno do mellor dos meigos.

Neste tema repasaremos tamén a métrica e a rima nos poemas. O sábado 21 foi o “ Día Mundial da Poesía”. Para nós tamén era o día de celebración da nosa Xornada Poética. Animámosvos a seguir investigando e creando fermosos versos que formarán parte deste proxecto que desexamos levar a cabo noutra data.

Actividades para practicar todo o mencionado antes:

- Páxina 1. Actividades 1, 6 , 7 e interactivos.

- Páxina 2. Actividades 1, 2 e interactivos.

- Páxina 3. Interactivos.

- Páxina 4. Interactivos.

- Páxina 5. Interactivos.

- O texto argumentativo ( actividade 7 da páxina 6 ) enviádeo a tarea ( “manciña”) que estará neste tema 8 e chamarase “ Texto argumentativo LC”

Lingua Galega. Tema 8.

Un parágrafo de “ Verbas de sal” de Antonio García Teijeiro introduce este tema no que repasaremos varios contidos de ortografía e gramática e aprenderemos novo vocabulario. Practicaremos a narración en 1ª e 3ª persoa. Seguro que vos saen textos fermosos que llos podemos facer chegar ao noso poeta convidado á Xornada Poética. Animádevos e escribide moito moito estos días. Cando nos xuntemos leeremos estas creacións.

Actividades deste tema para facer:

- Páxina 1. Actividade 1 e interactivos.

- Páxina 2. Actividades 1, 2, 3 e interactivos.

- Páxina 3. Interactivo.

- Páxina 4. Interactivos.

 - Páxina 5. Actividade 2 e interactivos. Nesta páxina estudade moi moi ben os seguintes homónimos: haber- a ver; hei- ei; hai- aí- ai.

 - Páxina 6. Actividades 1 e 2.

- A historia en 1ª persoa ( actividade 2 da expresión escrita da páxina 6) enviádea a tarea

( “ manciña”) que estará neste tema 8 e chamarase “ Historia en 1ªpersoaLG”.

 Ciencias da Natureza. Tema 6. “ Relacionámonos e reproducímonos”

 Lembrade entrar nas ligazóns.

- Páxina 1. Actividade 2. Interesantes artigos sobre as ilusións ópticas.

- Páxina 2. Os órganos dos sentidos.

Propoñémosvos a elaboración dun pequeno traballo sobre “ Os órganos dos sentidos”. O formato é libre. Pode ser no Libre office Impress ou podedes facer unha manualidade. Empregando material que teñades por casa ( folios , cartulinas, revistas, periódicos, etc ). Atrevédevos tamén a facer experimentos sinselos! Por exemplo. Tapade o nariz mentres comedes. Sábevos igual a comida? ou metede obxectos nunha bolsa e que outras persoas adiviñen de que se trata por medio do tacto.

Ciencias Sociais. Tema 7. Descubrindo a Historia.

Ao longo destas semanas ides ser poetas, científicos/as, escritores/as e agora...detectives do pasado!

Neste tema atoparedes as ferramentas básicas para que sexades uns bos historiadores e unhas boas historiadoras!

- Páxina 1. Actividade 1 e interactivo.

- Páxina 2. O Reto e os interactivos.

Matemáticas. Tema 10

“ Ángulos”

Seguiremos con la misma dinámica de trabajo. Se mantiene el mismo horario del chat .

Inglés. Unit 4. “ At the doctors”

 - Lesson 5. Sobre el verbo NEED TO, necesitar y HAVE TO, tener que. Os dejo tabla conjugación verbo NEED TO.

  • Actividad 1: READ and LISTEN

  • Actividad 2: COMPLETE, en folio o libreta

  • Lee el cuadro de GRAMMAR

  • Actividades 4 y 5

- lesson 6.Trata sobre lo que necesitas (need to) para estar en forma (fit) y sano (healthy)

  • Actividad 1 : Traduce el texto en la libreta intentando descubrir las palabras que faltan.Cada punto es una letra.

  • Actividad 2 : Listening

  • Actividades sobre el texto 2, 3, 4, 5, 6

  • Actividad 9 : Copia esos refranes en la libreta intentando adivinar las palabras que representan los dibujos y tradúcelos.

- lesson 7.Es un texto sobre Pilates. Escuchad el Listening y leed el texto que os envío.

  • Actividades 5, 6, 7, 8, 9

- Lesson 8. Es un texto sobre una ONG llamada COMIC RELIEF (alivio cómico, recurso cómico...) y el día de la NARIZ ROJA que se celebra para recaudar dinero. Preguntad dudas en el chat.

  • Tradúcelo en la libreta y haz actividad 2.

Envío 2 adxuntos : 1. Need to e 2.- Pilates.

Os dejo aqui unos enlaces con juegos y otras actividades.

https://agendaweb.org/

 http://www.funenglishgames.com/

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/e

http://www.eslgamesworld.com/

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-de-ingles

Valores. Tema 3. Falamos.

- Páxina 4. Actividade 4 e interactivo.

 

Música.Tema 1. “Más que Bach”.

Seguir las indicaciones que os doy en cada ejercicio.

- Pág. 6. Leer la información sobre Johann Sebastian Bach y el cuadrado “Recuerda”.

- Pág. 7.

  • Ejer. 3. Practica el ritmo, primero con palmas y luego con los pies (recuerda alternar pie, no vale hacerlo con los dos pies juntos)

  • Ejer. 4. Escucha la audición. A continuación lee la información sobre el “minué”.

  • Ejer. 5. Intenta marcar el pulso de la pieza (con palmas, lápiz, golpes en la mesa...) haciendo más fuerte el primer pulso.

Aquí os dejo un vídeo donde podéis ver una danza minué:

https://www.youtube.com/watch?v=UUIfggcILEk

- Pág. 10. Leer la información.

  • Ejer. 8. Leer y escuchar las audiciones.

  • Laboratorio del alquimista: completar las características del Barroco con la información que os dan en el Tema 1.

Correo de contacto: quedatencasamusica7@gmail.com

Plástica

Ademais de seguir coa actividade de artística que tedes na web e no tema 1 de Plástica, podedes empezar a tarefa que puxemos no apartado Proxectos, Seccións Bilíngües, na web e no tema 1 de Plástica tamén.

Line Drawing Lesson.

Let’s Draw like Picasso!

O enlace ao apartado de Seccións Bilíngües onde están os ficheiros adxuntos a esta actividade

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicovaterrena/node/129ficheiros

Lembrade sempre que os exercicios, as actividades, etc que fagades en libreta ou folios debedes ir gardandoos ben clasificados. Comprobade tamén que os cartafoles creados no voso escritorio os teñades ben nomeados.

Continuamos co mesmo horario de chat co profesorado.

Lembramos correos de contacto: quedatencasa6A@gmail.com

 

                                           quedatencasa6B@gmail.com

Un saúdo

Merce, Carlos, Manuel, Santi , Mili e Jessica.

SEGUIMOS TRABALLANDO

Prezadas alumnas e prezados alumnos.

Despois destos días de adaptación ao traballo na casa, enviámosvos propostas de actividades de materias que tiñan só unha hora ( EF dúas) á semana de carga lectiva. Preferimos esperar un tempo prudencial para subir estas tarefas e non saturarvos de información os primeiros días. Ánimo. Estades facendoo moi ben.

Artística: Música e Plástica.

La música programática(escenas narradas con música) tuvo su momento de mayor esplendor en el romanticismo y tiene como objetivo evocar ideas o imágenes extra-musicales en la mente del oyente.

Durante estas semanas trabajaremos con dos obras de Mussorgsky. La propuesta que os hacemos es que escuchéis las piezas y “narréis” en forma de dibujo (cuadro) lo que la música os evoca.

El dibujo se hará en folio o, si es posible, en cartulina tamaño folio.

Las obras son “ El mercado de Limoges” y “ Bydlo”

El mercado de Limoges:

Comienza brevemente la trompa, a la que se le añaden la cuerda, madera y percusión, creando un ambiente de mercado.

https://www.youtube.com/watch?

El cuadro representa el bullicio formado por las vendedoras del mercado con sus charlas y discusiones.

Bydlo:

El trombóm acompañado por los contrabajos y fagots, interpreta suavemente el tema principal. Cada vez con más fuerza intervienen los violines acompañados por toda la orquesta. Mientras los timbales marcan el compás.

https://www.youtube.com/watch?

El cuadro representa una carreta típica polaca tirada por bueyes. En la música de Mussorgsky, la carreta se acerca lenta y pesada, y se aleja gradualmente.

No tema 1 de Plástica tedes un pdf con indicacións máis detalladas sobre esta actividade.

Un saúdo.

Mili e Merce.

 

Educación Física.

Comenzaremos o traballo de EF que xa estaba marcado de antemán. Lémbrovos que podedes escoller entre os seguintes temas:

- Alimentación e deporte-

- Primeiros auxilios no deporte.

- Hixiene no deporte.

Seguiremos coas instruccións para a realización do traballo, e coas indicacións para que fagades exercicio, na sesión de chat que tendes conmigo.

Un saúdo.

Manuel V.

 

Valores. Tema 3

- Páxina 1. Conto:” A faísca de María Enriqueta”

- Páxina 1, actividade 1.

- Páxina 3. actividade 1.

Un saúdo.

Mili e Merce.

Desexando que pasedes estes días o mellor posible. O contacto directo e diario que temos con vós de 10:00 a 13:00h ( ás veces ata ás 14:00h) fai que a comunicación sexa áxil e fluída. Seguiremos así!

Actividades Relixión (6º Primaria)

TRABALLO RELIXIÓN (6º Primaria)

Nestas semanas que temos por diante debemos ter esperanza en que todo o que estamos a facer  vai ter a súa recompensa. XUNTOS IMOS LOGRALO!!!!

Aquí vos deixo algunhas ideas para poder continuar co proceso educativo neste momento que nos toca vivir.

Tamén deixo un enlace por si queredes facer algunhas actividades interactivas: https://relijuanjo.blogspot.com/2012/04/recursos-interactivos-editorial-anaya.html

E unha paxina cun montón de xogos para que non vos aburrades: https://relicasasnuevas.blogspot.com/p/juegos.html

Se tedes algunha dubida, podedes contactar comigo no correo: mariafernandez@edu.xunta.es

 

Un saúdo e coidádevos moito:

María.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031