6ºEd.Primaria

TRABALLANDO DENDE AS NOSAS CASAS

 Bo día.

Para que poidades continuar traballando na casa ao longo destos días, seleccionamos unha serie de actividades de distintas materias tendo en conta o número de sesións semanais correspondentes.

 

Alumnado 6ºA e 6ºB

Lingua Castelá. Tema 7.

- Páxina 6. Ler os poemas. Animádevos a escribir vós algúns.

- Páxina 6. Exercicios do 1 ao 7.

- Repaso da conxugación verbal.

- Repaso ortografía “ tilde en interrogativos e exclamativos”

 

Alumnado 6ºA e B

Lingua Galega. Tema 7.

- Páxina 6. Lecturas.

- Páxina 6. Actividade 2 e interactivo.

- Repaso do tempo nos verbos ( presente, pretérito e futuro)

- Repaso ortografía “b e v”.

 

Alumnado 6ºA

Ciencias da Natureza. Tema 5.

- Páxina 6. Exercicio 2. Tarefa sobre as doazóns.

 

Alumnado 6ºB

Ciencias da Natureza. Tema 5.

- Páxina 6. Avalíate e Reforza.

Completade o esquema sobre a nutrición.

 

Alumnado 6ºA

Ciencias Sociais. Tema 6.

- Páxina 6. Avalíate e reforza.

- Páxina 6. Exercicio 4.

 

Alumnado 6ºB

Ciencias Sociais.Tema 6.

- Páxina 3. Interactivos.

Elaborade un esquema sobre os diferentes tipos de empresas.

 

Alumnado 6ºA e 6ºB

 Matemáticas. Tema 6 da editorial Edebé

Los sistemas de medida”

 Clase diaria en el horario correspondiente del chat.

 

Alumnado 6ºA e B

Inglés. Tema 4 “ At the doctors”

- Lesson 2. Act. 1, 2, 3, 4 e 5. ( Engadín un vídeo explicativo sobre “ going to”)

- Lesson 3. Expresións e vocabulario sobre enfermidades e saúde . Actividades 1, 2, 3, 4, 5 e 6.

- Lesson 4. Presentación do verbo have to ( Tener que) Atoparedes un vídeo sobre isto.

Presentación de “ How often” ( con que frecuencia)

Actividades 1, 2, 3, 4 e 5.

 

Lembrade que para ampliar a información da cada tema tendes recursos de unidade, con galería de imaxes e glosario coas palabras clave , ademais de recursos de apoio como as ligazóns de novas e vídeos.

 

Ademais de poder comunicarnos pola mensaxería da plataforma E-Dixgal, estaremos en contacto diario para resolver as dúbidas que poidan xurdir no seguinte horario:

6ºA.

De 10 a 11 .- Manuel. Chat no tema 1 de matemáticas.

De 11 a 11:30 .- Santi. Chat no tema 3 de Inglés.

De 11:30 a 12:30.- Carlos. Chat no tema 7 de Lingua Castelá.

 

6ºB.

De 10 a 11.- Merce. Chat no tema 1 de Lingua Galega.

De 11:30 a 12:00.- Santi. Chat no tema 3 de inglés.

De 12:00 a 13:00.- Manuel. Chat no tema 1 de matemáticas.

 

O titor e a titora, nos seus chats , tamén poden facervos chegar avisos/ novas doutras materias.

 

Correos de contacto:

 

quedatencasa6A@gmail.com

quedatencasa6B@gmail.com

 

Unha aperta. Coidádevos moito.

 

 

 

 

 

 

 

 

QUEDAMOS NA CASA

Quedamos na casa, por ti, por min, por tod@s!

Estos días subiremos, a través da plataforma E-Dixgal, as posibles tarefas a realizar e tamén enlaces de interese para poder profundizar na adquisición dos diversos contidos.

Comprobade todos os días se hai novas na mensaxería e nas materias.

Estamos en contacto!

Bicos.

Información ás familias.

Prezadas familias.

Ante a situación creada pola alerta sanitaria queremos, ante todo, transmitirvos tranquilidade. As aulas de 5º e 6º somos E-Dixgal e contamos con ferramentas suficientes para poder contactar co noso alumnado, enviar tarefas e aclarar as dúbidas  que poidan xurdir. Empregaremos a mensaxería, o chat e a axenda dixital da plataforma.

Unha aperta.

Titores/as de quinto e sexto.

Cosemos Xuntos/as

 

Cos nosos compañeiros/as de 6º de Fontes tivemos unha fermosa sesión de convivencia.

Visitáronnos na aula de 6ºB, onde algúns socios/as de " Aloumiños de papel"  lles ensinaron a crear bólas navideñas, cosendo anaquiños de fieltro. 

 

Tempo de coser... tempo de falar...

                        de coñecernos un pouquiño máis.

 A 1ª bóla de Nadal rematada!

                  Pasámolo moi moi ben!

REUTILIZAMOS para crear un HORTO VERTICAL

Reutilizamos palets, caixas de madeira e latas de conserva para crear, por segundo ano consecutivo, un horto vertical.

De novo temos leitugas de varias clases e prantas de amorodos. Como novidades temos  prantas medicinais e aromáticas. 

Este horto é  produto dunha tarefa realizada polo alumnado de 3ºA, 3ºB e 6ºA de primaria coas súas profesoras de Ciencias Naturais. 

Bai Senpulgas visita a Artesáns&Kids

     
 

VISITA DA PROTECTORA DE ANIMAIS “ Bai Senpulgas”

á cooperativa

Artesáns&Kids do CPI Cova Terreña.

 
 

 

 
 

 

 
 

             

 

 
 

 

 
 

A protectora de animais é unha das 2 causas benéficas ás que van ir destinados 

parte dos beneficios finais da cooperativa Artesáns&Kids.

 
 

 

 
 

 

 
 

 

 

 

O educador canino explicounos, con moitos exemplos, como deberiamos tratar

aos animais. Deunos unhas pautas sobre como educar correctamente ós cans.

Sorprendeunos escoitar que algúns dos nosos comportamentos cara eles non

son os mais axeitados.

 
     
 

Hai varios/as socios/as de Artesáns&Kids que xa colaboran con Bai Senpulgas.

Oxalá se consigan máis voluntarios e socios porque toda a axuda na protectora é

necesaria.

 

 

Estamos moi contentos de pertencer a unha cooperativa sen ánimo de lucro!

 

 

VALMIÑORTV

 

 
 
 
 

 

II Xornada poética "Versos salgados"

O alumnado de 6ºA de Ed.Primaria, xunto coa súa titora Dona Mercedes Coto Martínez, organizaron a II Xornada Poética "Versos salgados" en torno á figura do poeta Antonio García Teijeiro na que se presentou o libro "Baiona en Rimas, na mirada e na alma das nenas e dos nenos" con fotografías e poemas do alumnado e coa colaboración de Caino.

Día do Libro

                            FERMOSO DÍA DO LIBRO

Día do Libro: A TENDER CONTOS!

 

NORABOA ao equipo de Biblioteca por unha proposta tan chula!

Que concentrados estiveron as alumnas e os alumnos mentres debuxaban e tamén cando pintaban!

Ter que escribir  unha opinión, un resumo, etc, sobre o libro, fixo que a actividade quedase moi completa.

Que fermosos "tendais" de contos temos polo cole! 

 

 

Van Gogh Museum

 

                       

                                       CONGRATULATIONS!

 

 

 

 

 

"Paseo polas nubes"

                            

Interesante exposición.

                                Noraboa polo voso traballo!

"Baiona con ás de Bolboretas"

 

                                     

 

 

Fermosísima exposición, tanto pola beleza das fotografías ( e o seu significado) como da escenografía. Parabéns!

 

 

                                   

 Que lembranzas ao ver a foto das bolboretas na nosa aula!

 

Unha Arribada diferente

 

O alumnado de 6ºA participa no proxecto educativo da Deputación de Pontevedra:”Depoemprende na Escola” no que , ao longo do curso, aprenderán sobre o mundo empresarial.

No primeiro trimestre constituíronse como unha empresa cooperativa de 19 socios/as, elaboraron as actas de constitución,os estatutos, elexiron o seu nome ( Artesáns&Kids) e diseñaron o logo, votaron equipo directivo despois de escoitar todas as candidaturas presentadas e comenzaron a elaborar os primeiros prototipos de produtos para vender. Recibiron charlas de empresarios e participaron nun taller da Escola de Xoiería de Vigo onde aprenderon a facer aneis e pulseiras. Tamén foron á Deputación de Pontevedra a recoller o CIF de empresa.

No segundo trimestre decidiron a que causas benéficas ían destinar parte dos beneficios, prepararon e realizaron o estudo de mercado e comenzaron a elaboración de produtos. Pensando en ir tramitando a petición dun punto de venda cara ao terceiro trimestre, o equipo directivo ( presidenta Antía, Secretaria Alba V. e tesoreiro Álex) en representación da cooperativa, foi a presentarse á concelleira de educación. Dna Beatriz González Pérez , encantada con estes pequenos emprendedores, implicouse na actividade xestionándolles un posto de venda nun mercado tan importante para a vila como é o da Arribada.

O esforzo realizado por parte das familias, do profesorado pero sobre todo por todos os/as socios/as viuse recompensado ao vivenciar por eles mesmos como a xente respondía con cariño a esta iniciativa. As dúas causas ás que van ir parte das ganancias, “Axuda ao mundo necesitado” e “ Bai Senpulgas”, son moi queridas na vila.

Unha vez rematada esta primeira práctica de venda tócalles reflexionar e decidir que aspectos deben manter e cales teñen que mellorar para os mercados do terceiro trimestre.

Adxúntanse fotos onde se pode observar, entre outras cousas,  que un dos postos preparárono como obradorio. Nel continuamente elaboraban os produtos artesáns que axiña vendían! Engadimos tamén un cartel e as tarxetas que elaboraron para a ocasión  e ademais un texto libre en castelán sobre esta actividade ( texto orixinal e sen correxir) feito por unha alumna o luns 5, na clase , e que resume moi ben esta experiencia.

Enlaces:

http://www.farodevigo.es/comarcas/2018/02/25/emprendedores-12-anos-baiona/1844028.html

https://telemarinas.com/alumnos-baiona-crean-una-cooperativa-ayudar-una-ong-una-protectora-animales/

RRReutilizando...

Reutilizando rolos de papel hixiénico, botellas de auga, tapóns e cartóns o alumnado de quinto e sexto de primaria  elaborou os complementos para o seu disfraz. Construiron anteollos, cámaras de fotos, teléfonos móbiles, e algunha que outra cousa máis para completar a vestimenta . A roupa para vestirse como "turistas" preparárona na casa con axuda das familias. Canta creatividade! 

Almanaque contra a Violencia de Xénero

O calendario foi presentado no acto programado pola Concellería de Igualdade con motivo do Día Internacional da Violencia de Xénero que se celebrou na praza do Concello de Baiona.

As imaxes que ilustran o almanaque foron realizadas polo alumnado de 6ºEd.Primaria nuns obradoiros de sensibilización contra a Violencia de Xénero realizados neste curso, sendo 5 deses debuxos realizados polo alumnado do noso centro.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031