Lembrando a Emilia Pardo Bazán. Proxecto 8M. Mulleres, unha nova mirada.

 Seguimos coñecendo historias, sabendo de vidas...

                                          Seguimos aprendendo.

 

Emilia Pardo Bazán está considerada unha das escritoras máis destacadas da nosa historia literaria. Forma parte do noso proxecto ,” 8M. Mulleres, unha nova mirada”, por loitar para mostrar a capacidade da muller para ocupar na sociedade os mesmos postos que un home.

Este maio do 2021, coincidindo co centenario da súa morte, estamos coñecendo mellor esta importante figura grazas a dúas mulleres que xa forman parte da nosa vida escolar: María Canosa e Bea Gregores, que crearon a fermosa obra:

     Emilia Pardo Bazán, unha mente poderosa.

María Canosa, enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, posúe unha longa traxectoria coma escritora, conferenciante e presentadora de televisión. Destaca , sobre todo, pola súa faceta literaria, especialmente vinculada á poesía e á literatura infantil en galego. Para nós foi un pracer que colaborase no proxecto “ 20 segundos”, organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Versos do poemario Vagalume de versos, forman parte dos carteis elaborados polo alumnado ( e que xa están colocados en moitos puntos de Baiona) para fomentar o uso do galego, recitando poemas mentres se cumpre a norma sanitaria dos 20 segundos hixienizando as mans.

María Canosa, unha vez máis, foi quen de crear a través da súa narración un mundo de emocións na aula. Nesta obra describe a Emilia Pardo Bazán coma unha “ muller con mente ávida de ideas e coñecemento”, “ unha muller que se forxou a si mesma e que tivo que enfrontarse aos atrancos da sociedade machista do seu tempo”.

Bea Gregores, especializada en ilustración e deseño, gañou premios no mundo da ilustración e o cómic e a nós gañounos o corazón coas verbas que nos adicou na entrevista que nos concedeu. Gozamos co seu fermoso traballo en Bicos e non balas, de Antonio García Teijeiro e impresionounos en A Lavandeira de San Simón de Eva Mejuto. Agora, en Emilia Pardo Bazán, unha mente poderosa, sorprendeunos de novo cunhas ilustracións que acompañan e complementan perfectamente a narración de María Canosa e lévannos a outra época, a outros tempos...

                                   Gozaremos con este agasallo!

 

 

AdxuntoTamaño
6ºA 2.jpg327.53 KB
6ºB 2.jpg401.33 KB
6ºB 3.jpg371.73 KB
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031