O xoves 14 de decembro o CPI de Cova Terreña recibiu a medalla de ouro do Excmo. Concello de Baiona nun acto institucional, ao mesmo tempo que emotivo, que se celebrou na praza do concello, a cal se quedou pequena para acoller a todas as persoas vencelladas ao centro que se sumaron ao evento.
O noso centro foi recoñecido con este galardón, o de maior rango posible, pola súa actividade educativa, social e cultural ao longo dos seus 50 anos de vida.
No acto fíxose referencia a como "vive" o centro o alumnado a través das palabras de Leo Álvarez, representante no Consello Escolar e alumno de 2º ESO. |
A concelleira de Educación deu lectura á "meritoria" presentada pola anterior corporación que motivou a concesión da devandita medalla. O concelleiro de Cultura certificou o outorgamento do galardón ao centro que lle foi entregado á directora, Dna. Isabel Martínez Cabaleiro, de mans do actual alcalde, D. Jesús Vázquez Almuíña.
No acto estiveron presentes o xefe territorial de Educación, D. César Pérez Ares, o inspector do centro, D. Gustavo Lorenzo Prozzo, a corporación municipal, ex-directores, membros do Consello escolar e representantes da ANPA, aos que se sumaron centos de baioneses e baionesas.
Ao longo da tarde visualizáronse fotografías históricas do centro, proxectouse o vídeo elaborado polo 50 aniversario e puidemos gozar da música do coro xuvenil e conxunto instrumental do centro ao que se sumou o alumnado de 5º e 6º Ed. Primaria, concluíndo con panxoliñas unha tarde memorable.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
EntregaMedallaOuro (1).jpeg | 220.11 KB |
EntregaMedallaOuro (2).jpeg | 240.44 KB |
EntregaMedallaOuro (3).jpeg | 163.62 KB |
EntregaMedallaOuro (4).jpeg | 181.31 KB |
EntregaMedallaOuro (5).jpeg | 278.72 KB |
EntregaMedallaOuro (6).jpeg | 281.66 KB |
EntregaMedallaOuro (7).jpeg | 166.35 KB |
EntregaMedallaOuro (8).jpeg | 247.83 KB |
EntregaMedallaOuro (9).jpeg | 232.35 KB |
50 aniversario Cova Terreña de Baiona redes.mp4 | 377.53 MB |
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer