2ºEd.Primaria

Felices vacacións

Rapaces, o estades facendo moi ben, agora toca "descansar"da actividade académica

Desfrutade, se podedes, da lectura, os animais domésticos ou de granxa (se tedes), da familia, os irmanciños, a música etc

Moitas grazas, de novo, a tod@s os que me falástedes por mail. MOITOS BICOS

Vémonos pronto

Eva

Un día menos

Veña rapaces, xa queda menos :)

 

 

 

Derradeiras actividades do trimestre

Benqueridos nenos e nenas,

Deixámosvos unhas últimas actividades para estes últimos días de trimestre. Estádelo a facer moi ben e sabemos que aínda o vades a facer mellor.

  • O tempo e a paisaxe
  • Os animais

Coidádevos moito e verémonos pronto.

Hora de Ler

 

Deixo o enlace á páxina de Kalandraka tv, onde atoparedes unha chea de actividades e contos fantásticos para desfrutar coa lectura

http://kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33&pagina=1&video=Olalla%20Gonzlez%20-%20Garbancito#PD_Olalla%20Gonzlez%20-%20Garbancito

 

Bicos doces

Eva

Actividades semana 30 de Marzo / 2A

Ola familias, deixo actividades para a vindeira semana. Agardo que estedes todos ben , e desexando poder vernos pronto


MATEMÁTICAS

Numeración: 17,18 e19

Cálculo: Estudar as táboas do 2 e do 3

Resolución de problemas: 14, 15 e 16

LINGUA

Competencia Lectora: 11 e 12

Escritura: 8

Obradoiro de xogos: tarefa 5 e 6

O Luns poñeréi un tema de Ciencias Sociais

Un bico moi forte

Eva

2A

25/03/2020 19:38
Europe/Madrid

Proposta de  actividade

#euquedonacasa

 

https://drive.google.com/file/d/1uwLR0RwcuSyJo0pDoOpCXxLLtOP6_D7v/view?usp=drivesdk

English 2nd

Good morning!

Bo día e unha aperta moi forte antes de nada e moito ánimo para continuar ante esta situación que seguimos a vivir pero que pasará máis pronto que tarde,seguro!

Engado máis actividades, Reinforcement, Consolidation e Extension ( por esta orde) do topic correspondente e recordo o meu correo para seguir en contacto ante calquera dúbida ( aruthvega@gmail.com), ademáis dunha ficha máis lúdica de Arts and Crafts. Tamén engado algunha suxestión como facer flashcards do vocabulario, un póster, listas de palabras...

Un saúdo e lembrade: Stay at home!

Educación Física

 Como vexo que esta situación vaise prolongar no tempo, deixo uns pdfs con exercicos que poden facer os/as nenos/as.

Así mesmo o xogo da Oca adaptado que pode facer toda a familia.

Un saúdo.

 

MÚSICA

Esperando que esta situación non se alongue moito e podamos voltar a normalidade, mentres, para seguir traballando Música, os deixo unhas actividades de repaso.

Audición. La marcha del león de Camille Saint-Saëns (El carnaval de los animales):

Aquí os dejo dos musicogramas diferentes para que intentéis seguir la pieza “La marcha del león”.

 https://www.youtube.com/watch?v=sur0g-mQS8A

https://www.youtube.com/watch?v=zfSIvQsJIpw

Repasamos los instrumentos de percusión:

 

Repasamos el ritmo:

https://aprendomusica.com/const2/09negraysilencio/negraysilencio.html

https://aprendomusica.com/const2/04dictadoRitmico/04dictadoritmico.html

Un saúdo.

Mili.

Correo de contacto: quedatencasamusica7@gmail.com

Actividades Relixión (2º Primaria)

TRABALLO RELIXIÓN (2º Primaria)

Nestas semanas que temos por diante debemos ter esperanza en que todo o que estamos a facer  vai ter a súa recompensa. XUNTOS IMOS LOGRALO!!!!

Aquí vos deixo algunhas ideas para poder continuar co proceso educativo neste momento que nos toca vivir.

 

1.- Debúxate sendo superheroína ou superheroe. Busca un nome xeitoso e pensa ben na roupa que levarás. Non esquezas a túa capa!

2.- Pensa e escribe cales son os teus poderes (podes pensar en cousas que axuden aos adultos cos que estás: poñer a mesa, recoller o cuarto, xogar sen molestar aos pais que traballan na casa…)

3.- Colga o debuxo cos teus superpoderes no corredor, na porta da túa habitación ou mesmo na fiestra para que todo o mundo saiba da túa valía!!!

 Tamén deixo un enlace por si queredes facer algunhas actividades interactivas: https://relijuanjo.blogspot.com/2012/04/recursos-interactivos-editorial-anaya.html

E un xogo de memoria sobre Semana Santa On line: http://es.hellokids.com/c_24421/juegos-gratuitos/memori/juego-de-memoria-semana-santa

Se tedes algunha dubida, podedes contactar comigo no correo: mariafernandez@edu.xunta.es

Un saúdo e coidádevos moito:

María.

 

Inglés 2º

-Actividades relacionadas co topic actual ( JOBS ) e calquera de repaso dos anteriores ( SCHOOL, CLOTHES e ANIMALS ). Teñen para elo posters realizados e levados para casa ademáis de Portfolio enviado a finais do 1º Trimestre.
-Exercicios nas seguintes webs: mundoprimaria.com / edufichas.com / dibujosparacolorear.eu
-Xogos interactivos: gamestolearningenglish.com
-Música: Nursery Rhymes máis Traditional Songs: Supersimplesong e Chu Chu TV.
 
aruthvega@gmail.com

2A proposta

Estimadas familias:

Clan lanza hoxe, lunes día 16 de marzo, EduclanUnha iniciativa que ofertará ás familias recursos educativos de calidade durante o período de suspensión das clases lectivas presenciáis .

Tamén vou propoñer unha serie de Apps españolas que están ofertando de balde, os seus contidos Premium para axudar a que os nosos nen@s sigan aprendendo dende ás casas.

Academons Primaria: http://bit.ly/Academons_Gratis

Ta-tum: do grupo Editorial Edelvives, ofertando acceso gratuito ata Xulio para o fomento da lectura    http:bit.ly/Edelvives_Tatum

Smartick: App malagueña de repaso das matemáticas http://bit.ly/Smartick_15

Celebriti Edu: oferta más de 50.000 xogos para Primaria e Secundaria de balde ata fin de curso

AMCO : Acceso a xogos de Matemáticas e Lengua  https://amconews.es/eduzland/

Tamén, na medida do posible faremos fichas de :

Matemáticas:

Numeración : Fichas 15 e 16

Cálculo : fichas 15 e 16 facendo fincapé no cálculo mental e na práctica da suma e da resta

Resolución de problemas : fichas 12 e 13

Lengua:

Facer o tema 8

Lingua :

Competencia Lectora: Tarefa 9 e 10

Escritura : tarefa 5 e 6

Recordo que os nen@s da clase teñen ritmos de aprendizaxe distintos

Estas pautas son xerais, se algún neno ou nena ten xa feita algunha das fichas propostas, pasará á seguinte 

Moito ánimo, e non descuidemos as rutinas e a importancia da lectura diaria.

 

Recordo ás familias , que dadas ás circunstancias extraordinarias, estas actividades non serán avaliables. Para a segunda avaliación, usaremos as probas recollidas , o traballo diario na aula e a evolución das aprendizaxes de cada nen@, xa que traballamos nunha metodoloxía de AVALIACIÓN CONTÍNUA

Seguimos en contacto tanto por abalar como a través do mail

Un bico

Eva

Tarefas durante a suspensión da actividade lectiva para 2ºB

Prezadas familias,

Ante a situación creada pola alerta sanitaria , quero, ante todo, transmitirvos tranquilidade.

As actividades están pensadas tendo en conta as dúas próximas semanas. Se se prolongará a situación, nos poñeríamos en contacto con vós a través do correo electrónico ou por abalar  móbil. Calquera dúbida podedes escribir ao correo: monicagomezestevez@edu.xunta.es.

Todos os días que lean o libro que máis lles guste durante 20minutos, como facemos no cole.

Segundo vaia subindo calquera outra actividade lúdica, avisaremos por abalar móbil.

MATEMÁTICAS

1. Numeración: fichas: 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22 e 23.

2. Cálculo: ficha 15 (estudar tabla do 2) e ficha 16 (estudar tabla do 3). (Incluído o cálculo mental destas dúas fichas para practicar sumas e restas)

3. Resolución de problemas: ficha 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18 e 19.

4. Medida: ficha 6.

LENGUA

pàxinas: 116, 117,118, 119, 120, 121, 122, 123, 124 e 125.

LINGUA

1. Competencia lectora: tarefa 9, 10, 11 e 12.

2. Escritura: tarefa 5, 6 e 8.

3. Obradoiro de xogos: tarefa 5 e 6.

 

Ánimo e coidádevos moito. Un saúdo. Mónica

 

 

 

Ficamos na casa: correo electrónico

Pois non queda outra... ficamos na casa.

E para poder estar todos xuntos moi pronto, debemos seguir as recomendacións que nos vaian dando.

Por ti, por min, por tod@s, sairemos da casa só o estrictamente necesario, mantendo as medidas hixiénicas necesarias e respetando a distancia de seguridade.

Xa voltará o tempo de darnos bicos Risa

Entrementres vos deixo o meu correo electrónico para calquera dúbida:

vidalarmada@edu.xunta.es

Nos próximos días, intentaréi poñer actividades, sempre lúdicas para facer cos nen@s na casa. É moi importante que os nen@s manteñan, na medida do posible, as rutinas (de sono, comida, lectura, autonomía, etc.)

BICOS A MOREAS

Vémonos

Eva

 

Entroido 2020

24/02/2020 13:44
Europe/Madrid

O pasado venres, día 21, festexamos o Entroido no Cole.

Desde primeira hora da mañá tivemos unha serie de obradoiros (maquillaxe, caroutas, desfile ...) para continuar despois cunha merenda conxunta , unha peli e a última hora da mañá sair  todos xuntos ao patio para ver cómo queimaban a "Meca"

Pinchando abaixo poderedes ver as fotos

Un saúdo

Saída 2º Naturnova

05/02/2020 19:08
Europe/Madrid

Hoxe, o alumnado de primeiro e segundo, fixemos unha saída didáctica a Vigo para visitar unha exposición en Naturnova. 
Encantóunos descubrir novas experiencias de reciclaxe, contaminacións lumínicas, sonoras... e desfrutar de segredos que a natureza nos ten preparados

Foi fascinante a viaxe que fixemos en submarino, todo un descubremento moi enriquecedor dun fondo mariño que debemos coidar e protexer

Se clikades no enlace poderedes ver una chea de fotos desta fantástica aventura 

 

2ºEd.Primaria agasállanos cunha panxoliña

Os nosos cativos de 2ºEd.Primaria prepararon esta panxoliña xunto coas súas mestras. Feliz Nadal!!

 

BO NADAL

21/12/2019 02:09
Europe/Madrid

Moi Bo Nadal!

As titoras de segundo desexamos que teñades un merecido descanso, que desfrutedes da familia e do tempo de lecer 

Esperámosvos á volta coas pilas moi cargadas para seguir dando "guerra"

Bicos a moreas soletes

Mónica e Eva

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031