5ºEd.Primaria

LECCIÓNS DA NOSA HISTORIA

 SAÍDA Á ILLA DE SAN SIMÓN 

 

 

 

 

SAÍDA AO MONTE STA TEGRA

 

 

 

 

 

Exposición: DA BARREIRA AO FORNO

O pasado venres 6 de maio, o alumnado de 5º e 6º nivel de EP tivo a oportunidade de visitar a exposición " Da barreira ao forno", no edificio da Capitanía Marítima de Baiona.

O feito de que o noso guía fose o propio organizador da mostra, o historiador Anxo Rodríguez Lemos, provocou que ese fermoso paseo pola historia de Galicia a través da olería, resultase inesquecible.

Esta actividade, proposta polo equipo de EDLG do centro, resultou altamente satisfactoria tanto para o alumnado coma para o profesorado acompañante. Salientamos o carácter didáctico e formativo que tivo esta visita guiada, nun espazo privilexiado e cunha orixinal montaxe que incluía maquetas e fotografías antigas acompañando ás pezas da exposición. 

Poder aprender tanto da nosa historia, das nosas costumes, en tan pouco tempo e da man dun experto, foi todo un luxo. 

                                                           Grupo-clase 5ºA

                                                     Alumnado 5ºB

                                                       Grupo-clase 6ºA

                                                     Alumnado 6ºB

Máis información nos seguintes enlaces:

https://telemarinas.com/capitania-maritima-acoge-la-exposicion-de-oleria-tradicional-da-barreira-ao-forno-de-anxo-r-lemos/

https://www.farodevigo.es/comarcas/2022/03/30/doctor-cum-laude-baiona-64433066.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2019/05/09/baiones-archivo-secreto-papal/0003_201905V9C7991.htm

https://www.baiona.gal/es/cultura/baiona-reconece-ao-historiador-local-anxo-rodriguez-lemos/

Vigo Porté 2022

Hai uns días celebrouse o evento internacional de disciplinas de baile “Vigo Porté 2022”

Varias alumnas do 3º ciclo de EP participaron nel, gañando distintos premios. Aínda que a competición foi dun nivel moi elevado,

Ángela Cividanes Denis ( 5ºA),

            Ariana Pérez Fernández ( 6ºA) e

                       Xiana Calero Iglesias ( 6ºA)

                                 lograron medallas de todas as cores.

XIANA conseguiu tres ouros. As coreografías que acadaron o 1º posto foron: RUN ( hip hop), ALICE ( acro) e INTEGRATION ( contemporáneo)

Esta última levou tamén o premio á mellor coreografía mini. Outro 1º premio!

ÁNGELA recibiu unha fermosa medalla de prata por THE SOUND OF SILENCE ( Contemporáneo)

ARIANA gañou unha marabillosa medalla de bronce coa coreografía: TIMELINE ( contemporáneo), na que participa tamén Xiana.

                            Uns enormes PARABÉNS!!!

                           Fermoso traballo en equipo.

Sabemos do seu sacrificio, do esforzo que supón compaxinar adestramentos coas tarefas escolares, render os luns “coma se nada” tras unhas fermosas, pero intensas, fins de semana de competicións.

Estas campionas, e outras alumnas do centro, participaron no Concurso Nacional de danza, na Dance Worldcup Spain 2022, que se celebrou en Burgos do 25 ao 27 de marzo. Os gañadores de cada categoría participan, representando a España, na Gran Final Mundial de DWC.

Pois...

                       Temos representación no Mundial!!!

Este ano celebrarase en San Sebastián, do 24 de xuño ao 2 de xullo. Competirán con máis de 6000 bailaríns de todo o mundo ( participan máis de 38 países) nun evento xigantesco comparable cuns xogos olímpicos da danza.

                                     Que orgullo!

Estaremos pendentes dos resultados pero, para nós , xa sodes gañadoras!

Máis información nos seguintes enlaces:

https://vigoporte.com/

http://danceworldcupspain.es/

https://dwcworld.com/2022_finals

SEMANA DA CIENCIA 2022

 

 

METEOROLOXÍA

A ESTACIÓN METEOROLÓXICA

E INSTRUMENTOS DE MEDIDA

 
     

Traballo realizado polo alumnado de 5º A e 5º B

      
 

Prema na imaxe para ver o vídeo

         

        

           
   
     

 

SAÍDA DIDÁCTICA

 

     
     

Os alumnos e as alumnas de 5º de educación primaria realizamos unha saída didáctica para visitar a estación meteorolóxica, que Meteogalicia ten na zona de Santa Marta.

      
 

 

 

Prema para ver o vídeo de fotos que realizou a cámara da estación meteorolóxica o 18- 03- 22. E aí estabamos nós!! 

 

Aproveitamos tamén, para ver e debuxar os distintos elementos da paisaxe e tamén para recoller, na praia, cunchas e restos de crustáceos.

 

 

           
   
     

PAZ E ARTE

 

  
   

 

 




 

 

     
 

O alumnado de 5º e 6º celebramos o día da Paz a través da arte.

Picasso foi o fío condutor, tomando como referencia:

 O Guernica. Cadro que representa a Guerra Civil Española.

 Man con ramo de flores. Cadro que evoca a amizade.     

 

 

 

     
               

DEREITOS DA INFANCIA 2021

 

 

CELEBRANDO O DÍA DOS NOSOS DEREITOS 

 

 

 

VÍDEO DO ALUMNADO DE 5ºA

 

VÍDEO DO ALUMNADO DE 5º B

 

 

    ....

 

Lista do material para o curso 2021 - 2022

Bo día.

Dámosvos a benvida a este novo curso.

Deixamos a vosa disposición o listado do material.

Na reunión que terá lugar o día 7 ás 11:30 h, no pavillón escolar, explicaremos esta relación de material, informando sobre aspectos específicos dalgunha materia.



A LAVANDEIRA DE SAN SIMÓN. Proxecto: Mulleres. Unha nova mirada.

           A lectura desta obra non deixou indiferente a ninguén.

 

Moitos dos alumnos/as de 5º e 6º tiveron claro que o termo co que definirían os sentimentos que lles provocou esta historia sería “ tristura ” pero tamén se escoitaron outras verbas: verdade, inocencia, morte, guerra, medo, cores, esperanza...     mulleres!

Querendo saber moito máis sobre as autoras deste fermoso libro, os/as alumnos/as de 6º elaboraron unha entrevista para a escritora, Eva Mejuto, e outra para a ilustradora Bea Gregores. Fixémosllas chegar, acompañadas dunha carta para cada unha delas, escrita polo alumnado de 5º. 

 

Compartimos uns enlaces sobre A lavandeira de San Simón.

https://axendacultural.aelg.gal/2021/01/13/entrevista-a-eva-mejuto-arredor-de-a-lavandeira-de-san-simon/

https://www.elcorreogallego.es/galerias/videos/libraria-couceiro-a-lavandeira-de-san-simon-XA5453000

Recollemos exposición pero non o noso proxecto.

 A exposición MULLERES. Unha nova mirada, estivo no exterior do colexio durante cinco días, dende o 8M, para que a puideran visitar outros compañeiros e outras compañeiras.

Non dou tempo a completala con toda a información porque aínda estamos desenvolvendo moitas das tarefas. Seguiremos traballando e subindo información a este apartado da páxina web do centro para compartir as nosas experiencias.

 

Despedíndonos da montaxe...

 

 

 

 

Diana Trujillo e María J. Viñas, dúas MULLERES na NASA.

Na "hora de ler" continuamos aprendendo sobre  mulleres con vidas e experiencias incribles.

Diana Trujillo tiña 17 anos e 300 dólares no peto cando chegou a Estados Unidos dende Colombia. Durante anos limpou casas para poder pagar os estudos e graduarse en enxeñería aeroespacial.

Agora é enxeñeira da NASA e directora do voo da misión Marte 2020.

 

O pasado 18 de febreiro, foi ela a que ofreceu a  primeira transmisión en español dun aterrizaxe robótico noutro planeta: o do rover Perseverance en Marte.

 "Tú tienes en el corazón lo que quieres hacer, el problema es que a veces uno escucha las opiniones de otras personas".

 

"Estoy aquí para recordaros que nosotras las mujeres valemos, que no es que yo sea especial por ser capaz de salir de casa o de sobrevivir a la violencia machista, es porque traté de redirigir mi vida"

 

Para saber máis, clica nos seguintes enlaces:

https://www.lavanguardia.com/ciencia/opinion/20210222/6257801/empoderador-discurso-diana-trujillo-directora-aterrizaje-perseverance-marte.html

 

https://www.lavanguardia.com/vida/20210219/6256417/diana-trujillo-nasa.html

 

https://elpais.com/ciencia/2021-02-19/diana-trujillo-directora-de-vuelo-de-perseverance-algo-de-vida-tiene-que-haber-en-el-crater-jezero-de-marte.html

 

https://www.clarin.com/internacional/nasa-increible-historia-diana-trujillo-pieza-clave-mision-marte_0_RiUkirAJj.html

 

https://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/ciencia/2021/02/23/6034c43121efa06a628b468e.html

 

         Outra muller lidera tamén a comunicación en español da NASA.

 

 

 En xaneiro , a española María José Viñas foi nomeada responsable de comunicación en español da NASA, un departamento de nova creación e proposto por ela.

Destaca que na NASA houbo un cambio de enfoque cara á diversidade. "Una de las mejores formas de atraer a este área a mujeres o a miembros de minorías es mostrarles lo que pueden hacer, y enseñarles ejemplos".

Á seguinte pregunta:¿Qué les dirías a los estudiantes que, como tú, quieran impulsar o redirigir su carrera?

Contestou:

-… la vida no es una línea recta, a veces da giros, otras no sabes muy bien a dónde vas… Mientras hagan las cosas que les gustan y den lo mejor de ellos, seguro que llegarán al lugar adecuado. -

A entrevista completa no seguinte enlace:

https://www.elplural.com/la-buena-noticia-del-dia/espanola-pone-voz-nasa_257819102

 

Para saber máis sobre María José Viñas:

 

https://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/ciencia/2021/01/04/5feb656b21efa098768b45ac.html

 

8M. INAUGURAMOS EXPOSICIÓN.

 

 Nun día tan especial coma o de hoxe, 8 de marzo, inauguramos a  exposición sobre o noso proxecto, que abrangue tarefas relacionadas co papel de diferentes MULLERES tanto na sociedade e na cultura galega coma a nivel internacional.

24 de febreiro. DÍA DE ROSALÍA. Proxecto: " Mulleres. Unha nova mirada ".

 No día de hoxe, Rosalía de Castro foi a gran protagonista. 

Os alumnos e as alumnas de 5º e 6º , ao longo da mañá, navegaron con rumbo pola vida da nosa insigne escritora e polos seus versos. Quixeron recitar poemas que coñecen ben e tamén mergullarse noutros máis descoñecidos para eles e elas. Como agasallo para as súas familias elaboraron flores de papiroflexia con pétalos cheos de verbas, versos e poemas de Rosalía.

 

Coa tarefa  “ Un poema cada día ” intentaremos que a poesía entre nas nosas aulas dun xeito máis motivador.

 

 

O alumnado tamén participou na actividade proposta polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega : “ Todos e todas somos Rosalía”.

 

 

   Rosalía, nai e señora, poeta insigne, poesía universal.

Así comeza, no Dardo poético (LXXI) do blog-revista Versos e aloumiños, “ Unha homenaxe a Rosalía de Castro no seu día ”.

 

Compartimos este enlace que nos fixo chegar o seu autor, o noso prezado Antonio García Teijeiro.

http://garciateijeiro.blogspot.com/

 

 

MULLERES. UNHA NOVA MIRADA.

Mulleres…, unha nova forma de mirar. 

                                             Miradas...

                                           Do pasado, moi presentes, futuras...

Este proxecto, con carácter globalizador e interdisciplinar,  promove o traballo colaborativo entre profesorado do terceiro ciclo de primaria. O alumnado de 5º e 6º desenvolverá as tarefas propostas co obxectivo de acadar unha maior sensibilización cara ao papel da muller na sociedade.

Fomentarase, a través das distintas actividades, a interrelación ( respectando as medidas sanitarias) entre os alumnos e as alumnas dos catro grupos-clase. Intentaranse crear vínculos emocionais entre eles e elas, que por mor da situación que estamos vivindo, son máis necesarios ca nunca.

Algunhas das tarefas  que se enmarcan dentro deste proxecto e que desenvolverán estándares das materias de lingua galega e literatura, lingua castelá, ciencias sociais, matemáticas, educación artística ( plástica e música) e lingua inglesa son:

  • Cada día un poema de Rosalía.
  • Coñecemos a lavandeira de San Simón.
  • Saxofonistas en Sax Simón.
  • Mulleres.
  • As pegadas das mulleres en Baiona.

PROTOCOLO ACTUACIÓNS/ MEDIDAS

Bo día

Deixamos o protocolo de actacións/medidas a levar a cabo en caso de confinamento.

Un saúdo

LISTADO MATERIAL 5º NIVEL

Bo día,

Dámosvos a benvida a éste novo curso.

Deixamos a vosa disposición o listdado de material.Na reunión que terá lugar o día 9 explicaremos polo miúdo esta relación de material, informando sobre aspectos específicos dalgunha materia.

Un saúdo

Boas vacacións!

Prezado alumnado

Desexamos que gocedes dun merecido descanso.

 

Deixámosvos os últimos enlaces dos vídeos creados coas vosas aportacións.

3º vídeo:https://youtu.be/e_xBkK55AHk

4º vídeo:https://youtu.be/QeR_-9ttrCU

Con eles remata o proxecto “ Espazos e Miradas”, serán unha fermosa lembranza deste tempo.

 

Unha aperta.

Profesorado implicado no proxecto.

AUGA. Espazo e Mirada.

Prezado alumnado.

Esperamos que todas e todos esteades ben.

Nestos últimos días de curso, compartimos con vós uns enlaces nos que “ miraredes” creacións artísticas nun “espazo” especial. Nesta ocasión, a música e a creatividade están relacionadas co lema que tiñamos este ano no colexio : “ Somos Auga”.

 

Música baixo a auga: https://youtu.be/8JUDHzkeUHo

Órgano de Zadar- Croacia: https://youtu.be/_RwQASM9rvk

Concerto de xeo: https://youtu.be/8nYPH_KPyCM

Banda “subacuática”: https://youtu.be/PVQW4UeiF2w

 

Esperamos que vos gusten.

Nos arquivos adxuntos podedes ver algunha das tarefas que pertencen ao cartafol de“ Espazos e Miradas”.

 

Unha aperta.

Coidádevos moito.

 

"Espazos e Miradas" con Logo. 1 de xuño.

Prezado alumnado.

Esperamos que todos e todas esteades ben.

Xa temos Logo gañador!

Foi moi complicado escoller só un. Parabéns pola vosa participación!

                                           Autora: María Durán Rodríguez

A materia " Espazos e Miradas", creada na plataforma E-Dixgal para recoller as tarefas relacionadas co noso proxecto, dende agora xa ten imaxe!

Xa estamos en xuño! Na recta final deste “diferente” curso escolar. Toca reflexionar sobre o acontecido. Propoñémosvos que escollades tres recordos que vos acompañaron no confinamento e que vos axudaron a que o tempo transcurrise mellor. Poden ser tanto obxectos “físicos” ( un libro, un xoguete, unha roupa, ...) como tratarse dunha canción determinada, dunha frase que repetiades cada día na vosa casa, dunha comida que vos deixou no recordo, un sabor.

Serán os “obxectos” máis especiais da vosa “ maleta do tempo”.

O cartafol Portafolio “Espazos e Miradas” medra cada día. Nel estades gardando todas as tarefas, actividades, fotos, vídeos, etc relacionados co proxecto.

Nos arquivos adxuntos podedes ver algunha das tarefas que estamos desenvolvendo e que gardaredes neses “espazos”.

Seguimos preparando montaxes coas vosas creacións artísticas. Subirémolos á web ao longo vindeira semana.

Como agasallo para que vos sirva de inspiración, pero sobre todo para acompañarvos neste último esforzo final, deixámosvos estos enlaces .

Baixo as vosas atentas “ miradas” contemplade como o corpo pode crear Arte en diversos espazos.

Enlaces: Coreografía con manos

               Danza

Escuela de danza media Punta de Vigo : Fusión de muiñeira y hip-hop

 A semana pasada realizáchedes unha actividade sobre Beethoven. Nesta ocasión, a súa música acompañaravos no seguinte vídeo: Van Gogh con música de Beethoven

Outros espazos, outra época : Impresionismo con música de época

Esperamos que vos gusten. Están seleccionados con todo o noso agarimo.

Continuaremos, como todas as semanas, con actividades de repaso, reforzo e afianzamento das distintas materias. Informarémosvos sobre as mesmas no contacto diario que temos con vós.

Unha aperta.

Coidádevos moito.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031