5ºEd.Primaria

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

(21/03/23)

Cada 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, dende 1999, coincidindo co inicio da primavera. Este ano está sendo moi especial para 5º de EP xa que participamos na 1ª edición do Premio Respira! de poesía e ... unha das nosas alumnas, Daniela Rial Estévez, gañou o premio na categoría de primaria! 

O tema do certame poético foi o Cambio de Clima e os legados culturais da vida. Para nós todos os alumnos e todas as alumnas son gañadores/as xa que se implicaron dende o primeiro momento nesta fermosa tarefa. Os alumnos e as alumnas desfrutaron lendo e creando poemas tanto de xeito individual como en equipos cooperativos.

               

Nova na web do centro.

Agradecemos á organización do Festival Alguén que Respira! (Concello de Santiago de Compostela co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia) este tipo de iniciativas xa que son moi motivadoras cara a traballar na aula coa poesía. Agradecemos especialmente ao seu director, Antón Lopo, a invitación á xornada de peche do Festival, e a atención tan agarimosa que nos brindou. 

A derradeira xornada do Festival tivo lugar en Santiago, a partir das 19:00h, cun percorrido poético polos balcóns da rúa do Villar, dende o Teatro Principal ata o Salón Teatro. Inaugurouna Claudio Rodríguez Fer lendo o manifesto do Día da Poesía. Foi un luxo poder compartir esta experiencia con importantes escritores e escritoras, Daniela recitou dentro dun ciclo que incluíu outros 18 poemas de poetas distintos: desde Helena Villar ou Olalla Cociña a Manuel Rivas, Ismael Ramos ou Margarita Ledo Andión e tamén os catro gañadores do I Certame de poesía: Premio Respira! 

                     Foi unha experiencia incrible!

                            

Salientamos o momento que compartimos coa admirada Helena Villar, no que un alumno (Xián Piñeiro) entregoulle un retrato que lle fixo e ela asinounos varias das súas obras cunhas fermosas dedicatorias. Estes poemarios xa teñen un lugar destacado na biblioteca de aula, xunto ao volume especialmente realizado para o recital, “22 ecopoemas contra o cambio climático”, que inclúe o ecopoema de Daniela: A Terra chora. Que orgullo!

Nos seguintes enlaces pódese consultar sobre o Festival Alguén que Respira!, ver fermosas fotografías do evento e desfrutar do vídeo creado. Nos arquivos adxuntos algunhas fotos máis e a completísima unidade didáctica que ofrece o Festival. 

Páxina ALGUÉN QUE RESPIRA!

Gañador@s do Premio Respira!

Vídeo "Alguén que Respira!" 2023

 

Enlaces coa publicación da nova:

Concello de Santiago

Axenda cultural AELG

Nova en La Voz de Galicia

Nova en El Correo Gallego

 

De xeito paralelo, durante a mañá do Día da Poesía, o Equipo Directivo organizou outro acto con motivo de homenaxear á gañadora do certame poético e facerlle entrega dun agasallo, unha bolsa co seu poema impreso. O acto contou coa presenza da concelleira de Cultura do Concello de Baiona, Miriam Costas e coa asistencia dos pais de Daniela e dos compañeiros e compañeiras de nivel, que recitaron versos do poemario Bicos e non balas de Antonio García Teijeiro, obra que inspirou o poema gañador. Durante o acto, Daniela deu lectura do seu ecopoema gañador. 

                       

Recitado de poemas.

 

Publicación da nova:

Concello de Baiona

Nova no Faro de Vigo

Nova en Comarcas na Rede

Nova en Valmiñortv

Nova en Telemariñas

 

Daniela, apoiada pola súa familia, foi moi xenerosa compartindo o premio cos compañeiros e compañeiras de 5ºA e 5ºB. Tamén tivo agasallos para a directora do centro e para as profesoras que a acompañaron nesta experiencia. Grazas!

                      

 

                            LEMBRANZAS 50 aniversario. 

Con motivo da celebración do 50 aniversario do Centro, lembramos o percorrido feito por profesorado e alumnado do 3º Ciclo de EP, en prol de garantir a presenza da poesía nas aulas e darlle o espazo e o recoñecemento que merece. 

Salientamos un dos proxectos que, diferentes alumnos e alumnas, organizaron e desenvolveron en varias ocasións: a Xornada Poética. Este proxecto propiciou, entre outras cousas, que coñecésemos  figuras importantes da arte e da literatura, persoas marabillosas, xenerosas co seu tempo, que xa forman parte das nosas vidas.

A día de hoxe, alumnado que participou en cada unha das Xornadas Poéticas segue dicíndonos que esa vivencia quedará para sempre nos seus mellores recordos. 

Algúns enlaces:

I Xornada Poética, “Enredando verbas”. Xuño 2017. Caíno Vasconcellos.

Nova en Atlántico. I Xornada Poética, Enredando verbas.

Nova en Atlántico.I Xornada Poética, Enredando verbas.

 

II Xornada Poética, “Versos salgados”. Maio 2018. Antonio García Teijeiro.

Nova en Valmiñortv. II Xornada Poética, Versos salgados.

Nova na web do Centro. II Xornada Poética

                     

Ter á venda o libro Baiona en rimas, na mirada e na alma das nenas e dos nenos foi incrible. Estaremos sempre en débeda co pintor e poeta baionés Caino Vasconcellos. Como anécdota quedounos que cando se enviou o texto coa correspondente corrección de erros, o libro xa estaba imprimíndose e non se puido retocar. Simplemente anécdota. 

III Xornada Poética, “Os días verso”. Maio 2019. Clara López.

 

 

Nova en Valmiñortv. III Xornada Poética, Os días verso.

Nova en Telemariñas. III Xornada Poética, Os días verso.

Nova na web do Centro. III Xornada Poética.

 

IV Xornada Poética, “Cando leo, soño versos”. Xuño 2022. Eva Mejuto.

 

Nova en Valmiñortv. IV Xornada Poética, Cando leo soño versos.

 

Nova en Telemariñas. IV Xornada Poética, Cando leo soño versos.

 

Nova no Twiter Bea Gregores IV Xornada Poética, Cando leo soño versos.

 

Nova na web do Centro. IV Xornada Poética.

 

Outro proxecto poético que recordamos con moito agarimo foi “20 segundos”, unha proposta do equipo de EDLG. A elaboración de carteis, con poemas para ler mentres se hixienizaban as mans, propiciou no colexio momentos de traballo en equipo e en gran grupo, moi necesarios naquela época. O feito de que os carteis “saísen” fóra do colexio e estivesen en diferentes sitios de Baiona,  fixo que este proxecto tivese gran relevancia social. 

Nova no Faro de Vigo 

Nova en Valmiñortv 

Nova en Facebook Valmiñor Diario

Nova no Xornal Escolar do Atlántico.

Nova en Telemariñas

 

 

 

A finais deste curso, alumnado e profesorado en formación do Programa CA/AC, organizarán a exposición Voan versos e bolboretas onde a POESÍA estará tamén moi presente.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Gañadora do Premio RESPIRA!

                      

                                                     Daniela Rial Estévez.

Co obxectivo de fomentar a poesía no impulso das ideas e facer do galego un idioma de intercambio cultural, o Festival Alguén que respira!-organizado polo Concello de Santiago de Compostela co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística- convocou a primeira edición do Premio Respira! de poesía. O tema desta edición do certame foi o Cambio de Clima e os legados culturais da vida.

O alumnado de 5º participou na categoría de primaria resultando gañadora DANIELA RIAL ESTÉVEZ de 5ºB co seu poema "A Terra chora".

Daniela terá que asistir ao Festival Alguén que respira! o martes 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, onde lerá o seu poema dentro dun ciclo que inclúe outros 18 poemas de poetas distintos, desde Helena Villar ou Olalla Cociña a Manuel Rivas, Ismael Ramos ou Margarita Ledo Andión. O recital vai ser polos balcóns da rúa do Vilar, entre o Teatro Principal e o Salón Teatro, en Santiago.

O poema A Terra chora vai formar parte dun volume especialmente realizado para o recital, co título 22 ecopoemas contra o cambio climático, o que supón motivo de orgullo para o noso centro.

 

Un cartel gañador para o 8M.

Hoxe tivemos a sorte de que uns compañeiros e compañeiras de 4ºA viñesen a falarnos sobre o cartel que elaboraron utilizando estruturas cooperativas, e que resultou gañador do 2º premio na 1ª categoría do VI Concurso Carteis 8M Día Internacional da Muller. 

O equipo formado por Emma, Antonio, Laura e Xenxo transmitiunos moita sensibilidade e concienciación ante un tema tan importante coma é a IGUALDADE no patio do cole.

PARABÉNS polo traballo realizado (tanto para o equipo do cartel premiado coma para os demais equipos que presentasen carteis)

PARABÉNS pola presentación realizada.

PARABÉNS polo premio gañado!!!

Carnaval

17/02/23

Alumnado e profesorado de 5º e 6º de EP, respectando a temática do carnaval deste ano (o  50 aniversario do centro), convertémonos en lapis de cores. 

Había lapis de distintos tamaños e cores.

Había lapis moi afiados e tamén lapis sen punta.

Había lapis de punta fina e tamén lapis para pintar groso.

Moita diversidade formando todos e todas a comparsa:

             LAPIS  DE  CORES!

Visitamos a Casa Museo Rosalía de Castro.

16/02/23

As alumnas e os alumnos de 5º nivel de EP gozaron dunha xornada marabillosa en Padrón, visitando a casa museo de Rosalía de Castro. Despois de escoitar as explicacións da guía sobre a historia da casa, do museo, e de estar moi atentos aos detalles que lles contou sobre a vida e a obra da nosa autora universal, adicáronse a percorrer "paseniño, paseniño" os distintos espazos da casa. Desfrutaron descobrindo todos os mobles, fotografías, escritos, cadros e máis obxectos, que aínda se conservan. 

Aproveitaron a visita para ampliar a información que xa tiñan sobre Rosalía e así continuar desenvolvendo o proxecto "Santiago cultural". O produto final deste proxecto, elaborado nos equipos cooperativos dos grupos-clase, é un folleto-guía da viaxe que realizarán a Santiago no mes de marzo visitando, entre outros, o Panteón de Galegos Ilustres no que repousan os restos da poeta Rosalía.

Despois de descansar ollando o fermoso xardín, despedíronse desta inesquecible viaxe cunha escolma poética.

Esta visita foi custeada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa "Rosalía, a súa casiña, o meu lar" do servizo de Patrimonio Material e Memoria Histórica. 

Enerxía asequible e non “Contaminanji” ODS. Primeira exposición.

Traballo do grupo-clase de 5ºA .

Cada semana en Proxecto competencial (ODS 7) subiremos as exposicións de cada alumno/a segundo o tempo empregado. Comezamos con Ariadna de 5ºA seguindo o fio conductor dunha película. Adiviñades cal é?  Seguro que serán uns futuros  oradores dun mundo de enerxia natural, non contaminante, asequible e renovable.

Premede o link.

A seguinte semana tirarán os dados no taboleiro Simón e Cris.

https://drive.google.com/file/d/1U5DEVZwAm0JGp5PONjZyp8A6g4JhZDje/view?usp=drivesdk 

BICOS E NON BALAS no Día Escolar da Paz e Non Violencia.

Xaneiro 2023.

O fermoso poemario BICOS E NON BALAS de Antonio García Teijeiro, ilustrado por Bea Gregores, acompañounos na conmemoración do Día Escolar da Paz e Non Violencia. 

Durante varias xornadas, utilizando a estrutura cooperativa “Lectura compartida”, estivemos lendo, falando e reflexionando sobre os poemas seleccionados. Con “Folio xiratorio” desfrutamos creando máis versos e ilustrando os poemas.  Entre todos e todas elaboramos un mural onde expuxemos algunhas das creacións. 

Finalmente, cada equipo preparou o recitado do poema orixinal e, na biblioteca do colexio, realizáronse as gravacións. Coas fotos, os poemas e o código QR que leva ao vídeo do alumnado recitando, creáronse uns carteis que xa forman parte tamén da exposición.

Ao enviarlle un agradecemento ao autor e á ilustradora por esta marabilla de obra, tanto Antonio coma Bea trasladáronnos os seus parabéns polo traballo realizado. Emocionounos moito.

              BICOS, sempre bicos e nunca BALAS.

 

                        

                                      

                                  

                        

Os carteis pódense descargar dende os ficheiros adxuntos.

         PREMIOS DOLORES AGRELO

Durante a celebración do Día da Paz, na que o alumnado de 5º participou con varias actuacións que prepararon coa profesora de música, entregáronse os premios Dolores Agrelo. Este ano os relatos tiñan coma temática o 50 Aniversario do CPI Cova Terreña.

Na categoría 5º- 6º EP houbo premio para alumnado de 5º.

Gañadora do 1º Premio: Yaiza Parajo Silva, de 5ºA, co seu relato

                                   O ladrillo segredo. 

Gañador do 3º Premio: André Otero Gerpi, de 5ºB, co seu relato

                                  O segredo do CPI

 

PARABÉNS! 

E felicitacións tamén aos demais premiados e participantes. 

25N. MULLERES E NÉBOAS.

Novembro 2022.

No mes de novembro estivemos desfrutando da fermosa obra: As mulleres que cultivaban néboas. Esta lectura non deixou a ninguén indiferente.

Incrible a forza que teñen as imaxes!

Xa coñeciamos a Bea Gregores coma ilustradora pero nesta primeira obra coma escritora impresionounos aínda máis.

Escribímoslle, utilizando as estruturas cooperativas "Parada de 3 minutos" e "1-2-4",  contándolle que, despois da lectura, reflexionamos sobre os sentimentos que nos provocou. Algúns dos comentarios do alumnado foron:

- Tristura porque en todo momento sentiamos mágoa pola nai e pola filla.

- Empatía porque lograbamos poñernos no lugar das mulleres e sentiamos dor.

- Arrepíos cando xogaban ás agachadas co pai e as atopaba.

- Satisfacción cando á nena lle gusta xogar ás agachadas coa nai.

- Incomodidade, medo...

- Protección, unión, forza...

Impactounos o debuxo no que as palabras ferintes saen coma frechas e todas e todos sentimos ledicia cando vimos o sorriso na cara da nai.

Conmemorando o 25N, elaboramos un mural no que intentamos reflictir parte do traballado nas aulas, por exemplo seleccionando textos da obra e dándolle cor segundo as emocións que nos fixeron sentir. Tamén aportamos as primeiras imaxes creadas coa ferramenta E-Dixgal: Tux Paint.

Esta tarefa inclúese no proxecto " Lemos e creamos I" que se desenvolve no primeiro trimestre do curso 2022-23.

Xa temos resposta á carta que lle enviamos a Bea Gregores!

Emocionounos ler o que nos conta e gardaremos con moito agarimo a ilustración que nos envía. É fermosísima!

 No ficheiro adxunto, a carta íntegra.

XADREZ

Novembro 2022.

EXPOÑEMOS OS TRABALLOS

Outubro 2022.

Nutrición.

 

 

VIAXANDO CON MAGALLANES.

Exposición "V Centenario da Circunnavegación de Magallanes e Elcano"

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031