tecnoloxía

Taller de impresión 3D

Taller de impresión 3D

 

O pasado xoves o alumnado de 4º ESO do CPI Cova Terreña desfrutou dunha xornada formativa sobre a impresión 3D organizada polo departamento de Tecnoloxía. Dende a empresa Rysia Impresión 3D de Vigo, dous profesionais do sector desprazáronse ata o centro con tres modelos diferenets de impresoras 3D valorizadas dende 500€ ata os 3000€.

   

O taller estruturouse en varias seccións. En primeiro lugar explicaron que é unha impresora 3D, os elementos fundamentais que a compoñen, o seu funcionamento baseado na fabricación de pezas a partir de deposición das capas de material (fabricación por adición) e os diferentes materiais que pode empregar. Tras familiarizarse coa máquina é importante coñecer os software que nos permitirán comunicarnos coa impresora. En primeiro lugar comezase cun software de deseño (Tinkercad, Onshape, etc) para a creación ou deseño da peza dende cero. Unha vez finalizada, precísase dun software de capas (Ultimaker Cura) para configurar os parámetros de impresión e transformar o arquivo a un formato lexible pola impresora, cuxo obxectivo é dividir o deseño en capas sucesivas. 

O alumnado puido poñer en funcionamento as impresoras e obter algúns dos deseños que eles mesmos crearan na clase de TIC, previa nivelación e posta a punto das máquinas. 

Por último se expuxeron algúns dos problemas máis comúns e como solventalos, así como algunhas indicacións de mantemento básico das impresoras. 

Aínda que as impresoras coas que se traabllou soamente utilizaban un tipo de material, o PLA, dende a empresa trouxeron unha ampla variedade de pezas impresas por eles mesmos fabricadas con diferentes tipos de materiais: algúns con propiedades elaśticas, con contidos metálicos e pétreos e imitacións a outros materiais como a madeira ou a goma. 

¡Agora xa estamos preparados para facer as nosas propias creacións e imprimirlas na nosa impresora!

 

Visita a Ecoforest do alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO

O pasado mes de novembro o alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO visitamos as instalacións da empresa Ecoforest, situada en Porto do Molle (Nigrán). Alí amosáronnos os diferentes departamentos, o funcionamento global da empresa así coma os diferentes sistemas de calefacción que eles mesmos deseñan e fabrican. Unha magnífica maneira de favorecer a adquisición dos contidos traballados na aula sobre as instalación en vivendas.

Alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO en Ecoforest

Foi un auténtico pracer poder coñecer as instalacións e o funcionamento de esta gran empresa.

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031