Tecnoloxía

Tarefa Tecnoloxía 4º ESO - semana 11 maio

Bos días! Agardo que vos atopedes perfectamente.

Esta semana a tarefa estará dividida en dúas liñas: tarefa de reforzo, obligatoria para todo o alumnado, e una pequena tarefa de ampliación de carácter voluntario, que sería un paso máis na resolución de este tipo de circuitos.

Déixovos a planificación das tareas no arquivo adxunto. Os recursos e información precisa a atoparedes na AV. Por favor, poñédevos en contacto comigo no caso de ter dificultades para facer os exercicios e vos irei axundando para que podades resolvelos.

Unha aperta enorme!

 Jessica

Tarefa Tecnoloxía 3º ESO - Semana 11 maio

 

Bos días, esta semana continuaremos co reforzo no tema de materiais de uso técnico, prestando especial atención aos materiais de contrucción

Ademáis déixovos unha proposta de tarefa de ampliación de carácter voluntario sobre o tema de TIC. 

Tendes a planificación das tarefas no documento adxunto e na Aula Virtual, donde atoparedes todos os recursos e información necesaria. Para calquera dúbida ou problema contactade por email: profetecnojess@gmail.com.

Unha aperta enorme!

Jessica

 

TIC, Reforzo 2

Dispositivos de almacenamento

Todo o noso traballo, a nosa información, imaxes, películas, a información da rede,.... sería efímero se non se puidese gardar de maneira “permanente” ao igual que nós gardamos recordos no noso cerebro.

Por iso, para manter a información no tempo no mundo da Informática é imprescindible contar con sistemas de almacenamento e dispositivos capaz de ler dita información.

 

Tarefa 1: Lee o libro “Dispositivos de almacenamento” publicado na Aula Virtual: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicovaterrena/aulavirtual/mod/book/view.php?id=1957

Tarefa 2: Investiga sobre a capacidade dos dispositivos de almacenamento e as súas características: tecnoloxía empregada (material magnetizable, reflexión óptica,...), acceso á información (directa ou secuencial), capacidade de almacenamento, uso recomendado, ano de aparición, ...    

ACTIVIDADE FINAL: Crear un documento final (pode ser unha folla de cálculo) que recolla a información sobre os soportes e dispositivos de almacenamento:

  • Unha gráfica que represente e compare a capacidade de almacenamento dos diferentes soportes de almacenamento.
  • Unha táboa comparativa dos dispositivos de almacenamento que recolla:   
  • Tecnoloxía empregada
  • Capacidade de almacenamento
  • Uso recomendado
  • Outros: velocidade, tipo de acceso á información, ano de aparición, durabilidade, audible ou non,...        

Envía o teu documento final editable ao correo electrónico isabel.traballo@gmail.com ata o 11 de maio, no cal tamén atenderei as vosas dúbidas.



TIC, Reforzo 1

REFORZO 1: Busca na rede e Presentacións Dixitais

Tarefa 1: Lee e practica os trucos para buscas en Google.
Tarefa 2: Para o documento editable con preguntas, busca en Google as respostas e achégaas nun documento.
Tarefa 3: Crea unha presentación
Por se tedes calquera dúbida déixovos manuais de Impress en 3 formatos diferentes:
ACTIVIDADE FINAL: Crear unha presentación sobre a túa profesión de futuro / destino viaxe
Busca información sobre a temática escollida empregando as técnicas de busca practicadas.
Realiza unha presentación que recolla esta información, terá polo menos 4 diapositivas con distinto contido: texto, imaxes, ligazóns,... e un aspecto coidado: combinación de cores, mesmo tipo de letra, corrección ortográfica e gramatical,...
Envía a túa presentación editable ao correo electrónico isabel.traballo@gmail.com ata o 4 de maio.


Tarefa Tecnoloxía 2º ESO - semana 4 de maio

Moi bos días! Comezaremos o mes de maio repasando as técnicas de conformado dos metais, operacións que puidemos ver en vivo grazas a visita que fixemos á empresa Extrugasa en Valga no primeiro trimestre.

  • Déixovos no arquivo adxunto a planificación para esta semana.
  • Tendes todos os recursos necesarios en Edixgal.
  • Para consultar as vosas dúbidas ou calquera outra cousa que precisedes, escribídeme a profetecnojess@gmail.com

Unha aperta xigante!

Jessica

Tarefa Tecnoloxía 4º ESO - semana 4 de maio

Bos días!

Comezamos o mes de maio repasando os componentes activos máis importantes dos circuitos electrónicos. 

Podedes atopar todos os recursos necesarios na Aula Virtual, así como a entrega habilitada da tarefa e a planificación detallada da mesma, que tamén podedes consultar no adxunto. Ante calquera dúbida poñédevos en contacto a través do correo electrónico. 

Jessica

Tarefa Tecnoloxía 3º ESO - semana 4 de maio

Bos días! Esta semana imos comezar o repaso do tema dos materiais de uso técnico, os plásticos. Ademáis vouvos axudar a sacar o máximo partido posible ao voso correo electrónico. 

Todos os recursos necesarios están dispoñibles na Aula Virtual. Adxúntovos a planificación máis concreta da tarefa desta semana. 

Jessica

Tarefa Tecnoloxía 2º ESO - semana 27 abril

 

Bos días rapazada! Seguimos co traballo dende casa reforzando o tema dos metais.

  • Déixovos no arquivo adxunto a planificación para esta semana.
  • Tendes todos os recursos necesarios en Edixgal.
  • Teredes que enviarme un email correctamente, seguindo as indicacións que xa traballamos fai dúas semanas. 
  • Para consultar as vosas dúbidas ou calquera outra cousa que precisedes, escribídeme a profetecnojess@gmail.com

Xa non queda nada!

 

Tarefa Tecnoloxía 4º ESO - semana 27 abril

Unha semana máis continuamos co traballo dende casa. Esta vez pasaremos a reforzar un compoñente xa coñecido por vos e que podemos atopar en infinidade de circuítos, o condensador

No arquivo adxunto déixovos a programación das actividades desta semana. Tamén podedes atopala na Aula Virtual, xunto cos recursos necesario para realizar as tarefas e a entrega habilitada. Calquera dúbida a través do correo electrónico profetecnojess@gmail.com.

Xa queda menos!

Tarefa Tecnoloxía 3º ESO - semana 27 abril

Bos días!! Unha semana máis continuamos co traballo dende casa. Como xa sabedes esta semana continuamos coa tarefa da semana pasada, pero ademais, debedes de revisar a corrección do traballo de investigación sobre a produción de enerxía que fixemos a semana anterior. Consultade a programación no arquivo adxunto e na Aula Virtual, onde teredes tamén outros recursos necesarios e a entrega habilitada.

Recordade que podedes escribirme sempre que o necesitedes para resolver dúbidas ou calquera outra cousa que necesitedes en profetecnojess@gmail.com.

Unha aperta enorme!

Jessica

 

Tarefa Tecnoloxía 2º ESO - semana 20 abril

Bos días! Esta semana continuaremos traballando co tema dos materiais de uso técnico. Remataremos a madeira e pasaremos a traballar un tema que xa adiantamos no primeiro trimestre: os metais. 

  • Déixovos no arquivo adxunto a planificación para esta semana.
  • Tendes todos os recursos necesarios en Edixgal.
  • Para consultar as vosas dúbidas ou calquera outra cousa que necesitedes, contactade por email: profetecnojess@gmail.com

Unha aperta enorme!

Jessica

Tarefa Tecnoloxía 4º ESO - semana 20 abril

Bos días querido alumnado!

Outra semana máis continuaremos repasando os contidos da electrónica analóxica, centrándonos esta vez nas resistencias variables, os condensadores e os diodos.

  • Déixovos no arquivo adxunto a planificación para esta semana.
  • Tendes todos os recursos necesarios na Aula Virtual.
  • Consultade as dúbidas ou calquera outra cousa que necesitedes por email: profetecnojess@gmail.com.

Unha aperta enorme!

Jessica

Tarefa Tecnoloxía 3º ESO - semana 20 abril

Bos días!!

Desexando que vos atopedes máis que ben, continuamos unha semana mais co repaso das centrais produtoras de enerxía. Podedes consultar a planificación no arquivo adxunto e na Aula Virtual, onde teredes tamén outros recursos necesarios e as entregas habilitadas.

Recordade que podedes escribirme sempre que o necesitedes para resolver dúbidas ou calquera outra cousa que necesitedes en profetecnojess@gmail.com.

Unha aperta enorme!

Jessica

 

Tarea Tecnología 3º ESO - semana 14 abril

Bos días! Desexando máis que nunca que vos atopedes todos e todas estupéndamente comezamos o terceiro trimestre. Imos comezar quentando motores, facendo repaso e ampliación do tema de enerxía co que traballamos estas últimas semanas e que nos dará paso próximamente ao seguinte tema. 

Podedes atopar toda a información sobre as tarefas planificadas para esta semana e recursos necesarios na Aula Virtual, e tamén podedes consultar a guía de traballo no arquivo adxunto. Para calquer dúbida ou problema estarei dispoñible no correo electrónico profetecnojess@gmail.com

Jessica

 

Tarefa Tecnoloxía 4º ESO - semana 14 abril

Bos días!

Espero que comecedes este terceiro trimestre cheíños de enerxía. Para comezar, ímos facer un pouco de repaso do tema de electrónica analóxica antes de comezar con novo material. 

Podedes atopar toda a información sobre as tarefas planificadas para esta semana e recursos necesarios na Aula Virtual, e podedes consultar a información no arquivo adxunto. Para calquer dúbida ou problema estarei dispoñible no correo electrónico: profetecnojess@gmail.com.

Tarefa Tecnoloxía 2º ESO - semana 14 abril

Bos días alumnos e alumnas! Espero que esta semana de descanso vos enchera de enerxía para comerzar este 3º trimestre con moitas ganas. Sen embargo ímos a comezar pouco a pouco con algún exercicios de repaso que vos axuden a refrescar os contidos traballados estas últimas semanas. 

Podedes atopar as tarefas programadas para as sesións desta semana na vosa conta de Edixgal. Tamén podedes consultar a programación das mesmas neste documento adxunto.

Arrincamos!

Tarefa Tecnoloxía 2º ESO - semana 30 marzo

Bos días meu benquerido alumnado!

Unha semana máis déixovos a programación das nosas sesións de aula que traballaremos ben quentiños cada un dende a súa respectiva casa.

Todos os recursos e actividades están subidas a Edixgal. Podedes consultar a programación das actividades neste documento adxunto ou no propio Edixgal, no apartado de últimas novas. Eu seguirei atenta ás vosas necesidades ao outro lado da pantalla.

Comezamos!

Jessica

Tarefa Tecnoloxía 4º ESO - semana 30 marzo

Bos días meu benquerido alumnado!

Unha semana máis déixovos a programación das nosas sesións de aula. Desexo que vos atopedes todos estupendamente e sigades facendo todo o que está ao voso alcance para loitar contra este “bicho”. Agora mais que nunca somos un equipo.

Todos os recursos e actividades están subidas a Aula Virtual. Podedes consultar a programación das actividades neste documento adxunto ou na propia aula virtual, no apartado de últimasnoticias. Eu seguirei atenta ás vosas necesidades ao outro lado da pantalla.

Comezamos!

Jessica

Tarefa Tecnoloxía 3º ESO - semana 30marzo

Bos días meu benquerido alumnado!

Unha semana máis déixovos a programación das nosas sesións de aula que traballaremos ben quentiños cada un dende a súa respectiva casa. 

Todos os recursos e actividades están subidas a Aula Virtual. Podedes consultar a programación das actividades neste documento adxunto ou na propia aula virtual, no apartado de últimas noticias. Eu seguirei atenta ás vosas necesidades ao outro lado da pantalla.

Comezamos!

Jessica

Tarefa Tecnoloxía 2º ESO - semana 23 marzo

Bos días prezado alumnado!

Desexando que esteades a mar de ben e cargados de enerxía positiva déixovos o traballo para esta semana.

Podedes consultar as tarefas programadas no apartado de Últimas novasda plataforma Edixgal, onde atoparedes todos os recursos necesarios para o voso traballo e as indicacións expresas. Tamén podedes ler as indicacións de traballo no documento adxunto.

Finalizada a tarefa debedes subir o voso traballo en formato PDF na tarefa correspondente.

Recordade que podedes contactar comigo a través do meu correo electrónico: profetecnojess@gmail.com.

Saúdos!

Jessica

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031