Tecnoloxía

Plan de continxencia do Departamento de Tecnoloxía

A continuación preséntanse os datos recollidos no Plan de Continxencia para as materias do Departamento de Tecnoloxía que serán de aplicación no caso de un novo confinamento para poder continuar coa docencia de forma telemática. 

 

MATERIA: TECNOLOXÍA

Horario: Manterase o horario habitual

Horario de atención ás familias: Xoves 12:20 - 13:10

Correo electrónico: jpdiblasi@edu.xunta.gal / profetecnojess@gmail.com

Plataformas de traballo: 

  • Videoconferencia: CISCO Webex
  • Traballo e organización: Aula Virtual (3º - 4º ESO) / EVA-Edixgal (2º ESO)

 

MATERIA: PROGRAMACIÓN E TIC

Horario: Manterase o horario habitual

Horario de atención ás familias: Venres 10:10 - 11:00

Correo electrónico: isabel.cabaleiro@edu.xunta.gal / isabel.traballo@gmail.com

Plataformas de traballo: 

  • Videoconferencia: CISCO Webex
  • Traballo e organización: Aula Virtual

 

TIC, Reforzo 6: A folla de cálculo

A folla de cálculo é un dos elementos básicos dun paquete ofimático e moitas veces descoñecida.

É unha ferramenta moi útil, que ademais de facilitar a recollida de información e a súa ordenación, permite obter cálculos cos datos contidos, elaborar gráficas, ...

Ímos facer unha actividade que inclúe:

  • Listas automáticas
  • Formato condicional
  • Formato de cela
  • Funcións matemáticas (Contara, Sumar.se,...)
  • Elaboración de gráficas
  • Configuración da páxina
  • Visualización da folla

Ímos analizar os obxectivos acadados (sobre 50 obxectivos totais) por 20 alumnos/as. Facilítase a folla de partida e o resultado esperado en PDF. Os datos poden variar, o importante é o cómputo dos mesmos.

Sorte co último reto e presenta a túa entrega!

Tarefa Tecnoloxía 4º ESO - semana 8 xuño

Xa estamos na recta final! Esta semana reforzaremos os conceptos fundamentais da electrónica dixital: dende a numeración binaria, pasando por diferenciar e aplicar os diferentes tipos de portas lóxicas, ata resolver algún problema real.

Tende en conta o seguinte:

  • Teremos unha videoconferencia o mércores ás 13:10.
  • Déixovos a planificación das tarefas no arquivo adxunto.
  • Tendes todos os recursos necesarios na Aula Virtuale no libro de texto.
  • Para calquera dúbida ou consulta escribídeme (profetecnojess@gmail.com)

O alumnado con traballos de recuperación pendentes de entregar que se poña en contacto comigo urxentemente. Ánimo e último esforzo!

Jessica

Tarefa Tecnoloxía 2º ESO - semana 8 xuño

 

Bo día querido alumnado! A piques de rematar o curso esta semana imos reforzar os conceptos fundamentais sobre o debuxo técnico e espertar as nosas destrezas de visión espacial.

  • Tendes a planificación da tarefa no arquivo adxunto.
  • Todos os recursos necesarios están en Edixgal, apartado "Plan de reforzo / Tarefa 8 de xuño".
  • Calquera dúbida ou consulta escribídeme ó email (profetecnojess@gmail.com).

O alumnado con tarefas de recuperación pendentes de entregar teredes unha videoconferencia esta semana. Último esforzo!

Jessica

 

Tarefa Tecnoloxía 3º ESO - semana 8 xuño

Bo día! Damos a volta ao traballado a semana pasada. Agora traballaremos na obtención da perspectiva de pezas a partir das súas vistas. Tamén contaredes cunha tarefa de ampliación voluntaria para aqueles que queirades continuar co voso proceso de aprendizaxe e mellorar a cualificación da tarefa semanal.

  • Tendes a planificación da tarefa no arquivo adxunto.
  • Podedes atopar todos os recursos na Aula Virtual
  • Para o que necesitedes escribídeme ao e-mail (profetecnojess@gmail.com).

Esta semana teremos unha videoconferencia que vos confirmarei ao longo da semana. Estade atentos. Ánimo que isto se acaba!

Jessica



Tarefa Tecnoloxía 4º ESO - semana 1 de xuño

Benvido xuño! Xa falta pouco para o remate do curso, así que collede enerxía que isto se acaba.

Esta semana reforzaremos as instalacións eléctricas en vivenda así coma o seu costo económico nas tarefas de reforzo obrigatorias, e coñeceremos os circuítos básicos de funcionamento dos sistemas hidráulicos e neumáticos coa tarefa de ampliación voluntaria.

Tende en conta o seguinte:

  • Teremos unha videoconferencia o mércores ás 13:15.
  • Déixovos a planificación das tarefas no arquivo adxunto.
  • Tendes todos os recursos necesarios na Aula Virtuale no libro de texto.
  • Para calquera dúbida ou consulta escribídeme (profetecnojess@gmail.com)

Feliz inicio de mes!

Jessica

Tarefa Tecnoloxía 2º ESO - semana 1 xuño

 

Benvido xuño! Xa falta pouco para o remate do curso, así que collede enerxía que isto se acaba.

Esta semana voltamos ao inicio do curso e repasaremos as fases do proceso tecnolóxico, tan importante para a resolución de problemas. Ademais, para todos aqueles que queirades continuar co voso proceso de aprendizaxe, propóngovos unha tarefa de ampliación voluntaria.

  • Tendes a planificación da tarefa no arquivo adxunto.
  • Todos os recursos necesarios están en Edixgal, apartado "Plan de reforzo / Tarefa 1 de xuño".
  • Calquera dúbida ou consulta escribídeme ó email (profetecnojess@gmail.com).
  • Estade atentos ao calendario porque teremos unha videoconferencia o xoves desta semana. 

Feliz inicio de mes!

 

Jessica

 

Tarefa Tecnoloxía 3º ESO - semana 1 xuño

Benvido xuño! Xa falta pouco para o remate do curso, así que collede enerxía que isto se acaba.

Esta semana comezaremos co repaso do tema de comunicación gráfica, é dicir, o debuxo técnico. Comezaremos cos conceptos básicos do sistema diédrico: identificación e obtención das vistas principais dos obxectos. Ademais propóngovos unha tarefa de ampliación voluntaria para aqueles que queirades continuar co voso proceso de aprendizaxe e mellorar a cualificación da tarefa semanal.

  • Tendes a planificación da tarefa no arquivo adxunto.
  • Podedes encontrar todos os recursos na Aula Virtual.
  • Para o que necesitedes escribídeme ao e-mail (profetecnojess@gmail.com).

Que teñades unha boa semana!

Jessica

TIC, Ampliación: Imaxe dixital

A imaxe dixital absorbe case todo o mercado da fotografía, o mundo da publicidade e o noso día a día.

Quen podía pensar, non fai moito, que no móbil levaríamos unha cámara de tanta resolucón e con tantas prestacións!!

A manipulación de imaxes é algo tan habitual que o damos por natural. Non me refiro só a unha mellora básica coma contraste, brillo, filtros,.... As imaxes poden cambiar de cor, perder compoñentes, engadilos,... Un ollo experto sabe detectar estas modificacións, pero os bos retoques son difíciles de identificar.

Para o traballo coa imaxe dixital precisamos:

  • Unha imaxe dixital. Debemos coñecer os distintos formatos de imaxe e as súas características e sempre conservar o orixinal.
  • Equipo informático.
  • Programa de xestión de imaxes. Empregaremos o GIMP.
  • Práctica e destreza

Recursos:

Prácticas a realizar e instrucións: https://sites.google.com/site/informaticacabaleiro/

  • Imaxe animada, xerar un GIF
  • Eliminar elementos dunha imaxe
  • Efecto fora do marco, fora de límites
  • Efecto Andy Warhol
  • Imaxe en Branco e Negro con unha cor.

TIC, Reforzo 5: As orixes da Informática actual

A informática é unha ciencia realmente recente cun avance vertixinosoque ponse en relevo día a día.

Dende as grandes computadoras, do tamaño de habitacións, aos smartphones que multiplican a súa capacidade e que asumen moitas funcións nun reducido espazo transcurriu menos dun século!

Grazas ás achegas dos "pais e nais" da informática, o avance da Informática foi posible, con "grandes" pasos cara aos nosos días.

Para a reflexión sobre este tema déixovos varias propostas:

Agardo a  vosa "homenaxe" a un dos pais ou nais da Informática: un documento ou diapositiva co seu nome, datas, imaxe e achega relevante ao mundo da informática.

Tarefa Tecnoloxía 2º ESO - semana 25 maio

Bo día! Esta semana continuamos co repaso do tema de mecanismos, centrándonos esta vez nos mecanismos de transmisión do movemento circular: a roda de fricción e os engranaxes. Trátase de sistemas de dous ou máis rodas, lisas ou dentadas, que ó atoparse en contacto directo ou a través de correas permiten a transmisión do seu movemento.

  • Tendes a planificación da tarefa no arquivo adxunto.
  • Todos os recursos necesarios están en Edixgal, apartado "Plan de reforzo / Tarefa 25 de maio".
  • Calquera dúbida ou consulta escribídeme ó email (profetecnojess@gmail.com).

Que teñades unha boa semana!

Jessica

 

Tarefa Tecnoloxía 4º ESO - semana 25 maio

Bo día! Esta semana tamén teremos dúas liñas de traballo: unha tarefa de reforzo obrigatoriasobre o tema de instalación en vivendas e unha tarefa de ampliaciónde continuación do tema de hidráulica e neumática. Esta última tarefa é voluntaria e suma a maiores na nota da tarefa semanal.

Tende en conta o seguinte:

  • Teremos unha videoconferencia o mércores 13:15.
  • Déixovos a planificación das tarefas no arquivo adxunto.
  • Tendes todos os recursos necesarios na Aula Virtuale no libro de texto.
  • Para calquera dúbida ou consulta escribídeme (profetecnojess@gmail.com)

Que teñades moi boa semana!

Jessica

Tarefa Tecnoloxía 3º ESO - semana 25 maio

Bo día! Esta semana centrarémonos nun apartado importante do proceso tecnolóxico, a creación dun presuposto. Ademais de entender como se fai é especialmente interesante saber facelo sobre unha folla de cálculo, de modo que todos os cálculos se realicen de forma automática. Igual que a semana pasada teredes unha tarefa de reforzo obrigatoria e outra de ampliación voluntaria.

  • Tendes a planificación da tarefa no arquivo adxunto.
  • Podedes encontrar todos os recursos na Aula Virtual.
  • Esta vez teredes que traballar dende a folla de cálculo de Google Drive.
  • Para o que necesitedes escribídeme ao e-mail (profetecnojess@gmail.com).

Un saúdo e moito ánimo!

Jessica

Tarefa Tecnoloxía 2º ESO - semana 18 maio

Bo día! Agardo que o sol desta fin de semana vos axudara a recargar as pilas.

Esta semana faremos un repaso ó tema de mecanismos, facendo fincapé nos mecanismos simples: a palanca e a polea. Ambos mecanismos nos axudan a mover cargas de forma máis fácil grazas a que nos permiten cambiar a dirección da forza ou incluso a reducir o peso de carga. 

  • Tendes a planificación da tarefa no arquivo adxunto. 
  • Todos os recursos necesarios están en Edixgal, apartado "Plan de reforzo / Tarefa 18 de maio".
  • Calquera dúbida ou consulta escribídeme ó email (profetecnojess@gmail.com).

Unha aperta enorme!

Jessica

Tarefa Tecnoloxía 4º ESO - semana 18 maio

Bo día! Agardo que o sol desta fin de semana axudara a recargar as pilas!

Esta semana a tarefa estará divida en dúas liñas: unha tarefa de reforzo obrigatoria e unha tarefa de ampliación de carácter opcional para aquel alumnado que queira continuar co proceso de aprendizaxe con aqueles temas que non puidemos traballar na aula. Esta tarefa sumará a maiores na nota da tarefa semanal.

Tende en conta o seguinte:

  • Teremos unha videoconferencia este mércores na sesión de clase para aclarar dúbidas e facer unha breve explicación do tema novo de ampliación. 

  • Déixovos a planificación das tarefas no arquivo adxunto.

  • Tendes todos os recursos necesarios na Aula Virtual e no libro de texto. 

  • Para calquera dúbida ou consulta escribídeme (profetecnojess@gmail.com)

Unha aperta enorme!

Jessica

Tarefa Tecnoloxía 3º ESO - semana 18 maio

Bo día! Agardo que o sol desta fin de semana vos recargara de enerxía! Esta semana comezaremos polo inicio, repasando as fases fundamentais do proceso tecnolóxico. Ademais propóngovos unha tarefa de ampliación sobre seguridade na rede, de gran importancia hoxe en día. Esta tarefa de ampliación é voluntaria para o alumnado que lle apeteza continuar co seu proceso de aprendizaxe e sumará a maiores na nota da tarefa semanal. 

  • Adxúntovos a planificación da tarefa.
  • Podedes encontrar todos os recursos na Aula Virtual.
  • Para o que necesitedes escribídeme ao e-mail (profetecnojess@gmail.com). 

Unha grande aperta!

Jessica

TIC, Reforzo 4: Seguridade na rede, a contrasinal coma porta de entrada

Un equipo conectado a unha rede de comunicacións é un equipo exposto a posibles ataques. A nosa primeira barreira de seguridade é unha boa contrasinal.

Ademais debemos ter o equipo informático actualizado: sistema operativo, navegador, paquete ofimático, antivirus,...

Revisa o teu equipo e a seguridade das túas contrasinais. Proba os seguintes consellos que temos publicados para ti:

Agardo as túas capturas de pantalla onde se amose:

  • Nivel de complexidade da contrasinal
  • Sistema Operativo actualizado
  • Navegador empregado actualizado
  • Antivirus en funcionamento e actualizado

TIC, Ampliación: Edición Web

Publicar na web, HTML

Publicar na web precisa de contratar un servidor e manexar a linguaxe da Web: HTML.

Empregando un asistente baseado en CMS creamos a nosa páxina web en liña. Empregamos Webnode: https://www.webnode.es/

Actividade 1: Creo o meu sitio web

Tarefa 1: Rexistro en Webnode

Tarefa 2: Creo un sitio web, sobre a temática libre escollida, que terá unha páxina "Fotografías".

Tarefa 3: Comparto a ligazón cos meus compañeiros/as en Drive

Actividade 2: Creo unha páxina web local desde cero

Tarefa 1: Gardo en local calquera páxina Web e analizo o código e a estructura dos ficheiros que compoñen a mesma.

Tarefa 2: Xero unha páxina web coa estrutura básica. Apóiate na "sabana" coas etiquetas HTML.

Remite o teu traballo por correo electrónico a isabel.traballo@edu.xunta.es ou presenta na Aula Virtual.

 
Isa

TIC, Reforzo 3

Periféricos

Un periférico é un compoñente externo dunha computadora que se liga mediante conexións físicas directas (cabos ou cables) ou indirectas (radiofrecuencia ou raios infravermellos) e que serve para interactuar co sistema.

Tarefa 1: Lee o libro "Periféricos" no arquivo PDF ou na Aula virtual: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicovaterrena/aulavirtual/mod/book/view.php?id=1954

Tarefa 2: Investiga sobre os diferentes periféricos existentes no mercado e as súas variantes de conexión, ...

ACTIVIDADE FINAL: Crea unha presentación con 3 diapositivas. En cada unha constarán as distintas configuracións de equipos informáticos segundo o seu uso final e un prezo aproximado do conxunto:

  • Equipo básico de usuario para conexión a Internet e empregar un paquete de software ofimático.
  • Equipo para un usuario que xoga en liña.
  • Equipo para traballo de deseño gráfico.

Isabel Martínez, isabel.traballo@edu.xunta.es

Tarefa Tecnoloxía 2º ESO - semana 11 maio

Bos días rapaces e rapazas! Esta semana faremos un repaso á unidade de estruturas. Recordades cales eran os esforzos que podían sufrir os elementos que forman unha estructura?

Tracción, compresión, torsión, flexión y pandeo

Ademais esta semana teredes unha tarefa de reforzo (obligatoria) e outra tarefa de ampliación (voluntaria)

Déixovos a planificación das tarefas no arquivo adxunto. Recordade que todos os recursos e a información precisa a atoparedes en Edixgal. Cualquera dúbida ou problema que teñades escribideme por correo electrónico. 

Un saúdo e aperta enorme!

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930