Concerto de Nadal do coro e conxunto instrumental

O 12 de decembro, na capela de Santa Liberata, o coro e conxunto instrumental sorprendeunos cun concerto con temas clásicos e tamén actuais, integrando unha orquestra de cámara formada por profesorado e alumnado do centro.

Baixo a dirección de D.David Piñeiro ofrecéronnos o resultado de todas esas horas de ensaio e esforzo.

Ademais, o xoves 19 de decembro terá lugar en Madrid un novo concerto a cargo de este alumnado na parroquia de San Manuel e San Benito, na rúa Alcalá.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer