Xeral

DIA INTERNACIONAL DA INFANCIA

CONCURSO DIA INTERNACIONAL DA INFANCIA

Xa desvelamos cal foi a persoa gañadora do concurso de hoxe DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA.

Noraboa LÍA MARIÑO GONZÁLEZ!!!!!!

Aquí tedes o video cos traballos de todos/as os/as participantes. 

Tamén colocaremos no patio unha lona cos traballos presentados, incluido o da gañadora, claro!

Moitas grazas a todos/as!!!.

 

Apertura da nova biblioteca

Despois de moitos avatares, unha reforma integral, unha mudanza e polo medio unha pandemia mundial, Lentiña volve chea de libros á súa nova casiña, a nosa biblioteca do CPI de Cova Terreña. Despois de moito traballo, os profesores e profesoras xunto co Equipo de Biblioteca quere darvos a BENVIDA a un novo espazo amplo, luminoso e agradable, creado con moito agarimo para todos vós. Aínda que seguimos en construción, desexamos que o gocedes e que poidades sacarlle o máximo partido.

Como é Lentiña, a nova biblioteca?

A nova biblioteca atópase na planta baixa do centro, xusto diante do acceso ao patio norte. Aquí tedes algunhas imaxes do que poderás atopar nela:

A distribución de seccións é a seguinte:

A Clasificación Decimal Universal (CDU)

As bibliotecas de todo o mundo están organizadas segundo a Clasificación Decimal Universal, chamada CDU. Este sistema consiste en en darlle a cada libro unha numeración segundo o tema. Todos os libros coa mesma numeración tratan o mesmo tema e están na mesma sección.

A CDU clasifica todos os libros en categorías numéricas, cuxo primeiro díxito indica a súa temática xeral. Segue a Lentiña no seu percorrido polas CDUs.

Dentro de cada categoría numérica a nosa biblioeca ten as seguintes subcategorías.

Despois do código numérico da sección onde se atopa o libro, na CDU aparecen as tres primeiras letras do apelido do autor, e por último as tres primeiras letras do título, sen contar artigos e preposicións.

Por exemplo:

Se buscamos O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas, a súa clasificación será a seguinte:

82-N

RIV

lap

Normas da biblioteca

  1. A duración do empréstito é de 15 días. Poderá ampliarse se o libro non ten demanda.
  2. Podedes reservar un libro.
  3. Na biblioteca deberás estar en silencio.
  4. Prégase non levar ningún tipo de comida nin bebida á biblioteca.
  5. O uso dos libros será sempre coidadoso.
  6. Despois de ler un libro tedes que colocalo no carriño.
  7. Podedes empregar os ordenadores para consultar información, enciclopedias, CD ou DVD. Se escoitas música terás que pedir uns cascos.
  8. NON se empregará internet sen a supervisión do profesor ou encargado da biblioteca.

Protocolo COVID

  • O uso da máscara será obrigatorio para acceder á biblioteca para todo o alumnado, inclusive para Ed.Infantil, como medida hixiénica preventiva, polo posible uso das instalación por diferentes grupos de diferente etapas na mesma xornada lectiva.
  • Será obrigatoria a hixiene de mans con xel hidroalcólico tanto á entrada como á saída da biblioteca.
  • O alumnado desinfectará o seu posto antes e despois do seu uso.
  • O emprego de xogos de mesa queda restrinxido.
  • O alumnado que empregue material común (ordenadores) deberá desinfectalo antes e despois do seu uso.
  • A biblioteca disporá de dous carriños específicos para realizar unha corentena ata o día seguinte de todos os libros utilizados (tanto por consulta na biblioteca como por empréstito).
    • Consulta na biblioteca: o alumnado deixará os libros, periódicos ou revistas consultados no carriño.
    • Empréstito: o profesorado de garda depositará os libros devoltos no carriño para a correspondente corentena ata o día seguinte.
  • Ventilación: a biblioteca permanecerá ventilada de forma permanente mediante unha apertura mínima de 5 cm en ambos os extremos das ventás que dan ao patio.

Agora que liches esta guía, podes amosar o que aprendiches neste cuestionario da aula virtual.

Máscaras para o alumnado: convocatoria

 

MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Información sobre a Orden do 6 de novembro de 2020 sobre o procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado.

PRAZO: Ábrese o prazo para presentar solicitudes ata o 27 de novembro de 2020, incluído.

BENEFICIARIOS:

  • Alumnado de Ed.Primaria

  • Alumnado de Ed.Secundaria

SOLICITUDES:

  • O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020/2021 xa ten concedidas as máscaras de xeito automático. NON teñen que presentar nova solicitude no centro.

  • Deberán presentar solicitude no centro aquel alumnado que non presentou solicitude en Fondolibros e está nunha destas situacións:

    • Alumnado pertencente a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€

    • Alumnado suxeito á tutela ou garda da Xunta de Galicia.

    • Alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65%.

As solicitudes deberán presentase no centro educativo.

Na páxina web do centro e no propio centro educativo estarán á disposición das familias os impresos de solicitude (Anexo I e Anexo II da Orde).

RESOLUCIÓN: Ao remate do prazo de presentación de solicitudes publicaranse as listaxes dos beneficiarios.

PLAN DE CONTINXENCIA. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

 

PLAN DE CONTINXENCIA

HORARIO

Seguiremos, segundo  o indicado dende a dirección do centro, o mesmo horario que nas clases presenciais, adicando a primeira media hora a clase mediante Webex ou Aula Virtual, e os 20 min. restantes ao traballo individual dos alumnos.

HORARIO DE TITORÍA AO ALUMNADO E FAMILIAS

Seguiremos, da mesma forma, o horario de titorías que temos no modo presencial.

No caso de 2ºA, Luisa Aldao ten a titoría co alumnado os luns de 16:10- 17:00h, e coas familias os mércores de 11:30- 12:20h.

 

No caso de 4ºA, María Pérez ten a titoría co almunado os martes de 13:10-14:00h, e coas familias, o mesmo día de 12:20 a 13:10h.

CORREOS ELECTRÓNICOS DE CONTACTO CO PROFESORADO.

María Luisa Aldao: marialuisa.aldao@edu.xunta.es

María Pérez: mariaiesarte@gmail.com

 

PLATAFORMA VIRTUAL EMPREGADA

Aula Virtual do CPI Cova Terreña:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicovaterrena/aulavirtual/

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

CONCURSO DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

Xa temos os participantes no concurso do Día Internacional da Infancia. Podedes ver os debuxos nos arquivos adxuntos.

Gracias aos participantes!!!

En breve poderedes comprobar quen foi o debuxo gañador e todos os debuxos participantes....

Do souto ao magosto!

Boa tarde!

Aquí tedes máis recursos tirados da web do Portal das Palabras para traballardes a festividade do Magosto.

 

 

En primeiro lugar, quédavos a ligazón a un artigo sobre a castaña e todas as palabras do seu campo semántico: magosto, peteladoira, corripa, canizo, bandoxo, cacho, calduda, etc. Cantas coñecedes? 

https://portaldaspalabras.gal/lexico/setestrelo/souto-ao-magosto/

 

 

A seguir, déixovos unha ligazón a información sobre a tradición dos zonchos, colares de castañas cocidas que a rapazada leva pendurada do pescozo nos días 1 e 2 de novembro.

https://portaldaspalabras.gal/lexico/mira-que-din/zoncho/

 

 

 

E para rematar cunha actividade máis lúdica, quédavos tamén a ligazón a un xogo interactivo baseado nas palabras do outono.

https://portaldaspalabras.gal/xogo/palabras-de-outono/

 

 

SAÍDA DIDÁCTICA. COÑECENDO A CONTORNA.

Bos días:

Os departamentos de bioloxía e educación física organizamos unha visita ao esteiro da Foz con 1º da ESO os días 4 e 5 de novembro.

Desprazámonos camiñando desde o centro ata a ponte de Ramallosa e unha vez ali recibíronnos Manolo e Bush.  Explicáronnos a importancia das marismas; a diferenciar as especies de aves migratorias e as súas características; fixemos experimentos con plantas que conteñen saponinas (xabón); usamos telescopios terrestres; entendimos e puxemos en valor a importancia dunha marisma como filtradora; e por riba traballamos a resistencia aeróbica camiñando máis de 8 quilómetros.

Moitas grazas a todos os participantes e ao profesorado acompañante.

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

CONCURSO DE DEBUXO/LOGO DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

 

20 de NOVEMBRO: DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA
 
Este día lémbranos que todos os/as nenos e nenas teñen dereito á saúde, á educación e á protección, independentemente do lugar do mundo no que naceran.

Dende o equipo de Convivencia propoñémosvos un concurso de debuxos para conmemorar este día.

Podedes consultar as bases do mesmo no documento adxunto.

Animádevos a participar!.

Cova Queda Na Casa: O mural xa está listo!

Estimada comunidade educativa,

Dende o equipo de Convivencia puxemos en marcha a actividade "Cova queda na casa" para poder vervos e seguir con vós preto na distancia. Coas fotografías recibidas mantivemos o "contacto na distancia" e puidemos compartir os momentos de estudo, de xogo, de saída á natureza, de lectura, o cariño pola lingua galega e os momentos en familia dos cales dan testemuña o mural exposto no centro e que nos lembra todo o esforzo e responsabilidade por parte de todos neste período.

Noraboa polo voso compromiso e colaboración durante todo este período de actividade non presencial.

5 DE XUÑO. DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño é o Día Internacional do Medio Ambiente. Dende o Departamento de Ciencias da Natureza e o Departamento de Física e Química non queremos perder a oportunidade de por en valor a nosa contorna traballando un dos nosos sentidos, o oído. Esta semana o alumnado escoitou a natureza gravando eses sons que xa non percibimos pola contaminación acústica ou que si percibimos pero dos que non somos conscientes perdendo así a oportunidade de desfrutalos.

Os seguintes audios e vídeos deixan constancia do traballo reflexivo do noso alumnado así como dos sons máis simples e naturais que nos rodean.

Lara Taboada Álvarez. Reflexión, a contaminación acústica

Vídeo_1

Cloe Vizoso Rocha. Reflexión, que queremos escoitar?

Vídeo 2

Carla Carneiro.

Vídeo 3

  1. Auga no río no Pozo do Arco
  2. Son do Mar na virxe da Rocha
  3. Regato en Belesar

Cristina Corbacho Flores. Tormenta do domingo 31 de maio.

Vídeo 4

Cristina Corbacho Flores. Abellas

Son 5

Cristina Corbacho Flores. Grilos

Son 6

Sergio Arjones: Paxaros

Son 7

  1. Mirlo
  2. Gorrión
  3. Verderón
  4. Abubilla
  5. Escribano
  6. Carruca cabecinegra
  7. Jilguero
  8. Tórtola europea

Celia Durán Muro. Vento na praia de Santa Marta

 Son_8

Manuel Pena Moreira. Sons dende unha urbanización en Baiona

Vídeo 9

Alvaro Fernández Goce. Son e vídeo de Baiona e da auga do mar.

Vídeo 10

O Papagaio

O PAPAGAIO MES DE XUÑO

 

Queridos nenos e nenas:

Xa tedes aquí O Papagaio do mes de Xuño en PDF para que todos e todas o poidades ler na casa. Volo deixamos como adxunto.

Un saúdo e coidadevos moito

Protocolo para entrega de boletíns de cualificacións, recollida e entrega de material e entrega de documentación para a formalización de matrícula 2020/2021

Estimadas familias,

Achégase o fin de curso e quedan aínda moitos trámites por realizar: recollida de material e entrega do que aínda está no centro, devolución de libros de texto e equipos informáticos de empréstito, recollida do boletín de cualificacións, recollida dos impresos para a formalización da matrícula e asignación de cita e formalización da matrícula (1 ao 10 xullo).

Para poder realizar todas estas xestións coa maior fluidez posible e a maior garantía de seguridade deseñamos un protocolo para o cal precisamos a súa colaboración.

Terán que vir ao centro en dúas ocasións. Primeiramente o día asignado segundo o curso co material a devolver (libros de texto, libros da Biblioteca ou do Club de lectura, equipos de empréstito do centro, mochilas viaxeiras,...) e recoller o material propio. Na conserxería do centro entregarase o boletín de cualificacións, documentación para a formalización da matrícula e asignarase cita para entregala.

16 xuño Novo ingreso   22 xuño 1º-3º Primaria
17 xuño 4º Ed.Infantil   23 xuño 2º-4º Primaria
18 xuño 5º-6º Infantil   25 xuño 2º-4º Secundaria
19 xuño 5º-6º Primaria   26 xuño 1º-3º Secundaria

Terán que voltar o día e hora asignado (entre o 1 e o 10 de xullo) para formalizar a matrícula: entregar os impresos cubertos e a documentación solicitada, e entregaráselle a axenda escolar do centro coa que este ano agasallamos a todo o alumnado.

Teñen máis detalle nos documentos adxuntos:

Non dubiden en consultar con nós calquera dúbida nos teléfonos 886120001 e 886120002 ou no correo electrónico cpi.cova.baiona@edu.xunta.es

Iria Ludeña, gañadora do I certame de poesía Beatriz da Serra

A alumna do noso centro, Iria Ludeña, de 2ºESO, ven de gañar o I Certame de poesía Beatriz da Serra, convocado polos equipos de EDLG do IES Terra de Turonio e do IES Escolas Proval durante o confinamento. O xurado fai unha mencion especial pola calidade das obras presentadas pola alumna que recibiu este premio na categoría B.

UNHA GAIOLA DE CINCUENTA PAXAROS
Pasan, corren, voan
as piadosas horas,
pero dentro dunha gaiola
pesan máis do que voan.
Pasan, corren, voan...
Acaso esgótaselles o tempo?
Pero aquí dentro podo dicir:
“As horas dormen, e non voan”.

Matrícula 2020/2021

O prazo de matrícula é do 1 ao 10 de xullo para todas as etapas educativas. Os impresos de matrícula están dispoñibles no centro e entregaranse co boletín de cualificacións. Tamén pode descargalos nos ficheiros adxuntos.

Contacte co centro para asignarlle unha cita: 886120001

Impresos de matrícula para o curso 2020/2021. Escolla o nivel que cursaría o vindeiro curso:

Cova queda na casa

COVA QUEDA NA CASA. ESPECIAL LETRAS GALEGAS

Estimados membros da nosa comunidade educativa.

Deixamos o pavillón ben alto coa nosa aportación á conmemoración das Letras Galegas deste ano!!!!

Moitisimas grazas pola vosa participación!!! Aquí tedes o Vídeo desta semana.

Seguimos con vos, Preto na casa.

Traballando de cara ao fin de curso, Informacións 3º Trimestre

Estimado alumnado e estimadas familias,

Sabemos do esforzo que toda a comunidade educativa está a realizar para que o alumnado continúe coa súa formación: alumnado, profesorado e familias.

Estes días ponse de relevo o importante que é a Educación e que só coa formación adecuada poderán ser uns profesionais de futuro que asuman difíciles retos coma os que estamos a vivir, dende a honestidade no traballo e a capacidade para afrontar, de xeito autónomo, escenarios nunca vividos.

Hoxe estamos a un mes do remate do curso, un curso atípico que nos está exixindo moito esforzo e colaboración por parte de todos e todas. E este esforzo debe manterse ata o fin de curso, o 19 de xuño. Temos que aproveitar este derradeiro mes para seguir aprendendo e afianzando coñecementos que nos permitan afrontar con maior garantía de éxito o vindeiro curso.

Animámosvos a seguir traballando diariamente e agardamos vervos moi pronto.

Aproveitamos para trasladarvos a seguinte información de interese:

  • Adaptacións Programacións Didácticas: na páxina web do centro 

  • Solicitude Fondo Solidario de Libros de Texto: 20/maio ao 19/xuño

  • Matrícula curso 2020/2021: 1 ao 10 de xullo

Cova queda na casa

COVA QUEDA NA CASA. ESPECIAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Estimados membros da nosa comunidade educativa:

De estar no centro, a semana pasada teríamos feito unha serie de actividades para conmemorar o día das Letras Galegas, 17 de maio.

Dende Covaquedanacasa, queremos igualmente facer un reto sobre a nosa lingua e ocurriusenos que podíades facervos unha foto coa vosa palabra galega favorita. Pode ser escrita nun papel, formada con materiais de refugallo no chan, nunha mesa, etc... Xa sabedes que, como sempre, a imaxinación é o primeiro!!

Esperamos as vosas achegas!!!!


Instrucións:

  • As fotografías remitiranse por correo electrónico a covaquedanacasa@gmail.com ou por WhatsApp ao teléfono móbil do centro 604070366.
  • As persoas que remitan e aparezan nas fotografías aceptan co seu envío que as mesmas sexan publicadas na páxina web do centro e nun mural que estará situado no centro e que todos poderemos ver á volta da normalidade.
  • Podedes enviar as vosas fotos ata o vindeiro xoves 21 de Maio as 21:00 h.
  • O venres, 22 de maio publicarase na web unha montaxe coas imaxes recibidas entre o día 18 e o 21 de maio a disposición de toda a comunidade.

Cova queda na casa

TOD@S CON MÁSCARA!!

 

Estimados membros da nosa comunidade educativa:

Unha vez máis, deixadesnos abraiados coa vosa participación no reto de Covaquedanacasa.

Vainos quedar unha portada da axenda chulísima con todas as fotos recibidas.

Mentres se elabora a montaxe, aquí tedes o video de esta semana.

Esperamos que o disfrutedes coma nos!!.

Un saúdo!.

Seguimos con vos, preto na casa.

Cova queda na casa

Xa estamos na primeira fase

Estimados membros da nosa comunidade educativa:

Imos avanzando e xa queda menos para volver á normalidade. Esta semana propoñemos que, para deixar testemuña desta etapa, os que queirades podédesnos mandar algunha foto vosa con mascarilla. Canto máis orixinal, e se está feita e/ou debuxada por vós, mellor! Coas fotografías recibidas faremos unha montaxe e crearemos un mosaico para ilustrar a portada da axenda do próximo curso 2020/2021.

Esperamos as vosas fotografías!

Un saudo e coidadevos moito

Instrucións:

  • As fotografías remitiranse por correo electrónico a covaquedanacasa@gmail.com ou por WhatsApp ao teléfono móbil do centro 604070366.
  • As persoas que remitan e aparezan nas fotografías aceptan co seu envío que as mesmas sexan publicadas na páxina web do centro e nun mural que estará situado no centro e que todos poderemos ver á volta da normalidade.
  • Ademáis, coas fotos desta semana farase unha montaxe que formará parte da portada da axenda do vindeiro curso 2020/2021. Aqueles que non autoricen á publicación da súa foto na portada da axenda, deberán comunicalo no seu envío.
  • Podedes enviar as vosas fotos ata o vindeiro xoves 14 de Maio as 21:00 h.
  • O venres, 15 de maio publicarase na web unha montaxe coas imaxes recibidas entre o día 11 e o 14 de maio a disposición de toda a comunidade.

 

Cova queda na casa

XA PODEMOS SAIR!!!

Unha semana máis deixádesnos abraiados coas vosas achegas!.

Xa vemos que poidéchedes aproveitar estas primeiras saídas! Pero sempre respectando as recomendacións. Moi prudentes.

Pois aquí tedes o vídeo resultante.

Ánimo e afouteza que cada vez queda menos!!!.

Seguimos con vós, preto na distancia!!!

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031