Xeral

REFORZA-T Mónica Díaz

Neste blogue está destinado a aqueles alumnos/ as que necesiten reforzo tanto en competencia matemática como lingüística. Son actividades lúdicas para xogar aprendendo.

Cova queda na casa, grazas polas vosas fotografías!!

Estimada comunidade escolar,

Encheunos de ledicia recibir as vosas fotografías: estudando, xogando, con mensaxes, de alumnado, profesorado e familias.

Con todas elas preparouse este vídeo con todo o noso cariño!

Podedes ver as fotografías na páxina web do centro:

Grazas por participar! e seguide participando!

Recursos adicionais: Guía sobre bulos para familias

Saber valorar a información que nos chega é moi importante, especialmente neste momento na que circulan bulos que non fan outra cousa máis que aumentar a nosa preocupación e facernos perder o tempo. Deixámosvos un artigo que agardamos vos resulte de interese:

Guía sobre bulos para padres y madres

https://www.newtral.es/guia-sobre-bulos-para-padres-y-madres/20200323/Resultado de imaxes para: bulo

Convivencia: Cova queda na casa, mándanos as túas fotos

Estimada comunidade educativa,

A nosa separación vaise alongar un tempo, un pouco máis do previsto inicialmente e moito máis do que nos gostaría pois... xa vos botamos de menos!

Gustaríanos tanto saber de vós! Chamaríamosvos a todos por teléfono pero é imposible, fixádevos que paradoxo, non teríamos tempo abondo!!!

Pero... e se nos mandades unha fotografía do moito que estades desfrutando en familia e traballando decotío??

Instrucións: 

  • As fotografías remitiranse por correo electrónico a covaquedanacasa@gmail.com ou por WhatsApp ao teléfono móbil do centro 604070366.
  • As persoas que remitan e aparezan nas fotografías aceptan co seu envío que as mesmas sexan publicadas na páxina web do centro e nun mural que estará situado no centro e que todos poderemos ver á volta da normalidade.
  • O venres publicarase na web unha montaxe coas imaxes recibidas a disposición de toda a comunidade.
  • Esta actividade parte dunha idea do equipo de Convivencia para manternos "Preto na distancia".

Recursos adicionais: Beneficios de ler cos nenos

Comprender mellor aos nosos fillos fainos mellores pais. Compartir a lectura é un momento ideal para achegarnos a eles.

Beneficios de ler cos nenos

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/que-beneficios-aporta-ler-cos-nenos-4131205

Resultado de imaxes para: leer con niños

Recursos adicionais: Educar para que lles pasen cousas boas.

Hoxe propoñémosvos o visionado dunha charla de Marian Rojas Estapé, médico psiquiatra, na que reflexiona como repercute na vida adulta o vivido na infancia e prevennos da incidencia das novas tecnoloxías nas nosas vidas.

Marian Rojas, Educar para que les pasen cosas buenas

https://www.youtube.com/watch?v=Pmxn6Vj3_PI

Que vos resulte de proveito.

Recursos adicionais: TVG2, Mº Educación e RTVE "Aprendemos en casa"

A TVG, a través do canle TVG2 e en colaboración coa Consellería de Educación, vai emitir un bloque de programación educativa, de luns a venres, de 11h a 13h.

http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/a-g2-emitira-de-de-luns-a-venres-un-bloque-educativo-para-apoiar-os-estudantes-galegos

O Ministerio de Educación e FP e RTVE poñen en marcha "aprendemos en casa", unha programación televisiva en ClanTV e TVE2 para o alumnado de 6 a 16 anos, a idade de escolarización obrigatoria.

Horarios de Aprendemos en casa

 

Recursos adicionais: Pedagoxía Terapéutica ESO

Estimadas familias e alumnado,

Pomos á vosa disposición unha serie de recursos para o alumando que o precise, máis adaptado ás súas necesidades, sobre todo son xogos e fichas para realizar en liña.

Aulasgalegas.org

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: Aprendemos as cores en inglés: fichas moi sinxelas aptas para alumnado TEA e tamén cancións en inglés: http://aulasgalegas.org/os-cores/ 

ENREDOS: Xogo de colocación do pronome: http://aulasgalegas.org/colocamos-os-pronomes/ e Tangram: http://aulasgalegas.org/tangram-da-cruz/
ESTAMOS COS MAIORES: Xogos de linguaxe presentados por Lola, traballando a atención: http://aulasgalegas.org/xogo-de-atencion-con-lola/

nubecitasdesabiduria.blogspot.com
¿Quien es quien?  Vídeo sobre identificación de profesións.
Veo Veo. Vocabulario a través de vídeo con fichas adaptadas.

vedoque.com
.Matemáticas: Suma 1. Velilla al mando de la matenave. La granja matemática.
.El rey del dominó.
.Pictosonidos.
.visitas virtuales.

aprendiendomates.com

Tarefas para practicar porcentaxes, operaciones,... de xeito divertido.

Recursos adicionais: e se aprendo Mecanografía?

Estimadas familias,

Escribir con fluidez no teclado, empregando as dúas mans, é unha práctica útil que facilita o traballo e unha destreza alcanzable con constancia. Pode ser un reto a fixarnos para este período de estadía no fogar. Con unha hora diaria, en breve, dominaredes ao teclado!! Deixámosvos un recurso gratuíto dos moitos que podedes atopar na web:

https://vedoque.com/juegos/mecano/

Ánimo co reto.

Recursos adicionais: Pedagoxía Terapéutica Ed. Infantil e Primaria

Estimadas familias e alumnado,

Como mestra de PT das etapas de Ed. Infantil e Primaria, a continuación, comparto unha serie de recursos para o repaso e reforzo dos contidos curriculares:

- Para practicar de forma lúdica os fonemas, para Ed. Intantil e Primaria:
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazos/recursos?buscar=&date_filter[min][year]=&date_filter[min][month]=&date_filter[min][day]=&date_filter[max][year]=&date_filter[max][month]=&date_filter[max][day]=&idioma=All&ensinanza=73&nivel=36&materia=42&tipo=All&licenza=All
-
 Matemáticas, práctica de sumas e restas para 1º e 2º de Ed. Primaria:
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/repositorio/cont/cuentas-sumas-y-restas
-
 Repaso dos números, táboas de multiplicar e resolución de problemas para 3º e 4º de Ed. Primaria:
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/repositorio/cont/problematicos
-
 Razoamento lóxico-matemático para 5º e 6º de Ed. Primaria:
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/repositorio/cont/razonamiento-logico-0
-
 Etapa de Ed. Infantil: lectoescritura, psicomotricidade, concepto de número, grafomotricidade: 
http://www.todoinclusion.com/E-Infantil-Material/
 
- Etapa de Ed. Primaria, con actividades para todos os niveis: Lengua, reforzo e repaso:
http://www.todoinclusion.com/Lengua-E-Primaria-Material/
 
- Etapa de Ed. Primaria, con actividades para todos os niveis: Matemáticas, refozo e repaso:
http://www.todoinclusion.com/Matematicas-E-Primaria-Material/
-
 Lecturas comprensivas, escritura, lectoescritura, caligrafía, entre outros:
http://www.todoinclusion.com/Lectoescrit-y-Grafomo-Material/

Un saúdo. 
Maite Guerra Prieto - Mestra PT maiteprofept@hotmail.com

Recursos adicionais: Anímaste a ler?

E continuamos con recursos interesantes para facer máis levadeiro o confinamento en casa. Animámovos a aproveitar o tempo e disfrutar da lectura como alternativa de ocio, e como non, de aprendizaxe. 

Aquí vos deixamos o enlace á Plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas, onde podedes acceder a un amplo abano de posibilidades de lectura para todas as idades.

Moito ánimo e coidádevos!

Recursos adicionais: Recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

Desde O Colexio Oficial de Psicoloxía transmítennos unha serie de recomendacións elaboradas pola Sección de Psicoloxía Educativa, dirixidas, neste caso, ás familias:

  • Mantede a calma nas conversas e nos actos. A actitude da familia é a que van adoptar os vosos fillos e fillas.
  • Transmitídelle que a responsabilidade é de todos, empezando pola casa.
  • Xestiona o tempo da dedicacións dos teus fillos ou fillas ás redes sociais.
  • Pensade en positivo, tedes que sacar dos vosos fillos e fillas o mellor que teñen.
  • Axúdalles a falar e expresar as súas emocións, dúbidas, medos, inquedanzas.
  • Fóra os bulos. Informádevos nas fonte fiables, páxinas webs da Consellería de Sanidade, de Educación e dos correspondentes Ministerios.

Para toda a comunidade educativa moita afouteza.

Recursos adicionais: como explicar a situación actual ao alumnado TEA

Familias, deixámosvos un recurso que vos pode axudar a explicar a situación actual ao alumnado que presenta TEA. Trátase dunha guía adaptada con pictogramas para poder explicar diferentes aspectos relacionados co coronavirus e as medidas adoptadas. 

Ademais, a Instrución do 19 de marzo de 2020 permítelles ás persoas que teñan alteracións condutuais, como aquelas diagnosticadas  de espectro autista ou que presenten condutas disruptivas, realizar os desprazamentos  que sexan necesarios sempre que se manteñan as medidas necesarias para evitar o contaxio.

http://aulasgalegas.org/que-di-a-instrucion-do-19-de-marzo-de-2020/

Recursos adicionais: Recomendacións para a convivencia en familia estes días

Atopámonos nunha circunstancia excepcional, que nos invita a pasar uns días en familia. Aquí vos deixamos algunhas recomendacións para que esta experiencia na casa sexa o máis positiva e enriquecedora posible! Guiño

Recursos adicionais: para o alumnado de 4 a 10 anos, conto e EduClan

Estimadas familias dos máis cativos. Ofrecémosvos dous recursos:

Conto: Rosa contra el virus , Para explicarlle aos máis cativos o coronavirus e outros posibles virus. No ficheiro adxunto.

EduClan: ferramenta educativa lanzada por RTVE coa colaboración de EDEBE, ANAYA, SM, McGraw Hill e Smile&Learn.  https://www.rtve.es/educlan/

Seguro que o reciben con ledicia.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031