Xeral

REPENSANDO O PATIO DO COVA

 

Durante o curso escolar 2018-19 participaremos no Plan Proxecta, concretamente no programa ProxectoTERRA: o patio escolar.

A nosa participación atende a unha necesidade real, a incorporación ao centro dun proxecto de redeseño do patio escolar tralas obras de pavimentación acometidas durante o verán, que solucione os problemas cotiás, permita mellorar a convivencia, mellore o espazo físico e a organización do patio e dote de máis recursos deportivos e de lecer ao alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria, con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos.

 


 

O día 2 de xaneiro, Dna. Isabel Martínez e Dna. Amparo Otero asistiron a un curso formativo “Obradoiro. Patios e camiños escolares. Propostas de transformación” (en Santiago de Compostela), onde coñeceron de primeira man propostas de patios dinámicos e traballaron, xunto a un equipo grupo multidisciplinar, sobre a mellora dos patios do noso centro escolar.

 

Tamén participamos no XIV Encontro InspiraTICs "Paisaxes e espazos de aprendizaxe" organizado pola Fundación Amancio Ortega e Santiago Rey Fernández-Latorre. Neste encontro celebrado o 14 de marzo en Vigo coñecimos de primeira man as propostas de Siro López. No seu percorrido polos espazos de aprendizaxe e xogo de todo o mundo, este experto identificou os rincóns e elementos que xeran conflito para inspirar o cambio, e animounos a copiar experiencias para adaptalas aos noso centro escolar.

 

 

Magosto 2018

Por fin o tempo deunos un descanso e chegou o día de celebrar o Magosto. Despois da 1ªhora, todo o alumnado do centro dirixiuse cara Chan da lagoa para a celebración.

O alumnado de 4ºESO preparou xogos para o alumnado de ESO e profesorado, quenes competimos sanamente nunha xincana moi divertida.  Ademais alumnado voluntario de ESO organizou xogos para o alumnado de Ed.Infantil.

O alumnado de Ed.Primaria tamén tivo o seu momento de xogo e, para rematar, queimamos a "pantasma papa medos"  que contiña os medos depositados polo alumnado na celebración do Samaín.

Gozamos das castañas asadas nun forno local que a ANPA cascara para nós nun xesto máis de colaboración co centro.

E antes de baixar aínda houbo tempo para a música e a entrega de premios. Un gran día grazas á colaboración de todxs.

Recíclate con Sogama

Separamos....

Reciclamos....

Aproveitamos e...

Traballamos.

Colaboración da Garda Civil no centro

O alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria asistiron a unha exposición de material e medios de distintas unidades da Garda Civil: Seguridade Cidadá, Seprona e Servizo Cinolóxico.

Un dos obxectivos desta actividade é achegar as forzas de seguridade ao alumnado para que saiban que están ahí para axudarnos e protexernos.

Asemade, o alumnado puido comprobar a participación da muller nos corpos de seguridade do estado, achegando profesións e pondo en valor o papel da muller na sociedade. 

Acoso Escolar: Presentación da campaña da Garda Civil no centro

A Garda Civil de Pontevedra iniciou no noso centro a campaña "Para meterte con un compañero, conmigo no cuentes".

O alumnado de 5º e 6º de Ed.Primaria asisitron ás charlas formativas a menores de prevención do Acoso Escolar que imparte a Garda Civil dentro do Plan Director baixo dito lema, sendo os primeiros en recibir a chapa que ilustra o slogan da campaña.

Ante calquera sospeita de acoso ou dúbida, non o dubides, pide axuda. Estamos para axudarvos.

Nova en Telemariñas

Nova en Val Miñor TV

Reportaxe/vídeo da nova en TVG nos ficheiros adxuntos

Reportaxe/vídeo da nova en TVE1

Día do Libro: Lecturas compartidas

O 23 de abril celebramos o Día do Libro con moitas actividades. Entre elas tivemos Lecturas compartidas onde tomamos o patio, o noso libro, mantiña e coxín e compartimos lectura entre maiores e pequenos.

Exposición "Sorrisos Transformadores"

O noso centro foi elexido coma sede da exposición “Sorrisos Transformadores”, unha exposición itinerante que consta de 10 imaxes nas que aparecen retratadas persoas alegres, orgullosas, que mostran unha parcela da súa vida que lles gusta, nunha reclamación dos dereitos do colectivo LGTBI.

Nova en Val Miñor TV

Nova en Telemariñas

 

 

Día Mundial da Saúde: Consumo de froita e Primeiros auxilios

Para conmemor o Día Mundial da Saúde celebramos 15 dias de promoción de consumo de froita fresca ofertando mazá, plátano, amorodo, arándanos, pera, clementina, piña e melón, con moi boa acollida.

Asemade, o noso alumnado dende 6ºEd.Primaria ata 4ºESO desfrutaron dunha formación en Primeiros auxilios coa colaboración de Marta López.

 

Somos unha MeteoEscola!!

Xa temos estación meteorolóxica!!!!

Os alumnos e as alumnas de 2º de ESO encargáronse da elaboración da perspectiva conxunta da caseta, mediante o emprego dun software de deseño 3D, e tamén da montaxe da propia caseta meteorolóxica.

 Dita actividade desenvolveuse durante as sesión lectivas da materia de Tecnoloxía e tamén nos recreos, e estivo coordinada e supervisada polo profesorado do Departamento de Tecnoloxía (Manuel Ángel e Isabel Cabaleiro).

Os nosos observadores meteorolóxicos, os alumnos e alumnas de 1º de ESO, xa están listos para medir e rexistar diariamente as variables meteorolóxicas (temperatura e precipitación), mediante o emprego deses dous aparellos cedidos por MeteoGalicia (pluviómetro e termómetro). Ditos datos serán publicados diariamente na cortiza do primeiro andar "SOMOS UNHA METEOESCOLA".

PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO!!!

Entroido no CPI de Cova Terreña

O noso centro celebrou o festival de Entroido 2018 en torno ao lema do centro deste ano: Patrimonio cultural de Baiona.

Agardamos que toda a comunidade educativa desfrutase coa actividade.

Celebración do Día da Paz

O 30 de xaneiro celebramos o Día internacional da Non violencia e da Paz conxuntamente no pavillón escolar.

O equipo de mediadores colaborou no traslado do alumnado de Ed.Infantil e 1º e 2º Ed.Primaria asemade na lectura dos Dereitos do Neno e dos Dereitos Humanos.

O noso mestre de ceremonias, Víctor Moreira, presentou o acto que tivo 3 partes:

  • Entrega dos premios do certame literario Dolores Agrelo por parte da ANPA, organizadora do certame.
  • Lectura e presentación dos "globos" dos dereitos do Neno e Humanos.
  • Actuación do coro e conxunto instrumetal do centro baixo a dirección de Don David Piñeiro, coreados por todo o alumnado do centro.

Novo encontro do equipo de mediadores e mediadoras

O equipo de mediadores e mediadoras do centro tiveron unha nova xornada de formación e convivencia no centro.

Campaña informativa e de sensibilización ante o problema do LUME

O xoves 21 de decembro pechamos o trimestre coa intervención do Enxeñeiro de Montes e catedrático da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela Don Roque Rodríguez Soalleiro no noso centro para informar ao alumnado da ESO sobre a problemática do lume en Galicia.

A través do Programa A Ponte están a levar esta iniciativa a moitos centros da comunidade, ofrecéndose desinteresadamente. Por todo iso, agradecemos a súa colaboración nestas charlas de difusión que tan ben aproveitou o noso alumnado.

Visita do Apalpador e Papa Noel no centro

O último día de clase do trimestre tivemos a visita do Apalpador e Papa Noel no noso centro. Con moita man e tino atenderon e visitaron ao alumnado de Ed.Infantil e Ed.Primaria. No nome de todos e todas moitas grazas pola visita!!!

Visita ao Concello polo Nadal

O alumnado de Ed.Infantil, 1º,2º,3º e 4º Ed.Primaria visitaron o Concello de Baiona polo Nadal onde puideron aprender máis sobre o Patrimonio cultural de Baiona, lema do ano do centro, ademáis de visitar as instalacións do concello e a decoración de nadal do mesmo.

Especialmente agradecidos á implicación da Concelleira de Educación, Dona Beatriz González, que interactuo co noso alumnado con moita man.

 

Encontro de mediadores

O noso equipo de mediadores reuniuse novamente para seguir coa súa formación a través dunhas actividades organizadas polo equipo de Convivencia do centro.

Inauguración da exposición "Á violencia de xénero ... Dille NON"

O CPI Cova Terreña de Baiona foi o elixido para a presentación da exposición “Á violencia de xénero… Dille NON!”, promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e que ten como obxectivo impulsar a sensibilización e prevención da violencia de xénero entre a mocidade.

 

Nova en Val Miñor TV

Nova na páxina web da Xunta de Galicia

Nova na páxina web do Concello de Baiona

 

Alba Carneiro Pérez, unha das gañadoras do I Concurso escolar contra a Violencia de Xénero

Alba Carneiro Pérez, alumna de 4ºESO, é unha dos 12 gañadores do I Concurso Escolar contra a Violencia de Xénero convocado pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra.

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, deu a coñecer o fallo do xurado, correspondéndolle a Alba o 3º premio na categoría 1 da modalidade debuxo-pintura, cun traballo co lema “No more silence”, escollido entre máis de 300 traballos presentados nesta modalidade.

Nova en PontevedraViva

Nova en Valmiñor TV

 

Magosto 2017

Despois da 1ªhora, todo o alumnado do centro dirixiuse a Chan da lagoa para a celebración do Magosto.

O alumnado de 4ºESO e 3ºESO-C prepararon xogos para o alumnado de Ed.Infantil e os compañeiros de Ed.Secundaria que competiron nunha xincana moi divertida.

O alumnado de Ed.Primaria preparou o noso lema para este Magosto: Non ao lume, construíndo o mesmo con restos vexetais, en torno ao cal entoamos a canción "Todos contra el fuego" de J.M.Serrat.

Pasamos unha xornada de xogos e convivencia gozando das castañas, cascadas coa colaboración da ANPA, asadas nun forno local.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930