Xeral

Libros de texto 2019/2020

Poden consultar a listaxe de libros de texto para o curso 2019/2020 nos ficheiros adxuntos a esta nova e no taboleiro principal do centro.

 

Lipdub: "Manteña aos nen@s ao alcance dos libros"

O equipo de Biblioteca, co gallo do Día do Libro, quixo involucrar a todo o alumnado do centro nun lipdub no que facemos un percorrido polo noso centro guiados polas nosas lecturas favoritas.

 

Lipdub: "Deixemos aos nenos ao alcance dos libros"

O equipo de Biblioteca, co gallo do Día do Libro, quiso involucrar a todo o alumnado do centro nun lipdub no que facemos un percorrido polo noso centro guiados polas nosas lecturas favoritas.

 

Museo sobre o mar

Estará aberto ata o martes 4 de xuño en Capitanía Marítima con traballos elaborados polo alumnado e profesorado do CPI de Cova Terreña, descubrindo as vantaxes de traballar en equipo.

 Faro de vigo

Quincena da froita

Do 20 ao 31 de maio vimos de fomentar os hábitos de alimentación saudable promocionando o consumo de froita entre o noso alumnado. Deste xeito, ofrecéuselle ao alumnado froita de temporada: amorodos, plátano, mirtilos, melón, sandía, nectarina, piña e albaricoque.

Coa colaboración do noso conserxe, Víctor Moreira, do alumnado de 6ºEd.Primaria e do profesorado todo o alumnado gozou da proposta.

11ª fase: Semana do patín e do patinete

A semana do 3 ao 14 de xuño, durante o recreo, os nenos e nenas do noso cole mostráronnos as súas dotes sobre os patíns, facéndonos desfrutar e coñecer un pouquiño máis este deporte.

 

Visita ao noso centro da Conselleira de Educación, Dona Carmen Pomar

O día 15-05-19 puidemos contar coa visita da Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Dona Carmen Pomar Tojo , acompañada do  Delegado da Xunta en Vigo, Don Ignacio López-Chaves, do xefe territorial de Educación de Pontevedra , Don Cesar Pérez Ares, do Alcalde de Baiona, Don Ángel Manuel Rodal , do Concelleiro de Educación, Don Policarpo Vidal, do Concelleiro de Urbanismo, don José Ángel Bahamonde, do noso inspector, Don Xoan Ferreiro , así como dos arquitectos e técnicos da Unidade Técnica que levarán a dirección das obras de rehabilitación integral e mellora da eficiencia enerxética cunha inversión por parte da Consellería de Educación de 1,2 millóns de euros.

No seu percorrido polas distintas instalacións do centro, a Conselleira puido constatar de primeira man as necesidades de rehabilitación do edificio. Asemade, recibiu de parte da Directora do noso centro, Dona Isabel Martínez Cabaleiro, unha serie de dossiers informativos cos proxectos que se están a levar a cabo : Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE); Contratos-programa: Reforzo, orientación e apoio (PROA); a de mellora da competencia matemática e a destinada á mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros; E-dixital, iniciacion á Robotica; Seccións bilingües e Programa CUALE ; Plan Proxecta ; Aliméntate ben; MeteoEscolas, Aprendemos programando e o Proxecto Terra, entre outros.

Nota de prensa no portal da Consellería de Educación, Universidade e FP

Nova en Atlántico diario

Nova en Valmiñor TV

Visita á exposición LAPBOOK de países de Europa

Para conmemorar o día de Europa, o  9 de maio, o alumnado de 6ºB de Primaria, realizou uns traballos en LAPBOOK sobre diversos países europeos que  nos invitaron a coñecer no salón de actos.

Durante as sesións lectivas da materia de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia de 1º e 4º de ESO coñecinmos da man do alumnado de 6º B, moitos aspectos da xeografía, das tradicións e costumes, da gastronomía , …, dalgúns  países da Unión Europea.

Apadriñamento Lector 2018/2019

O martes 30 de abril a meteoroloxía permitiunos realizar a actividade de lectura compartida co gallo da celebración do Día do Libro.

Todo o alumnado do centro participou na actividade.

Primeiramene, no patio sur, entergáronse os premios de creación literaria sendo as gañadoras:

  • Itziar Misa da Cuña
  • Celia Durán Muro
  • Ana Cabreira Cedeira

Posteriormente entregouse o premio do Concurso de Ortografía sorteando entre os participantes un e-book que lle correspondeu a Carla Varela Silva.

Finalmente, o alumnado distribuíuse por todo o patio para gozar da lectura compartida.

5ª fase do proxecto: actuacións no patio por parte do Concello de Baiona

O Concello de Baiona, a través da súa Concellería de Vías e Obras, está a realizar unha serie de actuacións de mellora no centro ao longo do mes de marzo-abril.

Dotouse ao recinto de dous novos bancos, agardando recibir máis elementos que poidan ser colocados no patio norte.

Estase a proceder ao saneamento do peche do recinto, arranxando o murete pétreo e dotándoo de novo valado metálico. Posteriormente o alumnado de Tecnoloxía dotará o murete dunha tarima de madeira, a modo de banco corrido. A obra de reforma mellorará a estética da entrada principal e dotará ao patio norte dun banco para o uso e disfrute durante o tempo de lecer.

4ª fase do proxecto: arte urbano no patio do Cova

Dende o día 29 de marzo estase a decorar o muro do patio sur cun deseño de arte urbano, sendo unha das propostas que o grupo de traballo do Plan Proxecta "O patio escolar" recolleu das suxestións do alumnado sobre a mellora do mesmo.

A actividade continuará ata o 5 de abril, a cal está a ser empregada como elemento formativo na materia de EPV e aberta á comunidade educativa.

 Por mor das malas condicións metereolóxicas, os grafiteiros, Daniel Cajaraville Mosquera e Daniel Fernández Vargas, tiveron que suspender a actividade ata o 11 de abril. A ansiada chuvia interrumpiu a actividade prevista!!!!! Malia o tempo perdido, o traballo xa está moi avanzado. PARABÉNS polo voso traballo!!

Charla A MULLER NO FRANQUISMO

Dende o departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia convidámoslles á charla sobre "A Muller no Franquismo" a cargo de Dona Uxía Otero González, que terá lugar o vindeiro luns 1 de abril, ás 16:10h, no salón de actos do centro, cunha duración estimada de 90 minutos.

Uxía Otero González (Cervo, 1992) é graduada en Historia (USC,2014) e Máster Interuniversitario en Historia Contemporánea (USC,2015). Na actualidade cursa o Programa de Doutoramento en Historia Contemporánea e é beneficiaria do programa de Formación de Profesorado Universitario (FPU) no Departamento de Historia da Universiddae de Santiago de Compostela (USC).

Agradecemos de antemán a vosa asistencia.

 

3ª fase do proxecto: enquisa ao alumnado e zonificación do patio

Os membros do Proxecto Terra - O patio escolar seguen traballando para darlle vida ao noso patio. Nesta ocasión gustaríalles recabar directamente do alumnado as súas preferencias respecto do uso e adicación de espazos do patio escolar polo que visitarán a cada grupo-clase, do 12 ao 18 de febreiro, para presentarlles o proxecto, realizarlles unha breve enquisa e facilitarlles un plano onde sinalar as súas preferencias.

Grazas pola vosa colaboración.

A exposición "Construíndo novas miradas", no Museo do Mar de Galicia

A exposición “Construíndo novas miradas” está actualmente no Museo do Mar de Vigo, recoñecendo o seu valor didáctico e de concienciación medioambiental. Esta mostra foi realizada polo alumnado do CPI Cova Terreña de Baiona dentro do Proxecto Terra no curso 2016/2017. Consistiu na elaboración de animais mariños con materiais de refugallo recollidos nas praias da vila, nas saídas que fixeron aos areais de Os Frades e A Concheira.

Preme para saber máis ...

Pódese visitar ata finais de febreiro.

 

1ª fase do proxecto: información á comunidade educativa

O venres, día 1 de febreiro, informouse da participación do proxecto aos representantes do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. 

Tamén informouse ao Claustro e os representantes do Consello Escolar e solicitouse a súa colaboración e implicación no proxecto.

 

2ª fase do proxecto: actuacións de mellora nos patios escolares

Debido ao deterioro de certos espazos do cole, durante o curso escolar 2018-19, iniciáronse unha serie de actuacións de mellora nos patios escolares (patio norte, partio sur e patios de Educación Infantil), o cambio do portalón da pista exterior do pavillón escolar e a reubicación do parque de xogos de Educación Primaria.

Retirada de beirarrúas

Pavimentación do patio norte

Pavimentación do patio sur

Patios de Educación Infantil (eliminación das filtracións de auga, acolchado do chan, peche do perímetro do patio, novas zonas de xogo, etc)

Reparación, reubicación  e acolchado do parque de xogos de Educación Primaria

Mantemento e limpeza do corredor exterior.

Novo portalón de acceso á pista exterior do pavillón escolar.

Destacouse a entrada principal ao centro.

Sabemos que queda moito traballo por facer pero xa emprendemos o camiño. Un camiño no que queremos contar coa vosa opinión e colaboración achegando ideas e respostas.

 

 

REPENSANDO O PATIO DO COVA

 

Durante o curso escolar 2018-19 participaremos no Plan Proxecta, concretamente no programa ProxectoTERRA: o patio escolar.

A nosa participación atende a unha necesidade real, a incorporación ao centro dun proxecto de redeseño do patio escolar tralas obras de pavimentación acometidas durante o verán, que solucione os problemas cotiás, permita mellorar a convivencia, mellore o espazo físico e a organización do patio e dote de máis recursos deportivos e de lecer ao alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria, con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos.

 


 

O día 2 de xaneiro, Dna. Isabel Martínez e Dna. Amparo Otero asistiron a un curso formativo “Obradoiro. Patios e camiños escolares. Propostas de transformación” (en Santiago de Compostela), onde coñeceron de primeira man propostas de patios dinámicos e traballaron, xunto a un equipo grupo multidisciplinar, sobre a mellora dos patios do noso centro escolar.

 

Tamén participamos no XIV Encontro InspiraTICs "Paisaxes e espazos de aprendizaxe" organizado pola Fundación Amancio Ortega e Santiago Rey Fernández-Latorre. Neste encontro celebrado o 14 de marzo en Vigo coñecimos de primeira man as propostas de Siro López. No seu percorrido polos espazos de aprendizaxe e xogo de todo o mundo, este experto identificou os rincóns e elementos que xeran conflito para inspirar o cambio, e animounos a copiar experiencias para adaptalas aos noso centro escolar.

 

 

Magosto 2018

Por fin o tempo deunos un descanso e chegou o día de celebrar o Magosto. Despois da 1ªhora, todo o alumnado do centro dirixiuse cara Chan da lagoa para a celebración.

O alumnado de 4ºESO preparou xogos para o alumnado de ESO e profesorado, quenes competimos sanamente nunha xincana moi divertida.  Ademais alumnado voluntario de ESO organizou xogos para o alumnado de Ed.Infantil.

O alumnado de Ed.Primaria tamén tivo o seu momento de xogo e, para rematar, queimamos a "pantasma papa medos"  que contiña os medos depositados polo alumnado na celebración do Samaín.

Gozamos das castañas asadas nun forno local que a ANPA cascara para nós nun xesto máis de colaboración co centro.

E antes de baixar aínda houbo tempo para a música e a entrega de premios. Un gran día grazas á colaboración de todxs.

Recíclate con Sogama

Separamos....

Reciclamos....

Aproveitamos e...

Traballamos.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930