Xeral

Publicación de listaxe definitiva Fondo Solidario de Libros de Texto Ed.Secundaria

Publicación de listaxe definitiva Fondo Solidario de Libros de Texto Ed.Secundaria

Publicada a listaxe definitiva do Fondo Solidario de Libros de Texto para Educación Secundaria. Os libros serán entregados na reunión coas titorías de inicio de curso:

  • 1ºESO: Luns 18/09/2017, 18h
  • 2ºESO: Martes 19/09/2017, 18h
  • 3ºESO: Martes 19/09/2017 18:30h
  • 4ºESO: Martes 19/09/2017, 18:30h

Fin de curso 2016/2017

Por fin chegou o fin de curso 2016/2017 e para despedilo organizmos diferentes actividades:

INFANTIL E PRIMARIA

Organizáronse exhibicións abertas a toda a comunidade educativa dalgunhas das actividades extraescolares organizadas pola ANPA: Guitarra, tiro con arco, intelixencia emocional, ximnasia acrobática e exposición de pinturas no salón de actos.

O alumnado de 6ºEd.Primaria recibiu uns diplomas dos seus compañeiros e compañeiras de 6ºEd.Infantil, xa que ambos rematan etapa.

Grazas á colaboración da ANPA, todo o alumnado gozou de inchables ao longo da mañá, e os mais maiores (4º, 5º e 6ºEd.Primaria) poideron por a proba a súa puntería no tiro con arco.

Asemade, grazas á colaboración das familias e ANPA, organizáronse merendas para toda a comunidade educativa.

SECUNDARIA

1ºESO visitou a Fundación SALES, 2ºESO tivo actividades lúdicas no centro e 3º e 4ºESO fixeron unha saída pola vila e gozaron dun día de praia.

Conta comigo - Lectura compartida polo Día do Libro

O alumnado realiza unha lectura compartida apadriñando os "maiores" aos "pequenos". Viva a lectura!!

Obradoiros de Primeiros Auxilios no centro

Despois do simulacro de evacuación e co gallo do Día Mundial da Saúde o sete de abril, vimos de celebrar obradoiros de Primeiros Auxilios coa colaboración do profesorado de Educación Física do centro e de diferentes profesionais:

  • Dr.Porrit, pediatra do centro de saúde de Baiona.
  • Protección Civil do Val Miñor, coa colaboración de 4 efectivos en distintos días.
  • Ambulancias Val Miñor, coa colaboración da ANPA.

 

Semana da Froita

Na semana do 20/03/17 ao 24/03/2017 celebramos a semana da froita co gallo de fomentar hábitos saudables no alumnado, aproveitando para aprender sobre as froitas e as súas propiedades, o seu nome noutras linguas,... como na primeira semana que xa celebramos. Neste curso todavía disfrutaremos dunha semana da froita máis no mes de Maio.

Como remate da semana preparáronse brochetas e batidos de froita.

Simulacro de evacuación

O venres día 10 de marzo realizamos o simulacro de evacuación do centro coa colaboración do GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal), Policia Local e Guardia Civil.

Nesta xornada o alumnado puxo en práctica o plan elaborado para a súa seguridade sen incidencias, desfrutando dunha acción formativa a cargo do GES, uns profesionais que realizan unha importantísima función para a seguridade de todos nos.

Entroido no CPI de Cova Terreña

O venres 24 de febreiro celebramos o festival de Entroido do CPI de Cova Terreña que xirou ao redor do tema do centro: A Reciclaxe

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930