Xeral

Recursos adicionais: Traballar cos nosos fillos desde casa

Traballar co alumnado desde casa pode ser un reto, pero non estades sós. Desde o departamento de Orientación adiántanvos este artigo que recompila consellos para traballar co alumnado desde casa:

https://colectivorienta.wordpress.com/2020/03/16/recopilacion-de-consejos-para-trabajar-con-nuestros-hijos-desde-casa/

Este artigo seguirá medrando, non o perdades de vista!

Actividades de Audición e Linguaxe.

Estimadas familias.

 

  Estes días que non podemos sair , imos a intentar facer algunha actividade que vos poden axudar a traballar a linguaxe oral cos vosos fillos/as .

  Ao longo destes días ire subindo cotidos para que podades ter maior variedade de recursos para facer na casa.

  Se tedes dúbidas ou queredes facer calquer pregunta podedes enviar un correo a jrivera@edu.xunta.gal

  Se algún enlace non funciona, só tedes de copialo e pegalo no navegador.

 

ACTIVIDADES PARA A APRENDIZAXE DA LECTURA.

Tedes aquí un material de Alberto Abarca, son uns power-points para a aprendizaxe da lectura.

https://www.aulapt.org/educacion-especial/a-l/

 

VIDEOS PARA A ARTICULACIÓN.

Articulación do fonema rr.

https://youtu.be/t3cmqQV1Jt8

https://youtu.be/jBFmZC2l_bk

https://youtu.be/E2tdB3kvNZ8

Articulación do fonema S

https://youtu.be/jWQ7lQeQS9Q

Articulación so fonema F

https://www.youtube.com/watch?v=4QGi2Q9b_Yw

 

Xogos para a estimulación da linguaxe.

https://youtu.be/L4QQJEmDHcE

Contacontos.

https://www.youtube.com/user/BeatrizMontero

Actividades para xogar todos.

https://view.genial.ly/5e6b324a7b05bf0fbc2139ca/game-action-que-hacer-en-casa

 

Actividades de xogo.

É unha canción que xa comezamos a traballar en Ed. Infantil e que xa coñecen.

https://www.youtube.com/watch?v=4jtbAyVC7A0

 

 

 

Recursos adicionais: Apps para todas as etapas

DE INTERÉS PARA FAMILIAS: listado de iniciativas de Apps españolas que están ofreciendo gratis sus contenidos Premium para ayudar a que los niños sigan aprendiendo desde casa.

  • Abalar Móbil: Imprescindible para mantener el contacto con vosotros. Tenéis las guías en los ficheros adjuntos.
  • Academons Primaria:  la App de Homeschooling está ofreciendo 30 días de acceso gratis a todo su catálogo de juegos de Matemáticas, Lengua, Inglés, Ciencias y Science  http://bit.ly/Academons_Gratis
  • Ta-tum: del grupo editorial Edelvives, ofrece acceso gratuito hasta el mes de julio a esta plataforma para el fomento de la lectura  http://bit.ly/Edelvives_Tatum
  • Smartick: esta App malagueña está ofreciendo acceso 15 días gratis a su App para repasar las matemáticas.  http://bit.ly/Smartick_15
  • Genially: la plataforma para hacer presentaciones interactivas ofrece por un tiempo limitado sus plantillas y recursos Premium gratis   http://bit.ly/Genially
  • AMCO: Acceso los juegos de Mates y Lengua de su App Eduzland gratis por un tiempo limitado   https://amconews.es/eduzland/
  • Smile and Learn: esta App para los más pequeños de la casa está ofreciendo acceso gratuito durante un mes a su catálogo de juegos interactivos.   http://bit.ly/smile_learn
  • M.A.R.S.: esta App del grupo SM ofrece códigos descuento para acceder a los contenidos de 3º a 6º de Primaria.  http://bit.ly/MARS_App
  • Cerebriti Edu: ofrece sus más de 50.000 juegos de Primaria y Secundaria gratis hasta final de curso  http://bit.ly/Cerebriti_Edu

A presenza do CPI Cova Terreña na Arribada

De todos é sabido que nestas datas, 1 de marzo, celébrase a chegada ao porto de Baiona en 1493, da 1ª das tres naves que iniciaron a viaxe á actual América, pero quizais non tantos saiban a orixe do mercadillo medieval. Foi no ano 1996 cando un grupo de alumnos e alumnas do IES 1º de Marzo, axudados por varios profesores, montaron o primeiro posto de venda de rosquillas e outros produtos para sacar diñeiro para a súa viaxe de estudos. Pouco podía imaxinar aquel grupo que aquela actividade acabaría sendo declarada de interese turístico internacional. Por iso, seguindo con esa tradición, o noso alumnado de 4º ESO, leva máis de 18 anos participando nesta feira medieval co mesmo fin que fai 54 anos. Ademais, o nosotros alumnado de 6°B de Educación Primaria participa este ano, ao igual que fai 2 anos, cun proxecto da Deputación de Pontevedra, Depoemprende, no que elaboran produtos artesanais para vender e parte dos beneficios dóanos a dúas ONGs. E como novidade este ano, o alumnado de 3º e 4º ESO, xunto cos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía Física e Química, Debuxo e Tecnoloxía, repartiron preto de 10.000 marcapáxinas, unha das actividades incluídas no proxecto premiado co 2º premio pola igualdade Carmen López Cortón. Na rúa Carabela a Pinta están despregadas dúas reproducións de devandito traballo.

Finalmente queremos agradecer ao Concello de Baiona toda axuda prestada así como ás familias e ao profesorado implicado nestas actividades tan enriquecedoras para o noso centro polo seu traballo e adicación.

posto_4ºaloumiños 6º

    marcapáxinas_1

Exposición do Graffiti

O pasado 5 de febreiro o alumnado de 2º da ESO gozou dunha exposición sobre a arte urbana do Graffiti, organizada por Gonzalo garcía no salón de actos, onde vimos como a arte máis rompedora e vangardista tamén se expresa na nosa lingua. Porque o futuro será o que nós queiramos, ou? Moito nos prestou!

 

 

Mediación escolar: documentos

  • Solicitude
  • Informe premediación
  • Acordo
  • Informe final da persoa mediadora

ACTO DE CELEBRACIÓN DO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O 30 de Xaneiro, celebramos no noso centro o Día da Paz e da Non Violencia. De todas as conmemoracións que marca o calendario escolar como de obrigada celebración, esta é probablemente a máis importante de todas, xa que unha sociedade en paz é unha sociedade libre e xusta. Desgraciadamente queda aínda moito camiño por percorrer, por iso faise necesaria esta conmemoración. 

O acto comenzou ás 9:40 no salón de actos, onde o alumnado de Educación Infantil asistiu cos "seus sorrisos pola paz" a un pequeno concerto a cargo do noso coro e conxunto instrumental dirixidos por D.David Piñeiro.

 

A continuación, Inés Rey e Miriam Iglesias, representantes do alumnado no Consello Escolar, leron para todo o alumnado de Educación Secundaria un precioso manifesto pola paz,  redactado por elas mesmas. De seguido, Sergio Piñeiro, membro da directiva da ANPA, deu lectura ao fallo do xurado do XVI Certame Literario Dolores Agrelo. A primeira parte desta celebración rematou coa actuación do coro e conxunto instrumental.

Ás 11:30, a Directora do centro, Dona Isabel Martínez Cabaleiro, xunto coa directiva da ANPA e o coro, trasladáronse ata o CEIP de Fontes-Baiña para dar lectura ao gañadores e gañadoras de 5º e 6º de Educación Primaria do concurso literario e finalizar cun concerto a cargo do coro do centro, esta vez acompañados polo profesorado David Gayoso ao cello e Ana Mª Fernández Valiño ao violín.

 

Os premios entregados pola ANPA aos gañadores e gañadoras foron vales de material escolar para gastar nas librarías do pobo por valor de 40€, 50€ e 60€, 3º, 2º e 1º premio respectivamente, para cada unha das categorías convocadas.

Queremos agradecer a colaboración e entrega de toda a comunidade educativa na celebración deste acto, en especial ao alumnado do coro e conxunto instrumental polo seu bo traballo e adicación.

Visita do Apalpador, Papa Noel e agasallos da ANPA en Cova

O Apalpador e Papa Noel visitaron ao alumnado no CPI de Cova Terreña acompañados da elfa da ANPA.

Os nosos convidados viñeron cargados de agasallos para todo o alumnado: piruletas para todos e un agasallo para a aula, e tamén para os recreos da ESO!

Os máis pequenos recibiron emocionados a visita dos nosos ilustres convidados.

O alumnado da ESO desfrutaron dunha ginkana na que había que contar con distintas destrezas.

Un gran día para rematar o trimestre!!

Nota: Podedes ver máis imaxes da xornada nos ficheiros adxuntos.

Visita do apalpador e agasallos da ANPA en Cova

O apalpador e Papa Noel visitaron ao alumnado no CPI de Cova Terreña acompañados da elfa da ANPA.

Os nosos convidados viñeron cargados de agasallos para todo o alumnado: piruletas para todos e un agasallo para a aula, e tamén para os recreos da ESO!

Os máis pequenos recibiron emocionados a visita dos nosos ilustres convidados.

O alumnado da ESO desfrutaron dunha ginkana na que había que contar con distintas destrezas.

Un gran día para rematar o trimestre!!

Nnota: Podedes ver máis imaxes da xornada nos ficheiros adxuntos.

Visita do Apalpador e agasallos da ANPA en Fontes

O Apalpador visitou hoxe a todo o alumnado no CEIP de Fontes-Baíña acompañado dos elfos das ANPAS que levaron piruletas para todxs e agasallos para as aulas!

Grazas á súa entrega e boa disposición a visita foi unha actividade a mar de divertida. Moitas grazas!!

Magosto 2019

O magosto fíxose esperar pero chegou o día.

A climatoloxía non nos axudou para poder realizar a actividade no monte polo que finalmente celebrouse nos patios dos centros coas castañas achegadas polo alumnado. Grazas por esas castañas picadas dende casa.

Fotografía cedida pola ANPA.

Coa colaboración da ANPA do noso centro o alumnado de Ed.Infantil gozou de xogos adaptados á súa idade e dunhas ricas castañas. Tamén coa colaboración da ANPA do centro e do CEIP de Fontes-Baíña o alumnado de Ed.Primaria de ambos centros gozaron dunhas ricas castañas nos asadeiros facilitados polo Concello de Baiona. E finalmente o alumnado de ESO gozou das castañas asadas nun forno local e da xincana de xogos organizada polo alumnado de 4ºESO baixo a dirección do seu profesor de Ed.Física, Don David Gayoso.

25-NOV, Contra a Violencia de Xénero

Xuntos contra a Violencia de Xénero

25-NOV, O taboleiro de Coeducación vai medrando

O noso Taboleiro de Coeducación recolle estes días os tristes datos das estatísticas de vítimas da violencia de xénero, un traballo de reflexión colectiva.

 

25-NOV, Concurso debuxo e slogan contra a Violencia de Xénero

As alumnas Lúa Lorenzo Marcote (4ºA ESO) e Lilin Wang (1ºB ESO) recibiron o recoñecemento polos seus traballos presentados dentro do concurso de debuxo e slogan sobre a violencia de xénero organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona. Estiveron acompañadas pola súa profesora de Educación Plástia, Dona Belén Suares, pola dirección do centro e polas súas familias.

Cos mellores 12 debuxos do concurso elaborarase o calendario 2020 do Concello de Baiona, todo un ano para reflexionar sobre a Violencia de Xénero.

Nova en Telemariñas

Nova en Faro de Vigo

 

25-NOV, Cadea humana contra a Violencia de Xénero

O CPI de Cova Terreña sumámonos á cadea humana contra a Violencia de Xénero organizada pola Concellería de Igualdade e o CIM do Concello de Baiona. Os representantes do alumnado no Consello Escolar (Miriam Iglesias, Inés Rey e Roi Viñas) deron lectura ao manifesto contra a Violencia de Xénero que eles mesmos elaboraron conxuntamente.

Xuntos, unidos, contra a Violencia de Xénero.


"X", Xuntos Cova Terreña e Fontes-Baíña

O alumnado escenificou a súa convivencia cun X xigante de XUNTOS, os alumnos de Ed.Primaria do CPI de Cova Terreña e do CEIP de Fontes-Baíña que comparten tempos de lecer e as instalacións.

As instalacións acondicionáronse en tempo recórd, coa implicación de ambos equipos directivos e a colaboración do Concello de Baiona, da Xefatura Territorial de Educación e voluntarios, de tal xeito que o alumnado non perdeu ningunha xornada lectiva, sempre velando polo seu benestar.

Nova no Faro de Vigo

Chocolatada a cargo da ANPA

A ANPA organizou unha chocolatada o mércores 30 de outubro para todo o alumnado do centro e tamén para o alumnado do CEIP de Fontes-Baíña, agradecendo así a boa acollida brindada ao noso alumnado.

A directiva da ANPA e coa axuda dos colaboradores e colaboradoras, incluída a ANPA do CEIP Fontes-Baíña, formaron un gran equipo que foi quen de servir chocolate quente a máis de 750persoas no edificio de Ed.Infantil, no edificio principal do CPI de Cova Terreña e no CEIP de Fontes-Baíña.

Moitas grazas en nome de tod@s.

Traslado da etapa de Ed.Primaria ao CEIP de Fontes-Baíña

Grazas pola acollida brindada polo CEIP de Fontes-Baíña e a implicación do Concello de Baiona e os medios postos á nosa disposición, incluídas as súas propias mans. Agradecer á ANPA o seu ofrecemento e participación nas distintas reunións mantidas. Agradecer as palabras de ánimo da Conselleira de Educación, do Xefe Territorial e de Inspección educativa. E sobre todo as vosas palabras de ánimo, o apoio brindado e o voso ofrecemento de axuda desinteresada.

GRAZAS.

Material escolar 2019/2020 Ed.Primaria

Publicada listaxe de material escolar solicitado para o curso 2019/2020 ao alumnado de Ed.Primaria. Consulte as listaxes nos ficheiros adxuntos.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930