concurso, ortografía

Concurso: Á caza da gralla

 

O 13 de marzo celébrase o Día Mundial Sen Faltas de Ortografía mais a Brigada Antigrallas Sapoconchil (BAS) considera que un día non chega a nada e, por iso, convoca a III edición do concurso Á caza da gralla ortográfica. Fixádevos ben na vosa contorna, de seguro que atoparedes erros lingüísticos no lugar menos pensado!

Para participar no concurso, cómpre enviar un correo coa fotografía a lentinhashouse@gmail.com ou empregar a plantilla adxunta, achegando:

- Nome da/o participante e curso.

- A fotografía inédita e propia.

          - A gralla encontrada e a súa corrección

Cada participante poderá achegar un máximo de dúas fotografías.

A data límite de entrega é o venres 6 de maio ás 12h do mediodía.

Todas as fotografías recibidas que conteñan unha gralla ortográfica comprobada entrarán na urna que estará exposta en Conserxería. O día 16 de maio celebrarase o sorteo para sabermos quen será o afortunado ou afortunada que levará para a casa un fantástico Ebook. Alén diso, todos os participantes recibirán un pequeno agasallo pola captura dun cazapo lingüístico.

 

Boa e proveitosa caza!

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930