1º Bacharelato

Encontro musical en Ferrol. 25.IV.2017

Un nutrido grupo de alumnos e alumnas de 4º da ESO e 1º de BAC que cursan a materia optativa  de música no noso instituto, acompañados polas profesoras Blanca Bello e Isabel Andrade, participan o martes 25 de abril nun encontro musical.

O evento reune a formacións músicaias de varios institutos de Galicia que se reunen en Ferrol nunha xornada de música e convivencia. 

Intercambio italiano. 2º día

No segundo día da convivencia co alumnado do Liceo Mazzatinti de Gubbio (Italia) os nosos alumnos e alumnas acompañarán aos seus correspondentes italianos a unha ruta polo Monumento Natural da Costa Dexo-Serantes.

Estarán tamén acompañados polos profesores italianos, Sabina e Angelo, e por dous dos nosos docentes Antonio e Chus Santamariña.

Tendo en conta o tempo reinante está tamén preparada, como alternativa, a visita ao CEIDA.

Poucas veces o desexo, "Bo día!" tivo tanto sentido.

Modelado 3D con Blender 1º Bac 1ª entrega

En TIC I 1º de Bacharelato estamos a traballar co software libre de modelado en 3D Blender. Comprácenos o compartir con todos vos algúns "render" dos nosos últimos traballos. Aínda que queda moito por aprender, teño que felicitar a todo o meu alumnado polas ganas, esforzo e traballo que están a realizar.

Segunda sesión dos talleres de igualdade

Os vindeiros 21 e 22 de febreiro o alumnado de 1º BAC completará a súa participación no Talleres de Igualdade que están realizando coa nosa ex alumna, a Terapeuta Ocupacional, Natalia V. Pita.

 

Obradoiros de Igualdade de xénero. "Chute" de enerxía... e realidade con Natalia Vázquez Pita

Grazas á desinteresada i entusiasta colaboración da nosa "ex"  Natalia Vázquez Pita, Terapeuta Ocupacional i experta en coeducación e violencia de xénero, o alumnado de 1º BAC participará a partir do martes 14 de febreiro nun obradoiro sobre igualdade de xénero. 

Natalia foi impulsora, coa Asociación Xuvenil Brigantium, dunha novidosa e interesante proposta no pasado verán. A dita Asociación Xuvenil Brigantium convocou o concurso "Un debuxo no ceo pola igualdade de xénero" para ser representado no Globo de San Roque, Betanzos 2016. Esta iniciativa estivo enmarcada dentro do programa "Iniciativa Xove" da Dirección Xeral de Xuventude, participación e voluntariado da Xunta de Galicia, entidade coa que Natalia participa activamente. 

As dúas sesións que Natalia dirixirá con cada grupo  terán lugar os vindeiros días 14 e 21 (cos grupos B e D),   e 15 e 22 (cos grupos A e C) do presente mes de febreiro.

Polo que coñecemos os obradoiros serán un "chute" de enerxía (Natalia a asegura co seu sorriso e o entusiasmo da súa palabra ) pero tamén de realidade ( e ás veces moi dura )

 

Visita a ENDESA As Pontes

O martes 7 de febreiro, os Departamentos de Física e Química e de Tecnoloxía  visitarán un ano máis as instalacións de ENDESA en As Pontes.

 Coordinados por Luisa Muiño e Juan M. Neira os alumnos de Física de 2º BAC e de Tecnoloxía Industrial de 1º BAC ocuparán toda a mañá nesta interesante visita.

Exparlamentarios no Aguiar

Un ano máis, e imos xa pola cuarta edición, o noso alumnado de 1º da BAC tivo a oportunidade, este martes 17 de xaneiro ,de escoitar e entablar un interesante coloquio con tres exparlamentarios do Parlamento de Galicia. Dous deles honrábannos repetindo visita.

Polo PSdG-PSOE Antolín Sánchez Presedo, que contou a súa vivencia como parlamentar e aportou non só os seus coñecementos históricos ( por exemplo sobre as orixes galegas do parlamentarismo europeo),  senón a súa máis que contrastada experiencia en asuntos europeos derivada da súa etapa como eurodeputado en Bruxelas (moitos alumnos no Aguiar ainda recordan e agradecen as súas invitacións para coñecer in situ as institutcións europeas)

Polo BNG a experiencia parlamentar e como sindicalista da CIG de Fernando Branco Parga quen xa dende o inicio expresou que garda un recordo moi agradable das experiencia anteriores. Destacou a pertinencia e interese da preguntas que cada ano formulan os alumnos e alumnas do Aguiar.Aportounos unha sinceira defensa do parlamentarismo acompañada dunha proposta de mellora e interesantes reflexións sobre a corrupción.

E finalmente recibimos, por primeira vez neste acto, á representate do PPdG, María Faraldo que se referíu con orgullo á súa experiencia como primeira alcaldesa de Betanzos e logo como deputada no Parlamento de Galicia. As súas reflexións sobre a vida parlamentaria quixo adicalas a desfacer dous mitos falsos: que o Parlamento é un lugar aburrido e que nel non se traballa.

Logo das presentacións de rigor, realizadas polo director José Manuel Montero, asistimos á proxección dun pequeno video explicativo do Parlamento ao que seguiron as intervencións dos nosos invitados.

Seguidamente, a parte máis interesante, unha rolda de preguntas que tivemos que cortar para non restar demasiado tempo á clase seguinte. Na dita rolda xurdiron preguntas sobre o protagonismo das mulleres en política, sobre o papel dos lobbies, sobre impostos, sobre a corrupción...

Alba Fernandez falará sobre astrofísica ao alumnado de BAC

 

Sobre buratos negros, cuásares e púlsares, e as ferramentas que usan os astrofísicos para analizar e visualizar os datos que observan.

 

O venres 16 de decembro, no Aguiar, falaremos de Astrofísica. 

 

A ex alumna do Aguiar, Alba Fernández Barral falará aos alumnos de física de 1º e 2º BAC.  

 

Isto é posible pola súa grande xenerosidade ao cedernos o seu tempo,  e porque Alba forma parte dun grupo de catro  estudantes de doctorado do Grupo de Astropartículas de IFAE (Institut de Física d’Altes Energies ): Alba Fernández, Daniel Guberman, Leyre Nogués y Quim Palacio.  Quim busca materia oscura, Leyre estuda se a velocidade da luz é constante, Daniel analiza se unha remanente de supernova emite Raios Gamma ou non, e Alba observa un sistema binario dun burato negro e unha estrela . 

 

 

 

Este xoven equipo ten creada unha interesante aplicación, "Cazadores de Rayos Gamma" para achegar aos estudiantes de Secundaria á observación e ao estudo dos fenómenos máis violentos do Cosmos. A idea do proxecto xurde como ampliación das actividades educativas para estudantes de secundaria organizadas nos últimos años. A aplicación desenvolveuse íntegramente en IFAE con axuda de colaboradores externos e está baseado en software libre.

 

Grazas a Alba poderemos coñecer de primeira man a  astrofísica de moi alta enerxía, unha grande desconocida se a comparamos con la astronomía óptica. Os instrumentos que usa – os telescopios Cherenkov – son distintos e tamén os procesos que estuda, é dicir, os eventos máis enerxéticos e extremos do Universo. Porén en España hai unha grande comunidade científica arededor dos telescopios MAGIC instalados no Observatorio o "Roque de los Muchachos" na isla de La Palma, e que actualmente son instrumentos líderes na detección de Rayos Gamma. Además, en La Palma comezouse a construir o primeiro telescopio da sede norte do Cherenkov Telescope Array (CTA), un observatorio astronómico internacional adicado á astrofísica de moi alta energía. 

 

 

Máis información: http://www.cazadoresderayosgamma.com/

Charla no Aguiar de Jacobo Rial, árbitro galego da ACB

Nos tempos que vivimos, nos que o deporte é tan omnipresente nos medios de comunicación, nas conversas diarias, no horario cotián da nosa xuventude. Non paramos de escoitar loas aos valores do deporte, o compañerismo, a sana competición, o esforzo.... pero o triste é que tamén escoitamos a míudo noticias arrepiantes sobre violencia e agresións contra os que teñen que ser garantes dises valores, os árbitros nos diversos deportes.  

O xogo, o deporte, baséase no respecto a normas acordadas e, a miúdo,  é precisa a presenza dunha figura que faga cumplir esas normas, que asegure eses valores dos que enchemos a boca como propios do deporte como o xogo limpo, o tan manido "fair play". 

Ista é a razón pola que o Departamento de Educación Física ofrécenos, desta volta, unha charla cun árbitro de primeiro nivel. Grazas ás xestións da nosa compañeira Edda G. Beltrán poderemos compartir impresións e reflexións cun colexiado de baloncesto, o galego Jacobo Rial, que ten arbritrado na máxima categoría española diste deporte, na ACB. A súa conferencia estará dirixida ao alumnado de 1º BAC e terá lugar no Salón de Actos durante a 4ª sesión de clase ( entre as 11,45 e as 12,35)

Se queredes saber máis sobre el,  ollade esta breve entrevista ( enlace)

Desafío de xadrez no Aguiar. Edda G Beltrán en simultáneas contra alumnado BAC

O xoves 1 de decembro, durante o recreo de Bacharelato, a profesora de Educación Física, Edda G. Beltrán, reta a partidas de xadrez a cantos alumnos e alumnas de Bac queiran enfrontarse a ela de xeito simultáneo.

O desafío terá lugar no ximnasio fronte á cafetería e será unha boa oportunidade para apreciar este deporte que no Aguiar procuramos promocionar. De feito, cada xoves á tarde, desenvólvese no Instituto unha  escola de xadrez que imparte o noso compañeiro Óscar García Ramos.

 

 

 

Distribuir contido