1º Bacharelato

Crónica do primeiro día da viaxe a Roma e Gubbio. Por Alicia García e Sofía Cerezuela

14 de setembro.  Chegamos a Roma.

Pola tarde, o primeiro que visitamos foi a basílica barroca de Santa María Mayore, tamén chamada a basílica dos españois, xa que o rei español Filipe IV a financiou.

Despois visitamos os foros imperiais e o Coliseo.

Regresamos aos foros e visitamos o foro de Trajano, onde vimos a estatua de Trajano situada sobre unha columna na que se describían as batallas libradas polo xeneral.

Tamén vimos o Pastelón ou Máquina de Escribir, edificio dedicado aos homes que morreron por Italia.

Máis adiante fomos a unha igrexa gótica a cal tiña enfrente a estatua dun elefante.

 

Seguidamente fomos ao Panteón e ceamos pola zona.

 

Por último, contemplamos unha praza cunha fonte que representaba os catro ríos máis importantes daquela época,

ademáis, esta praza contén outras dúas fontes nos seus extremos.

Alicia García e Sofía Cerezuela.

Viaxe cultural a Roma e intercambio co Liceo Mazzatinti de Gubbio

O martes 13 de setembro, e durante dez días, terá lugar unha das experiencias clásicas e máis enriquecedoras das que se benefician os alumnos do IES Francisco Aguiar.

Trátase dunha viaxe cultural á cidade de Roma que se completará cun intercambio co alumnado do Liceo Mazzatinti da fermosa cidade italiana de Gubbio.

Participarán nesta experiencia 18 dos nosos alumnos e alumnas acompañados polas profesoras Lucía Sáez Baquedano e Carmen Suárez Moledo.

Engádese tamén unha novidade a esta viaxe:  unha bolsa de cen euros que a cafetería do noso instituto concede ao participante con mellor expediente académico na última avaliación.

Saída didáctica ás Illas Cíes ou "cando os do Aguiar foron ao Paradiso" 21.VI.2016

De auténtica invasión podería cualificarse o que ocorrerá o martes 21 de xuño nas Illlas Cíes. Porque perto de 90 (!) dos nosos alumnos e alumnas  de 4º da ESO e 1º BAC visitarán este recuncho marabilloso e precioso da nosa xeografía e patrimonio natural.

Acompañados por cinco profesores e dirixidos por un guía terán a oportunidade de coñecer un medio natural realmente único enmarcado no Parque Natural das Illas Atlánticas: xeoloxía, modelados, fauna e flora para sorprender e admirar. E non menos sorprenderá o achegamento ás illas en barco e o como remate do labor, o baño nunha das praias máis fermosas ( e de auga máis fría) do mundo a de Rodas.

Unha forma ben instrutiva e fermosa de culminar un duro curso!

 

Concerto Fin de curso, NO ALFONSETTI!

Comezaremos, dende a administración destas páxinas, por pedir disculpas polo erro na convocatoria deste concerto: Non foi na Aula Xulio Cuns, senón no Teatro Alfonsetti! 

Por outra banda, compre destacar o entusiasmo e calidade de interpretes ( alumnos de 1º BAC coa incorporación de Pablo Erias, 3º ESO) e directora (Blanca Bello) que o pasado xoves 16 de xuño fixeronnos pasar un tempo verdadeiramente delicioso e entretido.  Parabéns.

Andaina polo camiño inglés. Sigüeiro-Compostela

Percorrer o Camiño de Santiago como experiencia cultural e fondamente humana, antropolóxica.

Tal é xustificación con que naceron as andainas polo Camiño, primeiro vencellados ao Departamento de Lingua Castelá e agora ao de Filosofía

Disfrutar por igual do camiño, como da chegada; do esforzo, como do descanso;

da soedade do camiñante, como da compañía dos outros viaxeiros, sexan do Aguiar ou Filipinos

 

E voltar a casa, seica cos pes magullados, pero co peto cheo de experiencias humanas e da alegría do esforzo compartido. 

Parabéns para Inés e Amaia no VI Concurso de Creación Literaria

Nunha soleada mañá do Día das Letras Galegas  facíase entrega na Aula de Cultura "Xulio Cuns" de betanzos, dos galardóns concecidos no VI Concurso de creación Literaria do Concelo de Betanzos.

Nesta edición, de novo, o "Aguiar  volveu brilar da man das súas alumnas . Na modadlidade de bacharelato alzábase co primeiro premio a alumna de 1º BAC Inés López e cun accesit outra das nosas alumnas Amaia Tomé

Día da Letras. Entrega dos Premios do VI Concurso de Creación Literaria

O 17 de maio ás 12h no Edificio Liceo de Betanzos terá lugar a entrega dos Prenios ao VI Concurso de Creación Literaria con que o Concello de Betanzos convida aos escolares de todos os centros e niveis educativos do Concello a celebrar o Día das Letras Galegas.

Desta volta, unha vez máis, o Aguiar estará ben representado. 

 

27.IV.2016 Encontro no Aguiar de Correspondentes Xuvenís de Betanzos co galo do Día Europeo da Información Xuvenil

 

Betanzos (A Coruña), 27 de abril de 2016.-

Un total de 18 mozos e mozas, coordinados por 4 docentes, participan este ano en Betanzos no programa Correspondentes Xuvenís 3.0, unha iniciativa da Consellería de Política Social que consiste en formar unha rede de mozos e mozas que teñen o papel de “antenas” informativas para difundir nos seus centros de ensino programas e información de interese xuvenil. Todos eles son estudantes dos IES Francisco Aguilar e As Mariñas e do CPR Nuestra Señora del Carmen- Atocha. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou hoxe nunha xuntanza con estes correspondentes co galo da celebración este venres do Día Europeo da Información Xuvenil.

 

Cecilia Vázquez agradeceu o seu traballo voluntario e resaltou que “a dinamización da información dentro do sistema educativo está considerada un eixo fundamental para ter redes de información xuvenil verdadeiramente operativas”. A directora xeral tamén lembrou que “esta é unha iniciativa de educación non formal que fomenta a participación xuvenil, ao tempo que o correspondente adquire valores como a solidariedade, o liderado e habilidades comunicativas e sociais”.

 

No total galego, no programa Correspondentes xuvenís 3.0 participan neste curso escolar 482 mozos e mozas, estudantes do segundo ciclo da ESO, bacharelato ou ciclos medios e superiores de formación profesional. Está presente en 67 centros da comunidade galega, dos que 63 son institutos de secundaria, 3 residencias xuvenís e o Centro Residencial Docente de Vigo. Esta iniciativa, experimentou un aumento de participación con respecto aos datos do curso pasado, na que se implicaran 383 alumnos dun total de 62 centros educativos.

Os alumnos correspondentes reciben información de xeito periódico, así como un boletín informativo semanal e outro material de interese que se elabora no Centro coordinador de información xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Esta publicación contén todos aqueles temas que poden ser de interese para os mozos e mozas como bolsas de axudas, ofertas de traballo, recursos e dirección de interese, aloxamentos xuvenís ou ocio e tempo libre.

Unha vez recollida a información, o correspondente a difunde entre os seus compañeiros a través de diferentes medios como taboleiros no propio centro educativo, blogues ou redes sociais. Os correspondentes son “mediadores” de información xuvenil entre iguais, o que redunda nunha mellor acollida por parte dos compañeiros, ao sentirse máis identificados coa temática cando non é un adulto que o informa.

 

Correspondentes xuvenís 3.0 tamén dá visibilidade ás actuación xeradas polo propio centro coma certames, concursos ou viaxes, e todas elas poden ser exemplos de boas prácticas a seguir por outros centros ou entidades xuvenís. 

 

http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/4561/directora-xeral-xuventude-participa-nun-encontro-cos-mozos-mozas-programa-correspondentes

Distribuir contido