1º Bacharelato

Correspondentes Xuvenís no Aguiar

http://xuventude.xunta.es/2015060116291/correspondentes-xuvenis-no-ies-francisco-aguiar-de-betanzos.html

Este ano a información de interese xuvenil no noso instituto estivo puntualmente atendida por catro alumnas do Aguiar coa axuda do Espazo Xoven e o Departamento de Orientación.

Julia, Mar, Penélope e Eva son as Correspondentes Xuvenís no IES Francisco Aguiar de Betanzos.

Encárganse de difundir a información xuvenil entres os seus compañeiros e compañeiras a través dos taboleiros de anuncios, en cada un dos edificios do Instituto, e das redes sociais. Tamén dinamizaron a recollida de tapóns solidarios.


Grazas e parabéns polo seu traballo e polo seu inalterable sorriso e disponibilidade

 

 

Seis alumnos do Aguiar en Vigo

     O 24 de maio, a partir das 11 h., un grupo de seis alumnos acompañados polo profesor Julio Ferreiro participarán, na escola da Enxeñeiros Industriais en  Vigo,  na Iª Competición de Robots.  Agradecemos, xa dende agora, a amabilidade do Instituto Ferrol Vello que accedeu a que a viaxe dos nosos alumnos se realizase no autobús que eles mesmos utilizarán para desprazarse ata o evento.

     O obxectivo fundamental deste concurso é amosar a universidade ós alumnos das Ensinanzas Secundarias e Bacharelato ademáis de promocionar as titulacións da EEI e fomentar o interés dos alumnos polos estudos de Enxeñería.

 

     Os alumnos do Aguiar participan ( como  alumnos matriculados durante o curso 2014/2015 no Bacharelato) na categoría WALL-E:

 

 

     Dunha maneira simple e divertida, partindo dun kit básico que lle proporcionou a organización, os alumnos realizaron a montaxe e programación dun robot móvil que lles permitirá realizar as seguintes probas na mañá do día 24:

 

  • Rastreo (proba individual)
  • Persecución en pista (proba colectiva)

 

Moita sorte e productiva mañá.

Extracción caseira de ADN

Os alumnos/as da materia de ciencias para o Mundo Contemporáneo de 1º BAC ensínan como extraer o ADN dun xeito caseiro. Esta demostración formou parte da IV Semana da Ciencia e da Tecnoloxía.

Noraboa a alumnado e profesorado por tan bo traballo

Percorrendo o Camiño Inglés. Etapa2: Pontedeume-Betanzos. VIDEO CRÓNICA

Seguindo unha suxestión da profesora Carmén Núñez (Pitusa) poñemos como música de fondo do noso vídeo,  música de grupos de Betanzos, con betanceiros ou con ex do IES Francisco Aguiar.

Desta volta  pon a música  "Say My Name" (Andrea de Artaza (voz), Dani Vaamonde (guitarra),  Jorge Salgado (Guitarra), Tomás Loroño (Bajo) e a ex alumna do IES Francisco Aguiar,  Valeria Rubal (Batería)

Deixámos aquí o enlace ao seu canal de youtube (veredes que paga a pena darse unha volta por el)

As Pontes. Visita Didáctica.

Organizada polos departamentos de Física e Química e Tecnoloxía, o mércores 18 de marzo terá lugar unha visita didáctica ás instalacións de ENDESA en As Pontes. 

Participará nesta saída un grupo de 37 alumnos e alumnas de 1º e 2º curso de BAC que cursan as materias de Física e Tecnoloxía Industrial. Estarán acompañados pola profesora de física M. Luisa Muiño,  e polo profesor de Tecnoloxía Juan M. Neira.

Andaina polo Camiño Inglés. 17 de marzo.

Reanúdanse as camiñatas polo Camiño de Santiago co alumnado de Bacharelato.

Nesta ocasión case 50 alumnos e alumnas de 1º e 2º percorrerán un dos tramos do Camiño inglés acompañados polos profesores Luis Gorrochategui, Pancho Sánchez e Carlos Castellanos.

Sairán de Pontedeume coa mañanciña. "Recolleremos os restos" Sorriso ao remate das clases da tarde no IES Francisco Aguiar.

¡BOA ANDAINA!

24 de febreiro. Yincana para celebrar o Día de Rosalía

Ao abrir o buscador de internet esta mañá,  tropezamos coa sorpresa de que na cabecera de Google (o doodle) conmemórase  o 24 de febreiro,  Día de Rosalía,  cunha imaxe que ( por suposto incorporando a marca do buscador ) recorda a Rosalía e algún dos seus versos máis coñecidos.

O IES Francisco Aguiar coa animación do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística i en colaboración co Departamento de Normalización do Concello de Betanzos , organiza unha actividade para conmemorar este día.

Trátase dunha "yincana" literaria (Sorprendidocon esta grafía está recomendada pola RAE, non a recolle a RAG) consistente nun conxunto de probas de destreza, inxenio e coñecemento sobre esta insigne escritora.

As dinámicas probas tiveron lugar no Polideportivo do Instituto nas dúas primeiras horas da mañá, e participaron nelas os grupos A e B de 1º BAC.

 

 

12.II. Charla de Orientación académica para alumnado de 1º BAC

Dentro do labor que o Departamento de Orientación que dirixe Amparo Mejuto cada ano ofrécese ao alumnado de 1º de bacharelato unha charla para guiarse no curso de 2º. 

O xoves 12  de febreiro a hora terá lugar dita charla no Salón de Actos á que asistirán todos os alumnos e alumnas de 1º BAC. Nela recibirán información relativa aos estudos de  2º BAC e a selectividade.

Tamén coa participación do profesor do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Mercadotecnia, Victoriano Rodríguez, coñecerán as alternativas de estudo relacionadas coa Formación Profesional.

Segunda sesión da Charla sobre Transplantes

Hoxe, 13 de xaneiro,  no Salón de Actos e na última hora da tarde,  o alumnado de 1º de Bacharelato dos grupos B e C terá a oportunidade de asistir  a unha charla sobre Transplantes. O alumnado dos outros dous grupos xa tivo a oportunidade de participar nunha charla coma esta o pasado 18 de decembro con grande aceptación de poñentes e asistentes.

Desta volta a charla será impartida por un antigo alumno do Aguiar, Alejandro Montero,  que traballa na Unidade de Transplantes do CHUAC

19 de decembro. Segunda visita a Sotavento.

O pasado 19 de decembro tivo lugar a segunda visita do noso alumnado ás instalacións de SOTAVENTO. Tratábase de alumnado de Tecnoloxía Industrial de 1º BAC. Sumaronse tamén Carla e Sofía de 3º da ESO.

Estiveron acompañados e guiados polos profesores de tecnoloxía Juan M. Neira e Julio Ferreiro,  coa compaña do alumno que realiza no IES Francisco Aguiar o Máster de Profesorado,  Jacobo López.

Distribuir contido