1º Bacharelato

Carta a un maltratador. "J'accuse" de Lourdes Nieto Mantiñán

J'accuse...!

Eu acúsoche, a ti, ao home que me axudou coas bolsas do supermercado. A ti, que me mirabas con afán de posesión detrás da estantería. A ti, que sorrías con autosuficiencia cando as miñas amigas che dicían que eras o máis guapo de todos os meus mozos. A ti, que as desaprobabas a todas elas. A ti, que me dedicabas palabras doces antes de durmir e me mirabas ata ver como as miñas pálpebras se pechaban. A ti, que xogabas cun guecho do meu cabelo coma quen acaricia as crinas do seu cabalo. A ti, porque preferías saír comigo antes que con ninguén máis. A ti, que odiabas todas as miñas saias. A ti, que me traías rosas todos os venres. A ti, que rías e ridiculizabas as miñas películas románticas. A ti, que acudías sempre puntual a buscarme ao traballo. A ti e a todos os vasos que rompiches polos teus enfados ao non verme alí. A ti, que apresabas a miña man entre as túas cando falabas cos teus amigos. A ti, que me mirabas con desprezo se ría demasiado alto. A ti,e ás túas delicadas caricias. A ti, e aos teus bicos na miña pálpebra entumecida polos golpes. A ti, que ao pasar o teu polgar facías esvaecerse as miñas bágoas. A ti que poñías a man enriba do pomo cada vez que tentaba abrir a porta. A ti que me facías cóxegas ata que escachaba coa risa. A ti, e á primeira bofetada que me deches na festa de Ano Novo. A ti, que xogabas horas co noso fillo. A ti,que lle suxeitabas o ombreiro con poderío se quería entrar no baño despois dalgunha das nosas disputas. A ti, que pedías a miña axuda para coser un botón. A ti,que limpabas ofuscado o sangue do baño. A ti, que me dicías o bonita que era e a pouca necesidade que tiña de poñerme maquillaxe. A ti, que vías como cubría as miñas mazaduras. A ti que chorabas as primeiras veces que xurei que me iría. A ti, que rías cando camiñaba cara á porta un dos últimos días que pasamos xuntos. A ti, eu acúsoche. E dígoche que agora camiño pola rúa, coa tranquilidade de saber, que alí onde o meu portazo se oia, onde os meus suspiros se respiren, alí onde alguén comparta o meu pranto. 

Alí o teu reinado terá rematado. 

 

Julia Nieto Mantiñán BAC 1ºD

 

Iª etapa camiño Inglés do curso 2017-2018

Un ano máis, no seu proxecto de reflexión antropolóxica, o Departamento de Filosofía acompaña ao alumnado de 1º BAC ( neste ano do grupo A) no percorrido do Camiño Inglés. Acompañan e du¡irixen a expedición os profesores Luis Gorrochategui e Carmen Anca. 

Este curso teñense previsto realizar tres etapas. A primeira será o martes 21 de novembro e transcorrerá entre Betanzos e  o Hospital de Bruma (perto do Mesón do Bento)

Contan este ano tamén coa colaboración de Alfredo Erias,  arquiveiro_bibliotecario do Concello de Betanzos e grande especialista na Idade Media betanceira

R2D2 e o cabaleiro da triste figura. Crónica de Julia Nieto

El pasado lunes, 13 de noviembre, los alumnos de 1º de Bachiller del Francisco Aguiar se desplazaron hasta el Teatro Principal de Santiago de Compostela, donde asistieron a la representación de la obra: R2D2 y el caballero de la triste figura, un intento por acercar a los jovenes a la atemporal historia de "El Quijote".

 

El teatro, abarrotado, fue testigo del comienzo de una obra aparentemente normal y sencilla. Donde, Ricardo Frazer, interpretando infinidad de papeles, mostraba su deseo de "ensayar" un monólogo sobre la célebre obra de Cervantes. Cuando las luces se apagaron  apareció ante ellos, una réplica del famoso R2D2 (firmado por George Lucas, su creador) dando lugar así a un escenario confuso, realista e inocentemente simpático, al igual que la mente del Quijote.

 

Finalmente, el brillante actor, logra su objetivo: introducir al joven público en una obra escrita más de cuatro siglos, y que pese a ser tachada de aburrida por los mismos espectadores que al final la ovacionaban, consigue perdurar a lo largo de los años.

 

Julia Nieto Mantiñán 

Alumna de 1º BAC

Don Quijote. Teatro en Compostela para 1º BAC. 13.XI.2017

 O Luns 13 de novembro unha numerosa (113 alumnos e alumnas) representación do noso instituto asistirá, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, á representación da obra "Don Quijote" que presenta a compañía de Ricardo Frazer. 

A actividade está organizada polo Departamento de Lingua Castelá que presenta así ao alumnado a versión teatral do clásico_dos_clásicos... pero nunha versión que, seguro, vai chamar a atención da xente nova. 

Exparlamentarios de Galicia no Aguiar

 

O mércores 8 de novembro o alumnado de 1º BAC participará cun encontro con tres ex parlementarios do Parlamento de Galicia: polo PPdG Inmaculada Rodríguez Cuervo, polo PSOE-PSG o betanceiro Antolín Sánchez Presedo, e polo BNG C. Fernando Branco-Parga.

Con esta actividade a Asociación de ex parlamentarios de Galicia ofrece ao noso alumnado información sobre a actuación do noso Parlamento autonómico, as experiencias personais de tres ex parlamentarios e, sobre de todo,  a ocasión de entablar con eles un debate sobre actualidade política.

 

 

30.X.2017 O deseñador Jorge Vázquez regresa ao Aguiar

 

O luns 30 de outubro o IES Francisco Aguiar terá a honra de recibir a un ilustre ex alumno, o deseñador Jorge Vázquez.

A partir da 3º hora (10,25), no noso Salón de Actos, Jorge poderá de dirixirse ao alumnado de 1º BAC, contar a súa experiencia vital e profesional e, de seguro, convertirse nunha referencia e modelo para moitos dos nosos alumnos e alumnas. 

Desafiando supersticións: Martes 13 de surf en Bastiagueiro

O martes 13, desafiando supersticións máis ou menos cinematográficas e  malos farios, o alumnado de 1º BAC dos grupos B e C  celebrará a segunda sesión da actividade de iniciación ao surf en Bastiagueiro.

Os participantes sairán do Aguiar ao remate da 3ª hora. Está previsto o seu regreso ao remate da 8ª hora da tarde (18.00)

Iniciandose no surf en Bastiagueiro. 6 e 13 de xuño

Os vindeiros 6 e 13 de xuño o nosos alumnado de 1º BAC terá ocasión de participar nunhas sesións de introducción ao surf. Esta actividade está organizada pola profesora Edda G. Beltrán, do Departamento de Educación Física.

O 6 de xuño participarán nela, saíndo ao remate da 3ª hora de clase, os grupos A e D de 1º BAC acompañados por Edda e polos titores María Pazos e Carlos Seco. O retorno está previsto ás 18.00h.

Distribuir contido