Obradoiros de Igualdade de xénero. "Chute" de enerxía... e realidade con Natalia Vázquez Pita

Grazas á desinteresada i entusiasta colaboración da nosa "ex"  Natalia Vázquez Pita, Terapeuta Ocupacional i experta en coeducación e violencia de xénero, o alumnado de 1º BAC participará a partir do martes 14 de febreiro nun obradoiro sobre igualdade de xénero. 

Natalia foi impulsora, coa Asociación Xuvenil Brigantium, dunha novidosa e interesante proposta no pasado verán. A dita Asociación Xuvenil Brigantium convocou o concurso "Un debuxo no ceo pola igualdade de xénero" para ser representado no Globo de San Roque, Betanzos 2016. Esta iniciativa estivo enmarcada dentro do programa "Iniciativa Xove" da Dirección Xeral de Xuventude, participación e voluntariado da Xunta de Galicia, entidade coa que Natalia participa activamente. 

As dúas sesións que Natalia dirixirá con cada grupo  terán lugar os vindeiros días 14 e 21 (cos grupos B e D),   e 15 e 22 (cos grupos A e C) do presente mes de febreiro.

Polo que coñecemos os obradoiros serán un "chute" de enerxía (Natalia a asegura co seu sorriso e o entusiasmo da súa palabra ) pero tamén de realidade ( e ás veces moi dura )