Tecnoloxía

Experimento resitencia a compresión de diferentes perfiles de cartulina (Estruturas 2º ESO)

Mesmo material na mesma cantidade e sometido ao mesmo esforzo, soportan diferentes cargas en función da súa forma.

Álbum: Curso 2020-2021 -> Resistencia de perfiles a compresión (Tecno 2º ESO)

Salvando as ''distancias'' en Tecnoloxía: experiencias coa ponte autoportante de Leonardo da Vinci en 2º ESO

Leonardo da Vinci (1452-1519) tivo un enxenio creativo desbordante: pintor,  anatomista, arquitecto,  paleontólogo, artista, botánico, científico, escritor, escultor, filósofo, enxeñeiro, inventor, músico, poeta e urbanista. Como enxeñeiro e inventor, Leonardo desenvolveu ideas moi adiantadas ao seu tempo, tales como o helicóptero, o carro de combate, o submarino e o automóbil.

Dende Tecnoloxía en 2º da ESO decidimos acercarnos un chisco á súa figura, saltando unha distancia no tempo, para centrarnos nunha das súas sorprendentes invencións, unha das súas máis enxeniosas pontes para salvar distancias no espacio. Trátase da súa ponte autoportante, un deseño que por si mesmo, sin clavos nin pegamento é capaz de aguantar unha grande cantidade de peso como pode verse nos vídeos que se ligan a continuación:

Este curso, polo motivo de desinfectar e de empregar material individual, nós estamos a imprimir as nosas propias pontes en 3D segundo a nosa adaptación do modelo, que podes atopar se desexas reproducila en Thingiverse. O plástico empregado é PLA e desinféctase con facilidade, aínda estamos a fabricar e a construir na clase os nosos modelos pero, estamos tan entusiasmados co resultado que queriamos compartir esta experiencia convosco.

Atreverémonos no futuro a facer unha ponte a maior escala con madeira? Lanzarémonos a modelar un domo autoportante? O de salvar distancias espazo temporais eticsbeta aprender de deseños perfectos do mundo antigo é algo que cautiva e engancha, .... logo, xa se verá.

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> ponte autoportante de Leonardo da Vinci (tecnoloxía 2º ESO)

'Luces de Nadal', obradoiro clásico xa, do departamento de Tecnoloxía para o Club de Ciencia. Galería fotográfica

Onte celebramos unha nova xuntanza do noso Club de Ciencia onde, como vén sendo xa tradición, xogamos coas luces LED para iluminar os nosos corazóns neste solisticio de inverno.

O resultado foi unha tarde máis que interesante onde fixemos tarxetas de nadal con papercircuits e programamos aneis e tiras LED con mBlock e mesmo Arduino.

Álbum: Club de Ciencia 2020-21 -> 02_Decembro_Luces de Nadal

'Monicreques de Reciclaxe' unha exposición dos proxectos de Tecnoloxía de 2º ESO curso 2020-21

Álbum: Curso 2020-2021 -> Monicreques de Reciclaxe

Diálogos animados, avanzando na Programación e no Camiño. Plan Proxecta: Aprendo Programando Xacobeo 2021

Seguimos a avanzar no manexo de Scratch, avanzamos creando diálogos animados. Compartimos convosco unha nova entrega da nosa viaxe facendo un 'Camiño Xacobeo 2021' virtual. Agardamos que vos gusten
                                                        
 Parabéns a Manuel C., David B.,  Lucía P., Judith S. e Paula V. de 1º da ESO polos seus traballos nesta 'aventura programada'

ticsbeta

Introducción á programación. A nosa primeira 'Paisaxe Animada' #Xacobeo2021 Plan Proxecta 'Aprendo Programando'

Antes de comezar a facer un proxecto con máis información, toca comezar a manexar o noso programa. Compartimos convosco ás primeiras produccións do alumnado que son salientables pola súa imaxinación, o seu bó facer e o deseño dos fondos e persoaxes, moitas veces debuxadas 'a rato'. Sirvan estes 4 primeiros proxectos coma arranque dunha aventura programada dirección Xacobeo 2021.
 Parabéns a David B., Manuel C., Judith S. e Lucía P. de 1º da ESO polos seus traballos iniciais nesta 'aventura programada'

ticsbeta

#25N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. ODI de Victoria Santos sobre Violencia de Xénero Dixital

Achegámovos un traballo realizado por Victoria S. de TIC II BAC sobre a Violencia de Xénero Dixital que nos pode axudar a traballar este tema nas aulas, agora que a data do Día Internacional da Eliminacón da Violencia contra a Muller, 25N, está tan próxima.

 

 ticsbeta

O RXPD (Reglamento Xeral de Protección de Datos), obxecto dixital interactivo de Iago M. para TIC II 2º BAC

Seguimos recollendo e compartindo materiais elaborados polo alumnado de 2º BAC sobre diversos temas de seguridade informática e lexislación. Desta volta, Iago M. comparte con nós información actual sobre o RXPD e as súas implicacións a nivel escolar.

 

profeticsbeta@gmail.com

'Adición ás novas tecnoloxías' , ODI (obxecto dixital interactivo) elaborado por Laura de 2ºBAC TIC II

Compartimos o primeiro dos ODI (obxectos dixitais interactivos) sobre aspectos relacionados coa seguridade informática e as novas tecnoloxías que elabora o alumnado de 2º BAC TIC II . 

Desta vez comezamos, da man de Laura G., cunha preocupación que cobra forza co paso dos anos, a adicción ás novas tecnoloxías, de cómo debemos buscar un uso adecuado e equilibrado das mesmas, e de cómo debemos estar vixiantes ante a aparición dos primeiros síntomas dun comportamento adictivo.

 

profeticsbeta@gmail.com

Galería de imaxes da participación de alumnado do Aguiar na Code Week EU 2020 (EU Schoolnet Academy)

Remata unha semana intensa para o alumnado das materias relacionadas coas TIC e algunha máis. Do 19 ao 23 de outubro de 2020 realizamos un pequeno parón no currículo estándar para dedicarnos a actividades relacionadas coa programación informática. De feito, foron dúas as actividades que inscribimos na CodeWeekEU2020

 modelamos programando  realidad virtual

Preme nas imaxes para acceder á descripción das actividades.

Nesta galería podedes ver parte do traballo dos grupos de Programación 1º ESO (non inscritos na CodeWeek porque programamos todo o ano), os grupos de Tecnoloxía 2º ESO, TIC 4º ESO e TIC I 1º BAC modelando  e programando de menor a maior complexidade e 2º BAC TIC creando esceas virtuais interactivas.

Vai este álbum coma testigo desta intensa actividade da que aínda estou a recoller os seus froitos, ben imprimindo coa 3D ben revisando os outros traballos. Intentarase que recolla nestas semanas algunha mostra máis do torrente de creatividade desbordante que tén o noso alumnado.

Preme na imaxe para navegar coas frechas ou visita o álbum na galería fotográfica do centro.

ticsbeta

 

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> #CodeWeekEU2020
Distribuir contido