Tecnoloxía

Traballos e presentacións de TICs

Gustaríame facer públicos os traballos dos alumnos de TICs, de temas variados relacionados ca Seguridade Informática, a Privacidade na Rede e a Realidade Aumentada entre outros. Norabóa polo voso traballo!!!

"Privacidad en la Red"(presentación)

"Privacidad en la Red"(trabajo modo texto)

"Virus, troyanos y demas bichería" (presentación)

"Virus, troyanos y demás bichería" (trabajo modo texto)

"Bichería informática" (presentación)
"Realidad aumentada 1" (presentación) "Realidad aumentada 2" (presentación)  

 

 

 

I Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

Do 24 ao 27 de Abril de 2012

Os profesores Mª Luisa Muíño e Juan Neira, organizan por primeira vez no centro, a Semana da Ciencia e a Tecnoloxía. Levaránse acabo demostracións guiadas do funcionamiento de distintos proxectos de Tecnoloxía, experimentos no laboratorio de Física e Química, ensaios de xenética no laboratorio de Bioloxía, e a conferencia “Bases científicas das probas de detección por imaxe en Medicina” por Cristina Lois Gómez Doutora en Ciencias Físicas.

Consulta e descarga o programa nos ficheiros adxuntos de esta entrada.

Tamén podes ver os carteles feitos polos alumnos de informática con motivo de este evento.

Mostra de Gimpnasia (traballos feitos co Gimp por alumn@s de Informática 4º ESO)

Por fín, acércase o fin da avaliación. Traballamos moito o Gimp. Estou aínda a correxir as últimas tarefas (as irei engadindo), pero este ano sí, vou publicar algunha fotografía e facer unha presentación.

Tómome a liberdade xa que traballamos as licenzas na clase (Copyleft vs. Copyright) e todos pensades que os traballos feitos na clase deben non ter copyright (teño por escrito nun traballo Guay)

Foi complicado seleccionar, hai traballos moi bós.

Taboleiro das imaxes en Pinterest:

http://pinterest.com/ticsbeta/gimpnasia-alumn-s-informatica-4o-eso/

Presentación en Flickr:

Enlaces a algún manual/tutorial dos que consultamos no curso:

Manual de Gimp (Universidade de Málaga)

Tutorial efecto pop-art con píxeles circulares.

Tutorial efecto Andy Warhol.

Tutorial efecto Obama.

entre outros.

Entrega de trabajos módulo empresa para Tecnoloxía Industrial 1

9-Febreiro-2012

hotel sorpresa

Agardo impaciente os traballos en grupo sobre empresa. Espero traballos serios, orixinais... pero tamén acepto encantada innovacións e apostas arriesgadas para a publicidade, presentación do proxecto, etc

Como a maqueta do complexo hotelero ca que me sorprenderon, gratamente, hoxe o equipo de Tamara, Richard e Ana.

Teño que compartilo. Grazas.

 

 

 

Visita a Sotavento

13/15-Decembro-2011

sotaventoO alumnado de 3º da ESO visitará o parque eólico experimental de Sotavento, en As Pontes de García Rodríguez, acompañados dos profesores Mª Luisa Muíño, do departamento de Física e Química, e Juan Neira do departamento de Tecnoloxía.

Poderedes atopar información acerca de Sotavento e das súas actividades divulgativas no enlace ou premendo na imaxe.

Tamén lembrar que se pode acceder ás fotos das visitas que fixemos a estas instalacións navegando na súa web.

sotavento2

Visita Applus

applus

21-Decembro-2011

Visita organizada polo Departamento de Tecnoloxía, destinada a alumnado de 1º e 2º de Bacharelato dentro da asignatura de Tecnoloxía Industrial. Accede a la web de Applus clickando na imaxe.

proba de video

Proba feita rápidamente o outro día na clase. A idea é a de facer unha cabeceira para os nosos vídeos.

Visita ao Museo das Telleiras Valga-Mesías

museo brañas de valga

6, 13 e 26 de Abril de 2011

Organizado por Juan Neira do departamento de Tecnoloxía. O alumnado de 2º de EsO visitará a Aula da Natureza e Museo Etnográfico das brañas de Valga.

O barro, a arxila e a cerámica son os protagonistas deste espazo, que non esquece reflexionar acerca da necesidade de protexer as nosas zonas húmidas.

As brañas de Valga recuperaron hoxe o seu valor natural e convertéronse nun importante recurso pedagóxico. Este era o obxectivo do Concello de Mesía cando nos encargou a súa recuperación ambiental e a creación da exposición permanente do Museo Etnográfico e a Aula da Natureza. Ambos os dous están nun edificio de dúas plantas (baixo e soto) situado xunto a unha antiga barreira de extracción de arxila recuperada como lagoa. A planta superior está dedicada á flora e a fauna propia das zonas húmidas de Galicia, e en concreto á importancia das brañas. Tamén está aquí a aula taller-laboratorio, dotada co equipamento necesario para acoller grupos de ata 40 persoas, e a aula de usos múltiples. A planta inferior acolle unha ampla exposición acerca da explotación e o uso da arxila e o barro e a historia da cerámica en Galicia.

Distribuir contido