Tecnoloxía

MÉRCORES 13. CRUZAMOS O ECUADOR DA V SEMANA

O mércores 13 cruzamos o Ecuador da V Semana da Ciencia e da Tecnoloxía coa reedición de boa parte das experiencias que se levan expoñendo nos días pasados e cunha novidade :

Os alumnos de Electrotecnia de 2º BAC exporán para compañeiros de 1º BAC os seus traballos sobre motores universais e trifásicos.

MAAAAAARCHANDO 2º día da Semana da Ciencia e da Tecnología! (12.IV.2016)

A segunda xornada da V Semana da Ciencia e da Tecnoloxía servirá para continuar con algunhas experiencias que xa onte foron un éxito e para iniciar outras novas.

De entre as xa iniciadas destacaremos que un novo curso de 2º da ESO  volverá a enfrontarse aos retos da xincana matemática que prepararon os alumnos de 3º.

Seguiran as demostracións de robótica con Scratch e Arduino e de control analóxico con relés,  transistores e sensores que prepararon os alumnos de 3º da ESO

 

Pero tamén este martes se poñen no taboleiro novas actividades:

O alumnado de 1º da ESO actúa como instructor en dúas novidosas actividades:

1.- A elaboración de hipercubos que coordina o profesor de matemáticas  Diego Félix Armesto

2.- E a presentación de 4 experimentos de meteoroloxía que dirixe a profesora de xeografía Teresa Bellón

 

E os alumnos de 3º terán a ocasión de escuchar a charla de Quili Abeal: "Que son os "drons?"

 

A tarde deste martes científico-tecnolóxico tamén estará chea de actividade:

Un grupo de alumnos e alumnas de 1º BAC actuarán como instrutores na actividade aberta a familias ou persoas interesadas en xeral, sobre soporte vital básico.

 Mentres todo isto ocorre nos andeis do instituto xa locen os deseños de carteis  sobre aforro enerxético que se fixeron coa orientación do profesor José Manuel Rey

 

E na entrada principal quedou exposta a exposición sobre técnicas tradicionais de conservación de alimentos que prepararon alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO coa coordinación de Julián Ferrer.

 

1º día da V Semana da ciencia e da tecnología

3, 2, 1, .......

COMEZA A Vª SEMANA DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA NO AGUIAR!

O luns 11 de abril dá comezo, este curso 2015-2016, a nosa Semana adicada á Ciencia e á Tecnoloxía que porá patas arriba a todo o centro coa tolemia científico tecnolóxica que tanto nos motiva.

Para este primeiro día prevense catro actividades principais:

 

Un grupo de alumnos de 3º da ESO preparou coa axuda do profesorado de matemáticas unha xincana matemática que se irá desenvolvendo ao longo da semana cos diversos grupos de 2º da ESO.

Alumnos de 1º e 2º de BAC están dispostos a sorprendernos coa súa demostración de robótica con Scracht e Arduino.

Outro grupo de 2º da ESO  amosará unha serie de experiencias baixo o título "Avances científicos e Tecnolóxicos"

O alumnado de 4º amosará un clásico nestas Semanas da Ciencia e da tecnoloxía, as experiencias con enerxía solar.  E como novidade comezarán unha actividade na que irán participando todos os cursos ao longo da semana: a plantación de árbores froiteiras autótonas. 


Iº Concurso Aguiar de robots segue-liñas

                                                 Deseño do cartaz: Sofía Schweiger. BAC 2º B

CONCURSO SEGUELIÑAS

IES Francisco Aguiar

 

  • Participantes: alumnos/as do instituto, individualmente ou en grupos de ata 3 compoñentes. Un mesmo participante non poderá participar en dous equipos.

 

  • Inscrición: dende o 17/03 ao 08/04, no correo electrónico: infcruzsar20130107@gmail.com, onde se indicará o nome dos participantes, curso e grupo de cada compoñente e o nome do equipo.

 

  • Trazado: o percorrido do circuíto será pechado, os puntos de saída e chegada son o mesmo, sen cruces e consistirá en rectas e curvas de radio non inferior a 10 cm. A liña a seguir será de cor negra (de 1 cm. de ancho) sobre un fondo branco.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fig: Exemplo de trazado.

 

  • Regulamento para os participantes: cada equipo nomeará un capitán, que será o único que entre no recinto do circuíto. Os circuítos serán amosados para ser probados momentos antes do concurso.

 

  • Regulamento coches:

     

    • A controladora, de habela, do robot debe estar baseada en tecnoloxías abertas.

  • O funcionamento do robot debe ser completamente autónomo.

  • Pódese utilizar calquera método de control, sempre e cando estea integrado enteiramente no robot e non reciba sinais ou indicacións externas (de calquera tipo).

  • O robot debe ter un nome ou número con fins de rexistro e seguimento.

  • Os robots deben funcionar unicamente coa enerxía proporcionada por pilas ou baterías eléctricas integradas no propio robot.

  • Medirá un máximo de 25 cm de lonxitude, sen limitacións de peso.

 

 

O INCUMPRIMENTO DE CALQUERA DAS REGRAS SERÁ PENALIZADO COA DESCALIFICACIÓN

 

 

  • Tipo de competición:

 

  • Cada robot poderá percorrer o circuíto un número de veces que será determinado en función do número de participantes.

  • O cronómetro de tempo se porase en marcha co primeiro movemento do robot e deterase ao chegar o final do percorrido.

  • O robot que perda a liña e non consiga voltar ao camiño correcto en menos de 10 segundos non percibirá un punto nen será contabilizado o seu tempo.

  • O robot que salte parte do percorrido ou non siga a liña non percibirá un punto nin será contabilizado o seu tempo.

  • O robot que complete todo o percorrido recibirá un punto e será contabilizado o seu tempo parcial de carreira.

 

  • O robot gañador determínase pola maior acumulación de puntos e o menor tempo total de percorrido, que ven dado pola suma dos seus tempos parciais.

 

-Premios:

 

- 1º clasificado: kit de Robótica ou equivalente.

- 2º clasificado: kit de Robótica ou equivalente.

 

 

Debuxos libres Inkscape 2015-2016

Outro ano publicamos os debuxos libres feitos co software libre de debuxo vectorial Inkscape. Algúns inspirados en logos coñecidos, outros guiados por titoriais cc e, tamén orixinais, todos reflexan o traballo e os intereses do alumnado. Agardamos que vos gusten.

 

Carmen Núñez

Nova entrega dos Diálogos con Scratch

Nesta ocasión presentamos os diálogos feitos polos alumnos e alumnas de 1ºC e D da ESO. Agardo que vos guste.

 

1ª entrega Diálogos Scratch programación 1º ESO

Dende a optativa de Programación en 1º da ESO facemos pública a

1ª entrega dos Diálogos feitos co Scratch.

1ºB

Diálogos orixinais feitos cas persoaxes e fondos do Scratch (case todos) que levan moito traballo e ilusión. Con algún que outro problema técnico (hai quen se queixou de que non podía poñer acentos) aquí están case todos. Por favor, profes de Galego, non sexades demasiado malos e animádevos vós tamén a empregar esta ferramenta. 

 

Charla de José Ramón Leis Fidalgo. "Materiais do futuro que estamos a deseñar hoxe"

Os Departamentos de Orientación e de Tecnoloxía veñen de programar unha actividade que se incribe no programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC,  polo que se busca

achegar aos centros de secundaria o traballo innovador da universidade.

 

 

Trátase dunha conferencia  titulada “Os materiais do futuro que estamos a deseñar hoxe” a cargo do catedrático Dn. José Ramón Leis Fidalgo, do Departamento de Química Física da

USC (Universidade de Santiago de Compostela).

 

Participarán na conferencia os alumnos e alumnas de BAC 1º A, B e C. A charla terá lugar durante a 4º hora do vindeiro mércores 17 de febreiro

Visita do alumnado de 3º da ESO ao MUNCyT

 

Que se agacha tras de tan extraña sigla MUNCyTPosiblemente un dos máis modernos e mellores museos científicos de España, o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, que veu completar a estupenda rede de museos científicos de A Coruña  (Casa das Ciencias, Domus e Aquiarium Finisterrae)

 

O venres 12 de febreiro o alumnado de 3º da ESO poderá realizar unha divertida e instructiva actividade de procura de información no MUNCyT.  Guiados polos monitores do museo e acompañados polos profesores: Diego Armesto, Natalia Pou, Emilio Duque e Pablo Sánchez o noso alumnado ocupará as horas entre a 2ª e a 5ª nesta visita activa.

Distribuir contido