Tecnoloxía

Sotavento 2017. 3º da ESO na procura dunha conciencia ecolóxica da enerxía.

O Departamento de Tecnoloxía, como tantas veces acompañado polo profesorado de xeografía, programa para os vindeiros 19 e 20 de decembro unha saída didáctica para coñecer o Parque Eólico Experimental de Sotavento ( Xermade, Lugo)

 

Unha visita que vai máis aló dun coñecemento técnico da enerxía eólica...

para incidir na creación dunha maior conciencia ecolóxica no eido da producción enerxética

 

 

ou no do consumo que facemos da enerxía.....

 

Chegou aos nosos oídos...o profesor Juan M. Neira na libraría Biblos

Chegou aos nosos oídos... a participación do profesor de tecnoloxía do noso instituto, Juan M. Neira, nunha charla na Libraría Biblos co gallo da construcción do paseo fluvial nas beiras do Mandeo.

 

Ao noso compañeiro xa o coñeciamos nestas liñas empeñado en proxectos moi interesantes de recuperación ambiental dende a asociación Fragas do Mandeo que promove a  custodia do territorio e ten como fin a preservación da biodiversidade na comarca coruñesa de As Mariñas (Galicia, España).

 259.048m.  descubre onde! ( enlace)

Coa adquisición de fincas de interese ambiental mediante compra, donación ou legado, e a través de acordos cos propietarios de parcelas, baixo aluguer ou cesión temporal, procuran conservar os espacios naturais desta bisbarra. 

Viaxe ao centro da Biblioteca.

firmaNesta ocasión, nun curso de Realidade Virtual do INTEF #Mooc tocou facer unha ruta con fotografías 360º. Sen dúbida, un lugar que merece unha visita virtual e,ata un monumento, é a Biblioteca do IES Francisco Aguiar de Betanzos.
Pode parecer que nestas tres fotografías, hai demasiada información, pois, isto non é nada. Un incansable equipo de profesionais traballa a diario para fomentar o amor pola lectura, a creatividade, a participación e o empoderamento do alumnado do centro. Aquí unha mostra, un agarimo, unha homenaxe, e unha pequena mostra para embarcarnos en novas aventuras... por exemplo de Realidade Virtual?
Recoméndoche que si o visualizas en PC o fagas a pantalla completa, pincha no nome Roundme na esquina superior esquerda ou no centro superior. Se o visualizas no Smartphone probao na aplicación RoundMe e dalle traballo ao xiróscopo, e se tés gafas de realidade virtual, te adentres na biblioteca un ratiño... e disfrutes.

 

Imaxe e Son 17-18. Transforma a túa vida

"Historias da Biblioteca: Transforma a túa vida" Video rodado na Biblioteca do IES Francisco Aguiar de Betanzos polos alumnos de Imaxe e Son de 2º de Bacharelato.

 
Orixinal de Oscar Lagares Lafuente e Marcos Blanco Crespo.
 
Dende Imaxe e Son aproveitamos para agradecer ao equipo da Biblioteca a súa actitude colaborativa, paciente e amable cos autores destes pequenos traballos de vídeo.

Imaxe e Son 17-18 Episodio 2 Historias da Biblioteca: D. Quixote do Aguiar

Novo traballo de "movementos de cámara" do alumnado de "Imaxe e Son" de 2º de Bacharelato. Nesta ocasión os autores inspiranse no clásico de Miguel de Cervantes "D. Quixote" e traspasan a súa aficción a lectura con resultado de  (marabillosa) tolemia á nosa biblioteca. 

 
Orixinal de Oscar B. D. e Juan Carlos C. G.

Imaxe e Son 17-18. Aventuras na Biblioteca. Episodio 1

Primeira entrega dos vídeos rodados na Biblioteca do IES Francisco Aguiar de Betanzos, no curso 2017-2018, polos alumnos de Imaxe e Son de 2º de Bacharelato dentro do exercizo movementos de cámara.
Creación orixinal de María Corral Vieiro, Iara Ayelén Obelar e Samuel Román Vara.

Día da Biblioteca. Imaxe e Son.

profeticsbetaDefinición, Biblioteca: lugar onde podemos atopar calquera soporte dun texto coma novelas, revistas, banda deseñada, ensaios, etcétera para a súa consulta ou desfrute.

De mostra, uns botóns...

Laila Einstein
Beowolf Mujeres

Memoria da VI Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

Por fin, a MEMORIA  da VI Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

"Fotonovelas" de Imaxe e Son

Primeiras produccións dos de Imaxe e Son. Tocou contar unha historia con fotografías, seleccionando planos. Temos dúas que contar, "Un novo alumno" e "Historia dun suspenso". Desfrutade da fin de semana.

Imaxe e Son. 2017-2018. Arrancamos

Comeza un novo curso na optativa de 2º de Bacharelato de Imaxe e Son. Gustaríanos compartir o primeiro traballo. Unha análise da magnífica curtametraxe "Borrowed Time". Esta curta, feita por dous membros da compañía Pixar, non leva curiosamente o selo da compañía xa que non se trata dunha obra para nenos. A nós serviunos para analizar os distintos tipos planos, segundo distancia e ángulo, empregados polos autores para crear unha historia conmovedora, chea de metáforas visuais e de gran beleza. Velaí vai o noso pequeno homenaxe en forma de traballo a unha historia que nos cautivou.

Feliz inicio de curso. @ticsbeta

Distribuir contido