Tecnoloxía

Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía(MUNCyT).

O xoves 5 de abril un nutrido grupo de alumnos e alumnas de 3º da ESO visitarán as instalaciñons do atractivo Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña.

Estarán acompañados nesta viaxe científica que organiza o Departamento de Tecnoloxía polos profesores: Manuel López, Carmen Núñez, Rosina Baños e Yolanda Vidal.

A "expedición" sairá do instituto ao remate da primeira sesión de clase para regresar arredor das 14.00 hs.

Bibliotráileer: "La fundación". Imaxe e Son 2018

Novo Bibliotráileer dos alumnos e alumnas de Imaxe e Son de 2º de Bachillerato. Nesta ocasión tratamos a obra "A Fundación" de Antonio Buero Vallejo. Con guión orixinal de María Corral e Iara Obelar, magníficos debuxos orixinais de Samuel Román e colaboración do resto de integrantes do curso, estamos orgullosos de presentar, por fín, o noso pequeno traballo.

 

Bibliotráileer: "Las aventuras de Ulises". Imaxe e Son 2018

Os de Imaxe e Son traballamos este ano a animación facendo "Bibliotráileeres". Presentamos o bilbiotráileer de "Las aventuras de Ulises". Con guión orixinal de Oscar B. D., animacións dos alumnos e montaxe de Juan Carlos C. G., é o primeiro dos traballos que presentamos ao concurso convocado polo CNIIE.


profeticsbeta@gmail.com

Diálogos Scratch 2017-2018

Na optativa de Programación de 1º e 2º da ESO traballamos todos os anos un proxecto de diálogo orixinal feito co programa do MIT Scratch. Adoitamos a presentar na web do centro algún dos mellores.

por Lucas Carrera de 1º da ESO

por Manuel Pérez Manivesa 1º da ESO

profeticsbeta@gmail.com

 

Xogando con robots

Os de 4º da ESO aplicadas imos comezar en Tecnoloxía a xogar con robots. Comezamos cun brazo moi cutre para perder o medo. Temos moitas ideas na cabeza e agardamos poder presentar aquí algunha. Mentres unha pequena mostra xa que, como era altamente sofisticado Guiño, xa desmontamos este robot.... para ... montar outro.

profeticsbeta@gmail.com

E máis Tangram

Vai aumentando a galería fotográfica do proxecto de Tecnoloxía Tangram 2º da ESO. Preme na imaxe para descubrir aos artistas que hai detrás deste traballo.

tangram

profeticsbeta@gmail.com

Xogando ás cartas. Mulleres na ciencia. #11Feb Día internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

 

 

No IES Francisco Aguiar, os de 4º de Tecnoloxía, na era dos videoxogos, hoxe decidimos xogar ás cartas. Unhas cartas moi especiais. Unhas cartas con "Mulleres Científicas", de libre uso e licencia Creative Commons que podedes atopar aquí. Queremos así despertar a curiosidade, a lóxica, as habilidades matemáticas, manuais, de interese histórico, de igualdade, .... e, por suposto, sociais nos nosos alumnos e alumnas. A experiencia foi excepcional. E que, qué mellor xeito de aprender que xogando. 

Con esta e outras actividades tentamos unirnos á iniciativa de 11defebrero.org para conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

cartas

partida

profeticsbeta@gmail.com

Reciclaxe e impresión 3D

Seguimos a empregar a dotación da Consellería. Desta volta combinamos reciclaxe e impresión 3D para facer un organizador de material electrónico. O modelo non é noso pero sí de licencia libre. O resultado é optimo, agora haberá que probalo co alumnado. Guiño

proceso resultado

profeticsbeta@gmail.com

Hexágono Instituto 3D

Seguimos a probar a impresora 3D do centro. Unha pequena mostra:

profeticsbeta@gmail.com

Proxecto de Tecnoloxía 2º ESO. O tangram.

Durante as vindeiras semanas os alumnos e alumnas de 2º de ESO entregarán o seu proxecto de tecnoloxía: "O tangram". Gustaríanos compartir unha instantánea dos primeiros rematados.  Noraboa ao alumnado polo seu traballo e a súa creatividade.

tangram

Preme na imaxe para entrar en la galería de "artistas". 

profeticsbeta@gmail.com

Distribuir contido