Tecnoloxía

Cuarta xornada da IV Semana da Ciencia e da Tecnoloxía. Xoves 16

Pasado xa o Ecuador da nosa Semana as diversas actividades vanse axustando  sendo coñecidas por un número cada vez máis garnde de alumnos.

O xoves continuaremos coas sensacións de física e expèrimentos de Química, unha nova rolda da apaixoante yincana matemática,  voltarán as experiencias coa enerxía solar ( anuncian o cocinado dunha soupa).

Volveran as experiencias biolóxicas das árbores, o corazón corazón e as tecnolóxicas dos motores de corrente alterna, electropneumática, robot MoWay....

E no primeiro recreo a reñida competición de coches seguedores de liñas.

Terceira xornada da IV Semana da Ciencia e da Tecnoloxía. Mércores 15 de abril

Imos facendo etapas na nosa particular celebración da Ciencia e da Tecnoloxía. "Alucinamos" coas posibilidades da imaxe na detección precoz que nos amosou o Doutors Ruibal, percorremos corridores ás carreiras para cubrir a yincana matemática, xogamos e solidarizámonos co que nos tiñan preparado os alumnos da UDC, amosamos bo pulso cos relés e aprendemos a extarear ADN ...pero mañá seguimos.

 

Para empezar diremos que mañá a nosa semana da Ciencia terá un publico moi especial. Porque mañá visítannos os rapaces do Colexio Vales Villamarín que o ano próximos encherán de vitalidade as nosas aulas de 1º da ESO. Non se nos ocorríu mellor recibemento que integralos na chea de actividades desta terceira xornada da Semana da Ciencia e da Tecnoloxía.

 

1. Manteremos algúns esforzos xa feitos en días pasados: tecnoloxías agrarias tradicionais, sensacións de Física, invernadoiros mecanizados con Arduino, extracción de ADN, Corazón Corazón, e yincana matemática.

2.- Pero tamén iniciaremos algunhas novidades sobre todo no ámbito da tecnoloxía:

  • Alumnos de 2º da BAC ensirarannos o funcionamento de motores de corrente alterna (¿iso tiña algo que ver con AC/DC?)
  • Alumos dese mesmo curso porán en funcionamento  montaxes de electro pneumática en un robot MoWay

3.- No recreo poderemos disfrutar do lindo cunha competición de 6 coches  seguedores de liñas(o noso particular "fast &furious")

 

Segunda xornada da IV Semana da Ciencia e da Tecnoloxía. 14 de abril.

Na primeira xornada da Semana da Ciencia e da Tecnoloxía coñecimos por dentro corazóns (de tenreira), pelexamos con coches trazadores que dun día para outro se volveron rebeldes, manchamos as mans co óxido da vellas tecnoloxías agrarias, degustamos un sabroso chocolate feitiño cos fornos solares á porta do Insti', comprendimos e sentimos a conducción do calor.... e aínda estamos aquí.

A primeira xornada da IV Semana da Ciencia e da Tecnoloxía  foi unha primeira proba de axuste de horarios que podemos dicir que foi salvada con notable éxito.

 

Pero isto é só o inicio. O martes 14 ¡segue a festa da Ciencia e da Tecnoloxía!

1. Volveremos a contar no IES Francisco Aguiar cunha conferencia do prestixioso doutor Dn. Alvaro Ruibal, catedrático de Radioloxía e Mediciña Física da Universidade de Santiago de Compostela, e Xefe de Mediciña Nuclear do Hospital Clínico Universitario de Santiago (ao que puidemos coñecer e disfrutar o ano pasado)  Impartirá unha ilustrada conferencia baixo o título. " Imaxe molecular e o seu impacto na vida diaria"

 

2. Os alumnos e compañeiros de tecnoloxía volveran a permitirnos pelexar para que os coches manteñan al liñas que lles marcamos  e proporánnos unha novidade: un xogo de pulso firme con relés.

3.- ¡YINCANA MATEMÁTICA!    que vai poñer a divertida proba  a algúns grupos de 3º da ESO. Entre outras cousas cos mundialmente coñecidos mega-sudokus de Cheché e moitos xogos nos que anda enleada i enleando Natalia Pou.


 

4. Da man dos compañeiros de bioloxía e os seus alumnos/as aprenderemos un xeito para a extracción caseira do ADN

 

5. Novos cursos pasarán a coñecer as cinco "máquinas simples" a través das vellas ferramentas agrarias

6.- Tamén contaremos coa visita dun grupo de ex-alumnos da UDC (Universidade de A Coruña) encabezados por Laura Antón que xogarán coas matemáticas nun proxecto de aprendizaxe-servizo que servirá tamén para recoller alimentos para o Banco de Alimentos de A Coruña 


 

 

IV SEMANA DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA

 

O luns 13 de abril comeza no IES Francisco Aguiar esta grande festa da Ciencia e da Tecnoloxía á que lle adicamos especialmente unha semana...e imos xa pola IV edición.

Participan, desta volta, máis Departamentos Didácticos: Tecnoloxía, Física e Química, Bioloxía, Matemáticas, Ciencias Sociais e mesmo a Biblioteca cun certame de microrelatos sobre o patrón do número "pi".

Para o primeiro día :

1.-   Profesorado e alumnado de tecnoloxía deixarannos coa boca aberta amosando un invernadoiro de teito automatizado con Arduino            ( aclaramos que non é o nome do señor que dá ao botón. Arduino é unha plataforma de prototipado de circuitos); tamén haberá unha demostración de coches que seguen liñas trazadas

2.-  Varias experiencias biolóxicas: "Corazón, corazón" ( non confundir con programa de TV); extracción caseira de ADN; "coñecer as árbores do noso instituto".

 

3.-  Tamén dende o departamento de Física lograrán asombrarnos e mesmo descubrir a beleza coa súa presentación "sensacións de Física".

4.-  Se alguén quere botar unha ollada á tecnoloxía do pasado terá toda a semana unha pequena exposición de tecnoloxías agrarias tradicionais: sachos, fouces, roldanas, romanas.... ¡e moito óxido!

E isto é só o primeiro día. Temos unha semana enteira por diante

para disfrutar da Ciencia e da Tecnoloxía no IES Francisco Aguiar.

As Pontes. Visita Didáctica.

Organizada polos departamentos de Física e Química e Tecnoloxía, o mércores 18 de marzo terá lugar unha visita didáctica ás instalacións de ENDESA en As Pontes. 

Participará nesta saída un grupo de 37 alumnos e alumnas de 1º e 2º curso de BAC que cursan as materias de Física e Tecnoloxía Industrial. Estarán acompañados pola profesora de física M. Luisa Muiño,  e polo profesor de Tecnoloxía Juan M. Neira.

Debuxos finais Inkscape

Por fín, xa están todos agrupados. Debuxos orixinais ou debuxos copiados (algún calcado Chora). Debuxos máis traballados ou menos, imaxinativos ou realistas, sempre persoais e feitos con moito esforzo co programa de software libre inkscape. Agardamos que os gusten.

24 febreiro. Navega con Rumbo

Organizadas polo Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares o martes 24 de febreiro terán lugar dúas sesións de traballo da actividade "Navega con Rumbo" que , nesta ocasión,  coordinará Marisé Fandiño.

Trátase dunha iniciativa para educar no uso de internet insistindo na importancia da seguridade . Está destinada ao alumnado de 1º ESO e terá lugar a 2ªhora con ESO 1º A e D  e  a 4ª hora con ESO 1º B e C.

Pódense ver on line ou descargar as guías deste curso para alumnado, nais e pais e profesorado premendo na imaxe correspondente

Imaxes da charla. Éxito de interese e preguntas dos rapaces e rapazas de 1º. Proposta da poñente para facer extensiva a experiencia aos pais e nais.

30 de Xaneiro. Día escolar da paz. Debuxo con Inkscape 4º ESO

Dende a materia de Informática en 4º de ESO, quixemos sumarnos a tódalas iniciativas do instituto para a celebración do 30 de Xaneiro Día escolar da paz e da non violencia con debuxos feitos no programa de software libre Inkscape que estamos a traballar. Nótase que estamos comezando pero tamén se nota que os noso alumnado ten moito talento. Agardamos que vos gusten.

 

 
 

19 de decembro. Segunda visita a Sotavento.

O pasado 19 de decembro tivo lugar a segunda visita do noso alumnado ás instalacións de SOTAVENTO. Tratábase de alumnado de Tecnoloxía Industrial de 1º BAC. Sumaronse tamén Carla e Sofía de 3º da ESO.

Estiveron acompañados e guiados polos profesores de tecnoloxía Juan M. Neira e Julio Ferreiro,  coa compaña do alumno que realiza no IES Francisco Aguiar o Máster de Profesorado,  Jacobo López.

19 de decembro. Xornada de fin de trimestre e homenaxe a "xubilatas crew"

As xornadas  nas que rematan os trimestres escolares adoitan ser unha explosión de alegría, creatividade e traballo de moita xente que vén confluir nunhas horas frenéticas. O 19 de decembro de 2014 anúnciase con estas mismas perspectivas. Narremos por orde cronólóxica o que nos agarda:

 

 Para empezar unha continuación. Ás 9.30 hs. realizarase a partida do alumnado de BAC 1º de Tecnoloxía Industrial e algunhas alumnas de 4º da ESO que visitarán o Parque Eólico de SOTAVENTO, como fixeron hai un par de días outros compañeiros de 3º da ESO. Estarán acompañados polos profesores de Tecnoloxía Juan Neira e Julio  Ferreiro. 

 

 

 

 Ao remate da segunda hora para o alumnado da ESO  comezan as actividades festivas, deportivas e artísticas . No festival de 1º e 2º da ESO entregaranse os premios á "Christmas Card Competition". Tamén  comunicarase o fallo do Concurso de Microrrelato de Nadal. Só poderemos outorgar premio en metálico a tres dos ¡ cento once! participantes. Porén todos poden sentirse moi satisfeitos...

 

8:45-9:35

9:35-10:25

 

R

E

C

R

E

O

10:40-10:50

10:50-12:30

12:35-14:15

ACTIVIDADE PREVISTA

Nestas dúas primeiras horas da mañá NON haberá modificación respecto ao horario e actividades habituais

do venres a estas horas.

Profesorado de 3ª hora recolle alum-nado nas aulas para levalo ao Salón de Actos e pecha a aula.

O alumnado pode deixar as mochilas na aula ata o remate das clases ás 14.15 h.

1º e 2º da ESO

FESTIVAL DE NADAL

(música, teatro, humor, premios...)

1º e 2º da ESO

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

(torneo de Pichi)

3º e 4ª da ESO

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

(torneos de fútbol e baloncesto)

 

3º e 4ª da ESO

FESTIVAL DE NADAL

(música, teatro, humor)

Simultaneamente e previa inscrición:

* Torneo de Xadrez de Nadal (prof. Óscar García) e

* Pintatizas, pintura colectiva (prof. José M. Rey Bao)

 Para o alumnado de Bacharelato, e organizado polas catro rapazas "correspondentes xuvenís" que traballan no Instituto prográmanse actividades simultáneas.

 

8:45-9:35

9:35-10:25

10:25-11:15

11:15 – 14:15

 

Nestas tres primeiras horas da mañá NON haberá modificación respecto ao horario e actividades habituais

do venres a estas horas.

Durante este periodo ofrécese ao alumnado de Bacharelato a posibilidade de sumarse a algunha das seis actividades simultáneas que se propoñen para este derradeiro día do trimestre

Obradoiro de DJ' s

No porche cuberto xunto á Biblioteca

 

Skate

Nas pistas deportivas exteriores

Prestaranse táboas aos participantes

Clase de Zumba

No ximnasio

Recoméndamos traer ropa axeitada para actividade deportiva

Obradoiro de Graffiti

No porche cuberto xunto á cafetería

Recoméndase traer ropa axeitada para pintar

Dúas actividades máis, abertas tamén á participación do alumnado da ESO e que precisan de inscripción previa

PINTATIZAS

No porche cuberto xunto á cafetería

Para participar nesta actividade compre anotarse nas listas que ao efecto atoparanse na Conserxería do edificio da ESO

TORNEO DE XADREZ

Na aula 2.1 do edifico de BAC

Para participar nesta activiade compre anotarse nas listas que ao efecto atoparanse na Conserxería do edificio da ESO

 

 

Finalmente, exhaustos logo de tan frenética mañá , profesores e profesoras teremos a ocasión de tributar unha máis que merecida homenaxe a dous compañeiros que se xubilan (chamémoslles "xubitatas crew"): Gonzalo Tizón e Constantino Chao, profesores de Ciencias Naturais e Lengua Española, respectivamente.

 

 

Distribuir contido