Tecnoloxía

Betanzos singular

Betanzos singular é un proxecto que naceu fai anos en clase de informática, facendo fotomontaxes "imposibles" con Betanzos como telón de fondo. A partir de aí, observei con orgullo como a imaxinación dos alumnos e alumnas carece de freo. Chegou o momento de sintetizar todos estes traballos nun video para poder compartilos mellor, e aínda que non están pensados para video, e esquecinme dalgún, o resultado pode animarvos a visitar a colección completa accesible aquí.
Pido desculpas de antemán pois, aínda que traballamos o copyright e os dereitos de autor en clase, algúns traballos non son excesivamente respetuosos con iso. E é que cando a inspiración vén así deste xeito ...
Agardamos vos gusten as nosas pequenas gamberradas ;)

Exposición Marcos 2º ESO

Sentímonos orgullosos de mostrarvos un video feito para compartir o noso traballo dos marcos. A música é orixinal de John H. Maldonado. Agardamos que vos guste.

Visita do alumnado de 2º de bacharelato ao "Ciclotrón"

A semana que transcorrerá entre o 7 e o 11 de abril será este ano a grande festa da Ciencia e a Tecnoloxía no Aguiar coa celebración da  III Semana da Ciencia e a Tecnoloxía.

Dentro das actividades desta Semana, o luns, a partir das 10,25, o alumnnado de Física e Tecnoloxía de 2º BAC viaxará ao Hospital Clínico Universitario de Santiago invitados por Dn. Álvaro Ruibal Morell, catedrático de Radioloxía e Mediciña Física da Universidade de Santiago de Compostela, e Xefe de Mediciña Nuclear do Hospital Clínico Universitario de Santiago. Con esta visita terán a ocasión de coñecer unha das últimas tecnoloxías no campo da imaxe molecular, o Ciclotrón (acelerador circular de partículas)

Estamos seguros que será de grande interese para o alumnado e un auténtico privilexio que os rapaces e rapazas do Aguiar poidan coñecer de primeira man instalacións tan punteiras.

Estructuras famosas traballo colaborativo con LibreOffice Writer 2º ESO

Publicamos os traballos que fixemos en Libre Office Writer para o tema de estructuras. Cada un de nós elexiu unha estructura (ponte, edificio, estadio...) e buscou unha fotografía e información de interese acerca de ela. Agardamos que vos guste.

Debuxo vectorial con Inkscape

Mostramos aquí algúns dos nosos traballos feitos en Informática co programa de debuxo vectorial libre Inkscape. Agardamos que vos gusten ou vos parezan interesantes na nosa iniciación ao debuxo co ordenador. A maioría completamente orixinais, outros baseados en debuxos coñecidos e outros adaptacións de diferentes titoriais libres.... todos reflexan dalgún xeito a personalidade dos seus autores e autoras, que continuamos aprendendo día a día este e outros aspectos da Informática.

Estou orgullosa de todos vos.

Formación Permanente do Profesorado

Hoxe, 13 de xaneiro, á tarde, cunha sesión de traballo dirixida por Carlos de Paz, comeza no "Aguiar" un curso para o profesorado, que se enmarca no esforzo pola Formación Permanente dos docentes. 

O Seminario Permanente leva por título: "Uso de Moodle na Educación Secundaria" e desenvolverase os luns ata o mes de maio. Moodle é un software aberto utilizado para aprendizaxes colaborativas, co que se xestionan as aulas virtuais dos Institutos de Secundaria.

O curso solicítouse a través do Grupo de Dinamización das TIC's do Instituto que coordena o profesor Juan Neira e nel participan un grupo de catorce  profesores e profesoras.

3º da ESO. Visita a SOTAVENTO

 Inicio 

Proyecto Divulgativo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Organizado polo profesorado de Física e Química e Tecnoloxía , o alumnado de 3º da ESO visitará o luns ( 3º B e C)

e martes (3º A e D) ao Parque Eólico Experimental  SOTAVENTO.

A expedición  Guiño  sairá do centro arredor das 9.20h para regresar apróximadamente ás 14.10

 

...................................................&...........................................................

Traballos sobre madeiras naturales en 2º de ESO con Libre Office Writer

 

Publicamos os traballos que fixemos en Libre Office Writer para o tema da madeira. Folla a folla, páxina a páxina, árbore a árbore, tod@s cunha pequena contribución fixemos un bosque enteiro. Agardamos que vos guste.

Distribuir contido