Tecnoloxía

Proxectos con Scratch

Despedimos o curso en TICS mostrándoos algun dos nosos traballos programando co famoso software Scratch desenrolado polo MIT. Scratch é un contorno de programación gráfica que permite construír programas usando elementos que se arrastran e se ensamblan en bloques.

Scratch Project Scratch Project Scratch Project Scratch Project
 O Space-Rodry Beta de Alejandro R. é un dos mellores. Comeza o xogo ca barra espaciadora, dispara con a e desprázate de esquerda a dereita cas frechas del teclado. A táboa de multiplicar do Doutor Tutankamon obra de Armando N. é unha animación. Nela un estrambótico doutor multiplicará ata 10 o número que elixamos. De regalo cóntanos un chiste científico, elexido ó chou.  Toca barra espaciadora para comezar. Despois dun sinxelo xogo Paul contarache quen vai gañar a Eurocopa 2012.  Exercicio de Martín S.
Pequena animación de Carla P.  Imaxinación ao poder!
 Scratch Project  Scratch Project  Scratch Project Scratch Project
 Animación que debuxa os aros olímpicos. Tamén de Martín S.
 Simpático diálogo entre mamá e ghatiño. ¿Que queres hoxe de comer? Feito por Carla P.
 Outro de Alejandro R. Toca a barra espaciadora para comezar. Este fantasma sabe moitas matemáticas. Descúbreo.
Para qué queres a calculadora se podes preguntalo a Mr. Trigonometría. Traballo de David R.

Videos de Betanzos e alrededores

Despedimos o curso en Informática editando videos feitos cos nosos móviles. Trátase de ofrecer a nosa visión de Betanzos. Agardamos que os gusten.

Visita ao Museo de Historia Natural de Ferrol

30-Maio-2012

museo de historia natural

 

 

Actividade destinada ao alumnado de 3º A e B da ESO. Organizada polos profesores Luisa Muíño do departamento de Física e Química e Juan Neira do Departamento de Tecnoloxía.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Taboleiros colaborativos no Pinterest

Os de TICs 1º Bac déusenos por probar o Pinterest, din que é unha rede social de moda en USA. Fixemos un exercicio consistente en crear un taboleiro colaborativo.

Taboleiro sobre Arte Taboleiro sobre Natureza. Taboleiro sobre mecánica
 Taboleiro sobre PC-Mods
 Taboleiro sobre deportes
 

Monólogos e diálogos co Audacity!

Traballos co Audacity.  Ademáis admítense aplausos e risas en lata.Guay Esperamos os vosos "gústame" e comentarios en Ivoox ao que podedes acceder premendo no auddio que vos guste. Non é necesario estar rexistrado para participar. A qué esperas??? Vota ao teu favorito.

 

 

 

 

 

 

Visita ao Museo das Telleiras en Mesía

museo brañas de valga

11 e 16 de Maio de 2012

Organizado por Juan Neira do departamento de Tecnoloxía e por  Gonzalo Tizón do departamento de Bioloxía e Xeoloxía. O alumnado de 2º de ESO visitará a Aula da Natureza e Museo Etnográfico das brañas de Valga. foto http://aulanatureza.concellodemesia.es/

Visita ao Muncyt da Coruña

6-Xuño-2012

Os presentamos a Marilú, la compañera de Pepexán en la sala E... on Twitpic

 

O alumnado de 3º C da ESO acompañado dos profesores Emilio Duque do departamento de Bioloxía e Carmen Núñez do departamento de Tecnoloxía visita o recentemente inaugurado Museo Coruñés.

Pola miña parte, estou desexando coñecer a Marilú (na foto), a moza de Pepexán (que coma bó "nativo dixital" ten blogue e twitter).

Fotografía na galería de Twitpic do @Muncyt

Audacity en Informática 4º ESO

Comenzamos en informática as prácticas co Audacity (software libre para editar audio para os que non o coñezan). A profesora non gardou os traballos finales do ano pasado, quedou só un gardado. Non vai volver a pasar. Inauguramos un canal de radio para colgar os nosos audios. Agardamos que os disfrutedes.

Traballos de materiais en Tecnoloxía Industrial 1

Gustaríame facer públicos tamén os traballos que veñen de facer os alumnos e alumnas de Tecnoloxía Industrial 1. Estes magníficos traballos foron acompañados de presentacións na clase e con eles aprendimos xuntos acerca dos plásticos, a madeira e os materiais téxtiles. Noraboa polos traballos.

"Plásticos" (presentación)

"Plásticos" (modo texto)

"Madeira" (presentación)

"Madeira" (modo texto)

"Textiles" (presentación)

"Textiles" (modo texto)

Visita ás instalacións de Enmacosa en A Coruña

23-Abril-2012

enmacosa logoO alumnado de Tecnoloxía Industrial I visita ás instalacións da consultoría técnica Enmacosa na Coruña.

Enmacosa é unha empresa que desenvolve as súas actividades nos estudos previos, control de proxectos en Obra Civil, asistencia técnicas nas fases de execución, control de calidade dos materiais utilizados, definición e realización das probas finais e de funcionamento, informes puntuais sobre patoloxías diversas, etc.

enmacosa mapa

Distribuir contido