Salvando as ''distancias'' en Tecnoloxía: experiencias coa ponte autoportante de Leonardo da Vinci en 2º ESO

Leonardo da Vinci (1452-1519) tivo un enxenio creativo desbordante: pintor,  anatomista, arquitecto,  paleontólogo, artista, botánico, científico, escritor, escultor, filósofo, enxeñeiro, inventor, músico, poeta e urbanista. Como enxeñeiro e inventor, Leonardo desenvolveu ideas moi adiantadas ao seu tempo, tales como o helicóptero, o carro de combate, o submarino e o automóbil.

Dende Tecnoloxía en 2º da ESO decidimos acercarnos un chisco á súa figura, saltando unha distancia no tempo, para centrarnos nunha das súas sorprendentes invencións, unha das súas máis enxeniosas pontes para salvar distancias no espacio. Trátase da súa ponte autoportante, un deseño que por si mesmo, sin clavos nin pegamento é capaz de aguantar unha grande cantidade de peso como pode verse nos vídeos que se ligan a continuación:

Este curso, polo motivo de desinfectar e de empregar material individual, nós estamos a imprimir as nosas propias pontes en 3D segundo a nosa adaptación do modelo, que podes atopar se desexas reproducila en Thingiverse. O plástico empregado é PLA e desinféctase con facilidade, aínda estamos a fabricar e a construir na clase os nosos modelos pero, estamos tan entusiasmados co resultado que queriamos compartir esta experiencia convosco.

Atreverémonos no futuro a facer unha ponte a maior escala con madeira? Lanzarémonos a modelar un domo autoportante? O de salvar distancias espazo temporais eticsbeta aprender de deseños perfectos do mundo antigo é algo que cautiva e engancha, .... logo, xa se verá.

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> ponte autoportante de Leonardo da Vinci (tecnoloxía 2º ESO)