Tecnoloxía

Code Week EU 2020 no Aguiar

codeweek

 

 

 

Do 15 ao 25 de outubro, celebramos en toda Europa a #CodeWeek ou semana do código. Unha semana, ou semanas, nas que introducir ao noso alumnado no pensamento computacional e a súa importancia en moitos campos da ciencia, enxeñería, arte, ... Dende moitos centros educativos se rexistran iniciativas para participar nesta semana da programación que pode incluir moitos tipos de actividades relacionadas coa programación e o código diferentes. 

 

O noso centro xa rexistrou unha pequena actividade para desenvolver esta semana na que intentaremos combinar a programación co deseño asistido por ordenador, unha especie de CAD programado. O reto consistirá en que o alumnado deseñe a súa propia etiqueta co seu nome e/ou outro lema sinxelo. Os mellores deseños materializaranse nunha das dúas impresoras 3D do noso centro. E, se algún docente máis se anima, podemos inscribir algunha actividade máis, e tí, estás preparado para a semana do código?

Deixámoste toda a info do evento organizado por CAFI_AulaNova na seguinte páxina de Agueiro

codeweek codeweek

A idea a desenvolver sería algo parecido a.....

codigo aguiar gif

 

PREMIOS ENERXIZA.RME 2020

17/07/2020 12:21
Europe/Andorra
Primeiro premio desta edición do concurso ENERXIZA.RME 2020. 

As alumnas Candela Lagares, Teresa Sánchez e Lucía Ares do IES Francisco Aguiar de Betanzos. Este equipo venceu polo coñecemento técnico á hora de construir a súa casa sostible pero tamén pola súa orixinalidade no momento da presentación dos resultados. Dende a Escola premiamos a estas pequenas enxeñeiras polo seu ben facer.

 
SEGUNDA posición no concurso ENERXIZA.RME 2020. 
 
Yago Muíño, Martín Vázquez e Joel Armada do IES Francisco Aguiar de Betanzos, son os os creadores de LA CASA EFICIENTE. Nesta maqueta, utilizaron materiais reciclados e interruptores crepusculares entre outras cousas para obter este fantástico deseño. Agradecemos a vosa participación e esperamos que aproveitedes o premio para mellorar este prototipo. Seredes grandes enxeñeiros!!!!
 
Un especial recoñecemento á profesora Ánxela Vázquez Álvarez pola súa implicación no proxecto.
 

TRABALLOS DE PROGRAMACIÓN. ALUMNOS DE 1º DE ESO

Compartimos algúns dos fantásticos traballos de alumnos e alumnas de 1º ESO realizados na asignatura de Programación baixo a dirección da súa profesora, Ángela Vázquez Álvarez. 
Todos teñen como asunto o coronavirus e analizan como é a súa propagación.
Parabéns...

 

 



O Aguiar volta con #sentidiño, videoproduccións do alumnado de TIC

Compartimos con todos vós algunhas das produccións do noso alumnado para unha volta responsable á normalidade. Protexernos nós é tamén protexer aos nosos e ao noso. Por vós, por nós, por todos voltemos con #sentdiño.

Imaxes na galería fotográfica do #clubdeciencias de febreiro 'Equilibrio Estrutural'

Como podedes observar, aparte de repasar as estruturas e a súa estabilidade, entre outras cousas construimos:

- Domos xeodésicos

- Pontes autosustentables

- Icosaedros XXL

entre outras cousas....

 

 Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

Álbum: Club de Ciencia 19-20 -> Febreiro: Equilibrio estrutural

Formación para o alumnado de ESO1A e TIC 4 ESO a cargo de Laboratorio de Radio

 

radio na biblio

 

Martes 11 de febreiro de 2020.

Na Biblioteca e anexo, dous profesionais de 'Laboratorio de Radio' traballarán co alumnado ESO1A e ESO4TIC. Horarios:

Grupo Horario
ESO 1º A de 8:55 a 10:25
ESO 4º (optativa TIC) de 10:40 a 12:10

 

Galería de fotos da visita ao MUNCYT DOS 3º de ESO Tecnoloxía

 

Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

Álbum: Actividades 2019-2020 -> Visita MUNCYT 3º ESO Tecnoloxía

Visita ao MUNCYT dos 3º da ESO

O alumnado de 3º da ESO comeza este ano novo 2020 repasando conceptos de Tecnoloxía e visitando o MUNCYT de A Coruña. O plan, organizado polos profesores de Tecnoloxía Juan Neira e Ángela Vázquez, é o de facer un pequeno percorrido polo museo e realizar experiencias de electricidade e electrónica. Sairán do instituto ás 9:30 e teñen a súa chegada prevista sobre ás 13:25.

MUNCYT 

 

Día Grupos
mércores 8 xaneiro 3º A e B
venres 10 xaneiro              3º C e D

 

 

Premede aquí e accederedes á galería fotográfica da mesma actividade o curso pasado.

Galería fotográfica #clubdeciencia decembro 'Os leds son para o Nadal'

'Os leds son para o Nadal'  é o título xenérico que quixo aglutinar diferentes actividades científico manipulativas multiniveis que tiveron a estes dous elementos coma principais. 

Dentro destas actividades tivemos:

  • Tarxetas de Nadal  con luces Led, o que chaman #papercircuits para o alumnado de 1º ESO
  • #wearables cosendo leds para as bolas de nadal dunha árbore e dun panel de estrelas (por rematar) que logo foron programados polo alumnado ca praca de #lilypadArduino
  • Programación co anel de LED dos robots #MbotRanger. O reto proposto ao alumnado incluiu luces e equilibrio. O anel de leds tiña que iluminar de forma diferente segundo a inclinación dos xiróscopos do robot.
  • Arduino e #etéxtiles ao empregar un material chamado #velostat. O velostat é un texido que cambia a súa resistencia eléctrica ao tocalo. Os alumnos de 2º BAC asistentes ao club  fabricaron con este texido un sensor flex caseiro e o programaron cun Arduino para que poida acender un led. Este é un proxecto que promete medrar en breve.

O obradoiro estivo organizado polo departamento de Tecnoloxía e o de Plástica coas profesoras Carmen Núñez Faraldo, Ángela Vázquez Álvarez e Marta Penalonga Chao.

 

Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

Álbum: Club de Ciencia 19-20 -> Decembro: Os leds son para o Nadal
Distribuir contido