4º ESO

30 de Xaneiro. Día escolar da paz. Debuxo con Inkscape 4º ESO

Dende a materia de Informática en 4º de ESO, quixemos sumarnos a tódalas iniciativas do instituto para a celebración do 30 de Xaneiro Día escolar da paz e da non violencia con debuxos feitos no programa de software libre Inkscape que estamos a traballar. Nótase que estamos comezando pero tamén se nota que os noso alumnado ten moito talento. Agardamos que vos gusten.

 

 
 

Encontro coa escritora Marta Sanz

O 21 de xaneiro, ás 12,35 h. Os alumnos e alumnas de 4º ESO B terán a oportunidade de manter unha, estamos seguros, estimulante charla coa escritora Marta Sanz.

Trátase dunha iniciativa do Departamento de Lengua Castellana y Literatura,  impulsada polo profesor Francisco Rodríguez Coloma,  que completa así o traballo na aula sobre unha das novelas desta autora, e polo Centro de Formación e Recursos de A Coruña a través do noso asesor para a formación do profesorado, Javier Pintor.

Algo deste traballo, os alumnos coma críticos literarios.

La estructura de esta obra está bien calibrada. Tras el primer Black, aparece esa segunda parte en la que se suspende la intriga; por ello el lector ha de preguntarse por el sentido de esa interferencia.

Nerea Nogueira
***
Lo que más me impresionó, después de haber leído este elevado número de páginas, es ese final abierto que invita a la imaginación del lector.

Pablo Buyo
***
La comunidad de vecinos es como una pequeña muestra de la sociedad actual en la que la gente muestra una cara (como el detective Zarco), pero tiene otra distinta, que es la que desvela Paula cuando revela, por ejemplo, la invención de Luz.
Gala Illanes

***
La primera virtud de la novela se encuentra en que esta escritora obliga al lector a ser creativo y trabajar propiamente como un detective para entender el todo. [...] Otra excelencia es la distribución de los blacks. El lector piensa que el diario de Luz nada tiene que ver con la historia, por ello se decepciona durante la lectura. Aunque, si se pregunta qué ha querido hacer con ello, advierte que Marta Sanz desea que el lector se enfade, ya que no lo trata como un cliente al que se le da todo hecho, como ocurre en la mayoría de las novelas negras de crimen-resolución.

Nerea Nogueira
***
Marta Sanz ha sabido distribuir de forma ordenada los hechos relevantes que ha querido incluir en su novela y también adecuar la estructura a lo que los personajes (los anómalos vecinos del edificio y los intrusos Zarco y Paula) y las relaciones entre ellos piden, igual que reclama un espacio característico para el desarrollo de la acción y la trama.

María Peteiro

***
Mientras lee Black II el lector, al considerar que esa secuencia resuelve el caso, supone que las páginas siguientes supondrán un fatal pérdida de tiempo. Cuando se desvela que Luz ha escrito una ficción, la autora consigue dar un giro radical al relato de los acontecimientos.
Martín Gómez
***
Cuando el lector reflexiona sobre este mundo dominado por la violencia, la xenofobia, la soledad, el abandono... advierte que la crítica social que plantea Marta Sanz es profunda. Lo descrito resulta muy próximo al lector, incluida la mezcla de realidad y ficción que a muchas personas puede confundir.
Pablo Martínez

***
El obsesivo diario de Luz, con su cansino inventario de dietas, vicios y menstruaciones perdidas, reflexiona sobre la responsabilidad de la ficción, sobre las mentiras de las verdades y las verdades de las mentiras.

Paula Ois

Chegou aos nosos oídos...Stacy na I Velada de Radioteatro Amateur

Chegou aos nosos oídos...a actuación de Emilio (Stacy) alumno de 4º da ESO no Aguiar na Iª Velada de Radioteatro Amateur que impulsan e organizan os amigos do Laboratorio de Radio ( Sergio Pascual e a nosa ex,  Lucía Abarrategui).

Velai "Subconscious"

 

Como ben dixo Francisco Erre, ¡que alguén lle grave unha maqueta!

Participación do IES Francisco Aguiar en tres Plans "Proxecta" da Xunta de Galicia

 

 

O 28 de novembro vén de publicarse a resolución definitiva dos centros participantes no Plan Proxecta da Xunta de Galicia .

No IES Francisco Aguiar confirmouse a nosa participación en tres destes plans:;

 

1.- Continuando cunha liña formativa de hai bastantes anos participaremos co alumnado de 3º da ESO no programa Quérote + dentro do Ciclo Vida Adolescente. Este ano trataranse temas arredor do núcleo: "Socializándonos" (Convivencia, uso responsable das TIC's, e fenómeno do botellón)  

 

 

2.- Animados por Mª José Doporto, responsable do Espazo Xove de Betanzos, e coa colaboración de Amparo Mejuto, do noso Departamento de Orientación, catro alumnas de 1º BAC participan nun proxecto, "correspondentes 3.0" , que trata de levar información de interés xuvenil á beira dos mesmos xóvenes no noso Instituto: taboleiros de anuncios, actividades, información xuvenil, ofertas formativas.

 

 

3.- Aproveitando tamén o traballo iniciado o ano pasado co concurso "Betanzos en Detalle", José Manuel Rey Bao profesor de Educación Plástica e Visual, coordina  ao alumnado de 4º da ESO no proxecto "Fotografía en curso". Quere ser esta actuación un achegamento ao mundo da fotografía e ás súas virtualidades estéticas e de formación dunha cidadanía crítica , dende unha actividade esencialmente práctica.

Obradoiros de danza moderna. 1 de decembro

O pasado 1 de decembro o alumnado de 4º da ESO  participou nun Obradoiro de Danza Moderna e puido asistir á actuación do grupo "Catro no Metro" .

 Versión con música libre. Freepublik, "First Love"

 

Exposición e Obradoiro de Sensores. Viaxe formativa a Lugo. 21.XI.2014

Organizado polos profesores Luisa Muiño e Juan Neira, o venres 21 de novembro un nutrido grupo de rapaces e rapazas de 2º BAC e 4º da ESO, alumnos de Física, Tecnoloxía e Electrotecnia, terán a oportunidade de realizar unha viaxe formativa a Lugo.

Alí poderán visitar unha exposición e participar activamente nun obradoiro sobre "Sensores". Ambas actividades tratarán sobre os sensores físicos: sensores de temperaturas, de son, de distancia, de luz, de infravermellos, acelerómetros, xiróscopos, GPS, de orientación... e o seu uso e aprendizaxe na clase, na ciencia e na arte.

1-. No obradoiro "SENSORES" os nosos alumnos aprenderán  a manexar os robots NXT  realizando, despois,  unhas dez experiencias de datalogging ou captura de datos. Fronte a outras maneiras de ver o ensino (materias illadas entre si e coa vida real) propónsenos nesta actividade que se impliquen todas as ciencias STEM (Matemáticas con representación de datos, Física con toma de datos físicos -son, temperatura, humidade, distancia...-  eTecnoloxía) , pois os aparatos son propios da clase de tecnoloxía, ainda que se empreguen noutras clases ou mesmo na Arte.

2.- O anterior sería un apartado que complementa a exposición "SENSORES" na que figuras artísticas feitas en Processing e outras linguaxes proxectadas cun canón evolucionen no tempo e esa evolución teña en conta os sensores que a compoñen, de luz, distancia, PIR, KINECT, etc.

 

Os nosos científicos-tecnólogos en ciernes sairán cara a Lugo ás 12.20 contando con chegar e facer unha comida rápida cos "bocatas" previamente preparados. De xeito que a actividade desenvolverase entre as 14 e as 17 horas. Ás 18 ou 18.30 contamos con estar de volta. 

 

Encontro con Ex-parlamentarios. 14.XI.2014

Como se fixera o ano pasado,  o alumnado de 4º da ESO do IES Francisco Aguiar terá a oportunidade de participar no encontro con tres  exparlamentarios: José Antonio Santiso Miramontes polo Partido Popular, o betanceiro Antolín Sánchez Presedo polo Partido Socialista de Galicia PSOE, e Fernando Branco Parga polo Bloque Nacionalista Galego.

O noso alumnado terá oportunidade de coñecer de primeira man a súa experiencia como representantes do pobo de Galicia e de formular cantas preguntas queiran sobre a actualidade política.

Unha nova inciativa para facer realidade o proxecto de formación de cidadáns críticos e plurais que é  vocación irrenunciable do ensino público

“Prevención de Violencia de Xénero en adolescentes".Sesión do 23 de outubro

O pasado 23 de outubro tivo lugar a segunda sesión do taller de  “Prevención de Violencia de Xénero en adolescentes". Logo do traballo teórico ( día 17) de Natalia e Aroa chegaba o momento da aplicación práctica. Era o turno de Alejandro Gómez, policia nacional e experto en violencia de xénero e familiar.

Primeiro algo de teoría: a curva da violencia e os tres cerebros: reptiliano, emotivo e racional.

De seguido,  a práctica. En palabras de Rosalía Doporto, alumna de 4º B: "

Hoxe fomos testemuñas dunha espléndida charla que tivo por tema "como facer fronte ás situacións de violencia". Nela ensináronos que, ante unha situación deste tipo, na que o agresor non é capaz de razoar, debemos retirarnos para non agravar máis a situación. Isto témolo que facer cuns movementos que nos ensinou o monitor e que puidemos prácticar na clase."

Coeducación e Igualdade na Xuventude: “Prevención de Violencia de Xénero en adolescentes"

Os vindeiros 17 e 23 de outubro o alumnado de 4º terá a ocasión de participar nunhas xornadas sobre  "Coeducación e Igualdade na Xuventude. "Prevención de violencia de xénero en adolescentes" ( ver o programa das xornadas)A primeira  sesión, o día 17 de outubro,  será de carácter máis teórico e estará dirixida por Natalia Vázquez Pita, terapeuta ocupacional e ex-alumna do noso Instituto. 

Voltan as "VIAXES AO MUNDO CLÁSICO" no Aguiar

¡Estamos de noraboa!

Entre os días 23 e 28 deste mes de setembro o "Aguiar" volta a revivivir unha das viaxes  máis interesantes e características  do noso Instituto, as que teñen por destino ao mundo clásico.  

Dende o ano 2008 unha parte do noso alumnado puido disfrutar coas maravillas de Atenas, Micenas, Creta, Sicilia, Roma... A iniciativa tivo dende o inicio dous grandes promotores o noso lembrado profesor de latín, Sebastián Buedo, e a catedrática de grego, Rafaela Villalba. 

Dista volta 26 rapaces e rapazas de 4º da ESO e 2º de BAC, acompañados polas profesoras Rafaela Villalba e Mª José Pereira, terán a oportunidade de disfrutar de Atenas e dos máis que eruditos comentarios de Rafi e Mª José...ademáis de degustar en compañía algunha deliciosa "moussaka".

 

 

Distribuir contido