Betanzos en Detalle

O traballo de varios anos do Departamento de Plástica, e do profesor Xosé Manuel Rey Bao, polo coñecemento e valoración do Casco Antigo de Betanzos  traenos hoxe a convocatoria dun concurso  que leva por título "Betanzos en Detalle"·

Preténdese con él aproveitar o traballo de alumnos e alumnas doutros cursos que plasmaron en fotografías unha ollada, demorada en pequenos detalles, do noso Casco Histórico.  Esas imaxes son as que se propoñen para ser descubertas  polos participantes.  En suma, trátase de descubrir "en detalle" a nosa cidade. 

Sumáronse a este empeño de coñecemento e valoración o Concello de Betanzos, a Asociación de Comerciantes (ACEBE) e máis a Asociación de Amigos do Casco Histórico. Agradecémoslles o seu incondicional apoio e  toda a colaboración amosada.

 

 

BASES DO CONCURSO “Betanzos ao detalle”

1. Para participar neste concurso so se precisa ser alumno/a do IES Francisco Aguiar.
2. O Concurso consiste na localización no casco antigo de Betanzos , dunha serie de detalles arquitectónicos e decorativos.
3. Ditos detalles serán propostos pola organización en bloques de tres, cunha periodicidade semanal e ao longo de 10 semanas. Serán expostos nas entradas do Institututo e na páxina web do IES Francisco Aguiar.
4. Cada participante recibirá unha cartilla na que deberá ir anotando, do xeito o máis preciso posible, a localización dos detalles propostos.A localización farase indicando a rúa e número e marcando no mapa que se adxunta na cartilla dito punto.
5. Considerarase gañador ou gañadora a aquel concursante que localice máior número de puntos ao longo do concurso. En caso de empate realizarase un sorteo

6. O premio entregarase nas celebración do Día das Letras Galegas en maio de 2014