4º ESO

"Desayuno con estrellas". Primeira entrega dos traballos de edicion de video.

Tamara e Nacho, autores do célebre monólogo "Desayuno con estrellas" publicado nunha entrada anterior, seguen a voltas ca idea de que o desayuno é a comida máis importante do día. Sorpréndennos aquí presentando o seu magnífico traballo moito antes da data de entrega e o publicámolo aquí animando aos compañeiros a igualar, coma pouco, o seu bó facer.


Audacitybeta 2013/2014

Nova entrega dos traballos de audio dos alumnos de Informática de 4º. Diálogos cómicos, máis ou menos orixinais, en castelán, galego ou mezcolando idiomas. Publicamos aquí tres dos traballos deste ano. Agardamos que vos gusten.

Plan Director de Convivencia nos Centros

Continuando coa iniciativa que se puxo en marcha o primeiro trimestre para alumnado do 1º ciclo, o IES Francisco Aguiar continúa coa súa participación no Plan Director de Convencia Escolar que impulsa a Garda Civil.

Se, no primeiro trimestre,  foi o alumnado do 1º ciclo o que reflexionou sobre os " riscos de internet", nesta ocasión será o alumnado de 4º da ESO  quen traballará sobre  “Consumo de alcohol e drogas. O Botellón”

 

Para o alumnado de 4ª A e B a susodita charla terá lugar no Salón de Actos o  día 22 de maio, a 3ª hora ( 10.40-11.30 h) . Para o alumnado de 4ª C e D terá lugar a 4ª hora ( 11.30-12.20 h) .


Visita da escritora Andrea Maceiras. Andrea e as Nubes ( 2ª parte)

 

 

  Aínda que chea de nervios, aceptei o reto de presentar a escritora Andrea Maceiras diante dos meus compañeiros de curso no día da súa visita ao noso instituto. Cando chegou o momento, non era quen de tranquilizarme, pois sempre me deu vergoña falar en público, e máis aínda diante de alguén que sei que confía en que o faga ben. Mais todas as miñas dúbidas quedaron atrás cando me presentaron a Andrea. Pareceume unha rapaza moi agradable e iso deume ánimos.

   Unha vez feita a miña parte, axudeina a fedellar un pouco no ordenador, e a medida que ía falando, todos iamos caendo nas mans da súa voz. Falábanos de tal maneira que nos deixaba enfeitizados. Metíanos na súa historia. E iso demostra o boa narradora que é.

   Foi toda unha experiencia estar ao seu carón ese tempo e, ademais, tamén conseguín que me asinase o meu exemplar de Nubes de evolución. Cada paso que damos nas nosas vidas, por pequeno que sexa, prepáranos para o futuro. Desta vez quédome coa sensación de satisfacción que sentín cando lle botei unha ollada a Andrea unha vez rematei de falar e vin que estaba sorrindo.

Mar Nieves Fernández (4ºA)

Visita da escritora Andrea Maceiras. Andrea e as Nubes ( 1ª parte)

ANDREA E AS NUBES 

Mar está nerviosa. Talvez sexa a primeira vez que recibe un encargo así: presentar unha escritora profesional ante os seus compañeiros de estudos. Ten medo de tatexar, de esquecerse do texto, de falar demasiado á présa... Xa lle presentaron a Andrea e parece riquiña. Aceptou o reto e agora debe cumprir, así que... comeza a falar e as palabras van saíndo. Uns minutos para dar conta lixeira da traxectoria desta autora nova que xa conta con importantes premios e catro libros publicados. Mar remata, pide aplausos e respira ali viada. Senta ao carón do ordenador e obedece, solícita, as instrucións de Andrea para axudarlle coa presentación visual (que ben guiada é esta rapaza!).

 

 

Despr azándose levemente sobre o escenario, Andrea Ma ceiras vai debullando con voz suave a xénese da novela Nubes de evolución ante un auditorio adolesce nte que se sorprende da súa mocidade madura. Ás súas costas, a pantalla amosa o escenario cotián que a inspirou: a estación de autobuses da Coruña. A escolla do branco e negro das imaxes simboliza a frialdade física e metafórica que sentiu durante as horas eternas que debeu agardar alí cando era estudante.

A observación atenta das persoas anónimas coas que compartía un espazo tan áspero e húmido fo ille inspirando os personaxes do relato encargado pola irmá: un texto afastado da narrativa fantástica da súa obra anterior, Violeta tamurana.

Unha muller nova encargada da limpeza, un home con fasquía de profesor de instituto e un mozo con bolsa de deportes... e a colaxe comeza a cobrar forma na súa cabeza. 

Tamén imaxina alegrar con arte as paredes grises da estación: As Meniñas... demasiado clásico; a Pomba de Picasso só convoca a admiración das súas conxéneres; algunha obra de Banksy... (Banksy gústalle pola fusión de estética e denuncia); mais non, mellor un humilde graffiti cos versos dunha canción dos Rolling Stones. 

Agora hai que darlle moitas voltas á trama, imaxinar situacións, anécdotas, engadir personaxes secundarios, algún fío que entrelace as vidas dos protagonistas e lle dea sentido ao conxunto... porque a narradora revélanos que ata ter totalmente estruturada a novela na cabeza non comeza a escribir. Que logo as cousas non saen como unha planea, pero ela necesita sentir que todo ten sentido antes de iniciar a parte física do oficio.

E así, entre imaxes e voz, os minutos van pasando e o relatorio chega ao seu remate. É o momento do coloquio e a mocidade de 4º do Francisco Aguiar non se anima malia a insistencia e o alento de Andrea, que vai lanzando preguntas ao alumnado sobre os seus gustos literarios, as súas afeccións... Por fin, Alberto rompe o xeo e interroga a escritora sobre a veracidade da súa exposición. Ela responde e aclara a dúbida. Aos poucos, os máis atrevidos propóñenlle cuestións que a autora responde con entusiasmo e detalle.

Soa o timbre e o público xuvenil volve á rutina. Na sala quedan algunhas admiradoras que se achegan tímidas á autora solicitándolle a súa sinatura nos libros. E Andrea pregúntalles o nome para llelos dedicar, debuxando en cadanseu volume unha nube naíf cos bordos redondiños. Unha nube xeitosa de faciana amable, coma ela. No texto que deseña para Mar pode lerse: “Para Mar, mil ceos despexados”.

Pichel

 

...Continuará


Edición de video dixital. Oscar ao mellor corto alumnos curso 2012-2013

Con motivo do comezo do tema video dixital 2013/2014 expoño na web o mellor traballo presentado o ano pasado polos alumnos Javier Vázquez Costa e Andrés García Iglesias. Agardamos que vos guste.

Betanzos singular

Betanzos singular é un proxecto que naceu fai anos en clase de informática, facendo fotomontaxes "imposibles" con Betanzos como telón de fondo. A partir de aí, observei con orgullo como a imaxinación dos alumnos e alumnas carece de freo. Chegou o momento de sintetizar todos estes traballos nun video para poder compartilos mellor, e aínda que non están pensados para video, e esquecinme dalgún, o resultado pode animarvos a visitar a colección completa accesible aquí.
Pido desculpas de antemán pois, aínda que traballamos o copyright e os dereitos de autor en clase, algúns traballos non son excesivamente respetuosos con iso. E é que cando a inspiración vén así deste xeito ...
Agardamos vos gusten as nosas pequenas gamberradas ;)

A viaxe a Londres da sección bilingüe de 4º da ESO

Aquí tedes a confirmación  (en clásica imaxe) de que  un grupo de alumnos da Sección Bilingüe do Instituto "Francisco Aguiar" de Betanzos, acompañados por Cheché e Massiel, veñen de realizar unha viaxe cultural a Londres, onde puideron visitar os lugares máis coñecidos da capital británica, así como os seus museos máis importantes: o Museo de Historia Natural, o Museo das Ciencias, o Globe de Shakespeare...
Os estudantes do "Francisco Aguiar" desprazáronse tamén a Greenwich para visitar o Royal Observatory e o Museo Marítimo.

En marcha a viaxe anual da sección bilingüe de 4º da ESO

Como cada ano o alumnado da sección bilingüe do curso de 4º realiza unha viaxe de estudos. Unha vez máis, neste curso 2013-2014 o destino dos 19 alumnos e alumnas participantes foi Londres . Agardamos que aproveiten ben esta ocasión de practicar canto están a aprender.

Á espera das imaxes deste ano ( que chegarán) facemos un pouco de memoria con algunhas viaxes de seccións bilingües  en cursos pasados.

London Bridge                                                                      Abbey Road

Prime meridian (Greenwich )                                      London Eye

Distribuir contido